Proxéctase durante o mes de decembro de 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. agás o día 1 de decembro, que por mor da longa duración do filme, só temos unha única sesión ás 20:30 h; a cota xeral para os socios/as é de 2 € e os seguintes filmes…
1 de decembro do 2014
Día mundial da loita contra a SIDA
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 • 30'8 Mb] VOS
 
Título: «E Agora? Lembra-Me» 
 
(E Agora? Lembrame) 
Ano: 2013 
País: Portugal 
Director: Joaquim Pinto 
Guionista: Joaquim Pinto 
Música: Ludwig van Beethoven, WhoMadeWho, Jacques Ibert e Carl Maria von Weber 
Fotografía: Joaquim Pinto, Nuno Leonel 
Reparto: Joaquim Pinto, Nuno Leonel, Rufus e Rita Gomes 
Duración: 164 min.
Productora: Presente | Crim Productions 
Distribuidora:  CGAI  
Exhibición: Dixital · Cor e B/N · Ratio 1.37:1 
Idiomas: portugués · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
 
«E Agora? Lembra-Me» narra a loita do propio director Joaquim Pinto contra o VIH/SIDA, hepatite C e cirrose, enfermidades ás que o realizador portugués combate dende hai case 20 anos. O filme é a crónica dun ano de estudos clínicos con drogas e toxinas aínda non aprobadas. Unha reflexión aberta e ecléctica sobre o tempo e a memorias, sobre as pandemias e a globalización, e sobre como sobrevivir ás expectativas.
Premios e mencións:
2013 · Festival de Locarno: premio especial do xurado e premio da crítica internacional (FIPRESCI) :: Festival de Valdivia: mellor filme :: Doclisboa: premio mellor documental.
Crítica:
 
"Unha declaración sincera dun filme que segue a unha humildade trascendente e evidénciase no seu propio ego artístico á súa vez eclipsado polo obxectivo da procura da intimidade, a forza para levar á «cruz» ou o significado de toda a súa vida. Estas procuras son guiados pola profundidade da súa ser, que se rexe polos códigos cinematográficos que Pinto non pode controlar «O cinema non é democracia, é a tropa, con sarxentos e xerais»…"
Hugo Gomes (Cinematograficamente falando)
 
 
A recadación total obtida vai destinada para o Comité Cidadán Anti-Sida de Ourense.
Tamén tes a oportunidade de ollar a 
presentación [. mp4 • 77'1 Mb] VO especial realizada polo director do filme para este 
evento.
 
Folla de sala: 
E Agora? Lembra-me [.pdf • 135 kB]
15 de decembro do 2014
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 • 9'1 Mb] VOS
 
Título: «Vesna na Zarechnoy ulitse» · Primavera en la calle Zarechnaya
 
(Primavera na rúa Zarechnaya)
Ano: 1956
País: Unión Soviética
Director: Marlen Khutsiyev e Feliks Mironer 
Guión: Feliks Mironer 
Música: Boris Mokrousov 
Fotografía: Pyotr Todorovskiy e Radomir Vasilevsky 
Reparto: Nina Ivanova, Nikolai Rybnikov, Vladimir Gulyaev, Valentina Pugachova…
Duración: 96 min.
Productora: Odessa Film Studios 
Distribuidora:  CGAI  
Exhibición: Dixital · B/N · Ratio 1.37:1 · Mono
Idioma: ruso · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
  
Unha sofisticada moza, idealista profesora de literatura rusa, chega a unha cidade provincial e industrial para dar clases aos mozos traballadores dunha fábrica de fundición de metal. Un dos seus alumnos máis populares, arrogante e capaz de conseguir calquera rapaza, namórase dela, cuxos ideais chocan cos del.
 
 
 
Luns 22 de decembro do 2014
 
Velo avance do filme: 
Vimeo [. mp4 • 9 Mb] VO
 
Título: «Vidaextra» 
 
Ano: 2013
País: España
Director: Ramiro Ledo Cordeiro 
Guión: Ramiro Ledo Cordeiro 
Música: Malandrómeda 
Fotografía: Ramiro Ledo Cordeiro 
Xénero: documental 
Duración: 96 min.
Productora: Ramiro Ledo Cordeiro 
Distribuidora:  CGAI  
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.87:1 · Estéreo
Idioma: galego · VO (versión orixinal)
Sipnose:
  
A folga xeral do 29S (2010) crúzase en Barcelona con «La Estética de la Resistencia», de Peter Weiss. As discusións desa noite serán retomadas máis adiante polos protagonistas do filme: cinco amigos que non son xa nin adolescentes nin militantes comunistas, como o eran os personaxes do libro.
Premios e mencións:
2014 · Festival Internacional de Cine de Murcia: Nominación ao premio de mellor opera prima.
 
 
 
Folla de sala: 
Vidaextra [.pdf • 184 kB]
¹
Aquelas proxeccións con aviso de gratuídade para socios e socias, non exime de solicitarlle aos non asociados/as, que liquiden os oportunos custes proporcionais de mantenemento, e da actividade xeral do cineclube, xunto co 
IVE actual do 21
%.
 
Nesta tempada, estímase en 1 
€ para as actividades de balde; un recargo ao prezo do socio nas sesión normais de 50 céntimos para as sesións de filmoteca (2 + 0,50) e 1 euro para as sesións do ciclo (4 + 1).
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario