Amosando publicacións coa etiqueta 2013. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2013. Amosar todas as publicacións

09/06/16

ciclo «Petit Cinéma»

Voltamos, de novo, a presentar un cinema especial para os máis cativos (e tamén para toda a familia).
O cineclube Padre Feijoo, a Biblioteca Pública de Ourense e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) organizan un miniciclo de cinema, con 2 perlas da mellor animación tradicional feita en Brasil e Irlanda.


11/02/16

programación febreiro—marzo 2016

ciclo «Tránsito: Europa II»
Extra: II ciclo de Cine e Medicina · Ociourense 2016

Fai 70 anos, despois das consecuencias da segunda guerra mundial, Winston Churchill pronunciou un histórico discurso na Universidade de Zurich, no que alentaba á creación dos Estados unidos de Europa, non cun obxectivo mercantil, do que é tristemente en exclusiva agora, se non para mellorar o nivel de vida dos cidadáns e a cooperación entre os estados da vella Europa.

En pleno baño sanguinario no Kurdistán e Siria, …Europa non ten respostas a este mundo bipolar, non existe solidaridade nen dereitos humanos; a estratexia europea, viaxa polos camiños da desregulación e privatización do público, en sendeiros de desemprego e deflación salarial, e incluso con pontes de restricción economicista, que alcanza cotas de esperpento en España incluso, coa liberdade de expresión ou decisión (tanto individual como colectiva).

Este é o asfalto da situación actual que, cons distintas estacións, visitamos nesta segunda parte do tránsito europeo; unha guerra de independencia, a soidade e despersonalización do individuo, e temas tan universais como o amor, a cobiza e a corrupción, que xunto coas propostas da filmoteca dos luns, agroman historias que cremos necesarias… agardemos que a sátira xudicial actual, se ausente, por adulterio coa liberdade.



ciclo «tránsito: Europa II» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Coma sempre, unha fermosa voz ilustra a nosa banda sonora do avance visual [.mp4 • 30'4 MB] do ciclo, sabendo que podemos ser malos por un día (e heroes), porén sempre saberemos que nos falta algo, tristes á vez polo que xa perdimos.


ciclo «tránsito: Europa» II

Proxéctase durante o mes de febreiro e marzo do 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

11/10/15

programación outubro—novembro 2015

ciclo «Novas realizadoras» e Sesións Especiais

A arte de contar historias nace en todas as civilizacións nun periodo oral-popular-anónimo no que xorden as sagas, mitos e lendas que acaban sendo recolleitos por escrito e conformando a nosa visión do mundo. Nesas primeiras manifestacións espontáneas e aínda non reguladas… cantar, bailar, recitar… é difícil imaxinarse esas actividades sen a participación activa das mulleres.
Coincide, lamentablemente, ca morte de cando xa tiñamos pechado este ciclo, que busca en esencia do mesmo xeito que o universo da citada directora, unha desnudez traballada na posta en escena, que como se sabe, non ten que ver cunha suposta verdade das cousas. Agardamos gosten da mesma actitude fisgona que debe posuír, calquera observador/a no contrato cinematográfico que vos propomos.

Complementamos con dúas proxeccións especiais controvertidas, unha de plena vixencia (política) e a outra con tempos pasados (eclesial). Será o xoves 12 e sábado 28 de novembro (se as lúas, nova e chea, non o impiden).


Novas realizadoras
Cartaz do ciclo «Novas realizadoras» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Os lembramos os dous títulos que xa adiantáramos na programación anterior dos luns de filmoteca, grazas á colaboración co CGAI; de seguido, as fitas que compoñen o ciclo «Novas realizadoras» máis o seu correspondente avance visual [.mp4 • 8'2 MB], porén tan axiña cando o penduramos, o tes dispoñible se estás suscrito ao canle do cineclube en «You Tube».

06/09/15

programación setembro—outubro 2015

«American Noir»

A mediados dos anos 50, acuñouse o termo «Noir» para definir un estilo cinematográfico de filmes caracterizados non só pola súa escuridade ambiental e a luz expresionista, senón tamén por elementos esenciais como a alienación, a desolación, o pesimismo, a ambigüidade e a corrupción moral.
Os numerosos filmes creadas desde 1940 reflectiron as tensións e inseguridades resultantes dese período, e equilibraban esa negrura co optimismo en filmes musicais e comedias de Hollywood.

Os «heroes» dos filmes negros eran en realidade «anti—heroes» (caracteres corrompidos de policías, ladróns, veteranos de guerra, políticos, banqueiros…) Eran os símbolos metafóricos dos males da sociedade. Actualmente esa negrura estilística non é sinxela de atopar polo predominio da cor en detrimento do branco e negro e a variedade dos focos e ángulos nas filmacións; pero o cinismo, as obsesións, desilusións, sarcasmos e medos sobreviven nestes tempos.

O cineclubePF presenta unha escolma da nova fornada do cinema noir americano, canda á ecléctica proposta da filmoteca dos luns do CGAI.

Non hai luz nas vidas de fronteira que axexan antes deste inverno. Talvez sexa o reflexo dos bens desta vida, que relocen sempre antes de calquera período electoral. Gocen do que voten/boten: todo é marabilloso…


American Noir
Cartaz do ciclo «American Noir» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Aínda quedará un ciclo temático antes do festival de cinema, para descansar esa semana do OUFF e rematar logo o ano fílmico.

Sexan benvidos a unha nova tempada de cinema en versión orixinal subtítulada (VOS), na grande e acolledora de Ourense e coma sempre, no noso canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 11'4 MB] deste ciclo e de seguido, os filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa participación e comentarios.




14 Set. 2015
Lun.

«Jet Lag»

Dirixido por · (2014)
Diego traballa na quenda de noite dunha gasolinera illada, na fronteira entre Galicia e Portugal. O seu labor é solitaria, silenciosa, monótona, insomne. Unha noite, a aparición de dous visitantes inesperados alteran a rutina deste lugar.

«No Novo Céio»

Dirixida por · (2014)
A paisaxe de Estocolmo, visto desde todas as súas caras, vai mutando fronte aos nosos ollos ao redor dun punto de ancoraxe inmutable, a lúa na terra que é o Ericsson Globe.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
 De balde. Consultar cota non asociados/as.



16 Set. 2015
Mérc.

«Nightcrawler»

Dirixida por · (2014)
Tras ser testemuña dun accidente, Lou Bloom (), un apaixonado mozo que non consegue atopar traballo, descobre o mundo do xornalismo criminalista.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4 € (consultar non asociados/as).



21 Set. 2015
Lun.

«L'Atalante»

Dirixida por · (1934)
Jean e Juliette contraen matrimonio e emprenden a súa viaxe de vodas a bordo do «L'Atalante», unha barcaza da cal Jean é capitán. Xunto co mariñiero Père Jules e un mozo cabinero, a parella navega polas canles próximas ao Sena. A longa viaxe resulta aburrida para Juliette, quen ansía coñecer a cidade da luz. Finalmente, Jean cumpre o desexo da súa nova esposa e lévaa a París.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CEST)
  socios/as 2 € (consultar non asociados/as).



23 Set. 2015
Mérc.

«Blue Ruin»

Dirixida por · (2013)
Dwight é un vagabundo de vida tranquila, un trintaneiro sen teito que vive no seu coche, un destartalado Pontiac azul. Deambula pola cidade e sobrevive recollendo botellas na praia, ata que un día a súa rutina se trastorna ao decatarse dunha terrible nova. Isto lévalle a tomar unha decisión descabelada e a voltar á casa da súa infancia para levar a cabo unha estraña vinganza.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4 € (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



28 Set. 2015
Lun.

«Bande à Part» · Banda Aparte

Dirixida por · (1964)
Tres mozos, Odile, Arthur e Franz coñécense en clase de inglés e inmediatamente fanse amigos; os tres comparten o seu interese pola literatura criminal.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2 € (consultar non asociados/as).



30 Set. 2015
Mérc.

«Map to The Stars»

Dirixida por · (2014)
Un conto moderno sobre a obsesión pola popularidade. Stafford Weiss é terapeuta e escribe libros de autoaxuda. Ten unha muller sobreprotectora, un fillo antiga estrela da TV en rehabilitación e unha filla que acaba de saír do psiquiátrico. A principal cliente de Stafford é unha famosa actriz, a piques de interpretar o papel que fixo a súa nai nos anos 60.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4 € (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



  5 Out. 2015
Lun.

«Un Condamné à Mort s'est Échappé ou Le Vent Souffle où il Veut» · Un Condenado á Morte Fuxiu

Dirixida por · (1956)
Abril de 1943, en plena Segunda Guerra Mundial. Fontaine, un mozo de 27 anos membro da Resistencia Francesa, que loita contra a ocupación nazi, é arrestado pola Xestapo para ser interrogado.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2 € (consultar non asociados/as).



  7 Out. 2015
Mérc.

«A Most Violent Year» · O Ano máis Violento

Dirixida por · (2014)
New York, ano 1981 —segundo as estatísticas, o ano con máis crimes e atracos da historia na cidade—. O inmigrante hispano Abel Morais () e a súa muller Anna () acadan sacar adiante con éxito a súa empresa de distribución e venda de gasóleo. Agora están a piques de conseguir a última peza do seu soño americano: mercar un cotizado terreo fronte ao río Hudson, un enclave que lles permitirá expandirse no negocio e superar á súa competencia. Pero a violencia que sofren no transporte dos seus camións e unha investigación policial ameazan con destruír todo o que acadaron até ese momento.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4 € (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



19 Out. 2015
Lun.

«Van Gogh»

Dirixida por · (1991)
Maio de 1890, Vicent Van Gogh () chega a Auvers-sur-Oise e instálase na modesta pensión Ravoux. Alí faise amigo do doutor Gachet (), admirador da súa obra, e da súa filla Marguerite (). Entregado á pintura e obsesionado por captar o fluír da natureza e o temperamento das xentes que coñece, a súa vida oscilará entre as súas estancias en casa do seu irmán Théo () e os seus encontros cunha prostituta (). Aflixido por ser unha carga para o seu irmán, vendo que a súa obra non é recoñecida polos santóns do mercado da arte e temendo un novo ataque de tolemia, tomará unha dramática decisión.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2 € (consultar non asociados/as).



26 Out. 2015
Lun.

«Tesouro de Corcoesto»

Dirixida por · (2015)
O «» trata do polémico caso dunha mina de ouro a ceo aberto, que colocou á pequena aldea galega de no mapa mundial dos conflitos ambientais.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
 De balde. Consultar cota non asociados/as.



Horarios CUT+2


Esta tempada, poñemos a proba a avaliación do filme segundo a programación vai desenvolvéndose, deste xeito, tedes unha ligazón no comentario de cada evento para encher unha pequena enquisa sobre o filme que vexas.
Axúdanos coa túa participación e tamén a espallar os eventos do cineclube Padre Feijoo.


E por último, lembra que ainda temos aberta a sobre a tempada 2014—2015, para avaliar a programación dos meses de xaneiro-xuño 2015; gostaríanos coñecer que tal o fixemos…

Avaliación - Enquisa

…ou ben, comentándonos as túas impresións sobre os filmes que proxectaremos, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moito os vosos comentarios (e avaliacións); vemonós na Biblioteca Pública!




01/05/15

Sesións de Filmoteca · maio—xuño 2015

Proxéctase os luns do mes de maio e xuño do 2015, no salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), en dúas sesións: 20:30 e 23 h. Cota xeral de acceso para os socios/as de 2 €, non socios/as de 2'5 € (+ IVE)…

28/03/15

Sesións de Filmoteca · abril 2015

Proxéctase os luns do mes de abril (e maio) do 2015, no salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), en dúas sesións: 20:30 e 23 h. agás o día 20 de abril, que por mor da longa duración do filme, só temos unha única sesión ás 20:30 h.
Cota xeral de acceso para os socios/as de 2 €, non socios/as de 2'5 € (+ IVE)…


07/03/15

«Short Term 12» · As Vidas de Grace

mércores 11 de marzo, na de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral de acceso para os/as socios/as de 4 € (non socios/as: 5 € + IVE), o filme



cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [.mp4 • 23'5 MB] VOS

Título: «Short Term 12» · Las Vidas de Grace
(As Vidas de Grace)

Ano:
País:
Director:
Guión: Destin Cretton
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , …
Duración: 96 min.
Produtora: Cinedigm | Animal Kingdom | Traction Media
Distribuidora: La Aventura Audiovisual
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

24/01/15

«Pozitia copilului» · Nai e fillo

mércores 28 de xaneiro, na de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral de acceso para os/as socios/as de 4 € (non socios/as: 5 € + IVE), o filme



Cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 19'6 Mb] VOS

Título: «Pozitia copilului» · Madre e hijo
(Nai e Fillo)

Ano:
País:
Director:
Guión: e Calin Peter Netzer
Fotografía:
Reparto: , , , …
Duración: 112 min.
Produtora: Parada Film | Hai-Hui Entertainment
Distribuidora:
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 2.35:1 · Estéreo
Idioma: Romanés · VOSE (Versión Orixinal Subtítulada ao Castelán)

Sipnose:
Unha noite, un home de trinta e dous anos, que conduce o seu coche a unha velocidade moi superior á establecida, atropela a un neno que morre pouco despois. Ao temerario condutor agárdalle unha pena de prisión de entre tres e quince anos, pero a súa nai, unha arquitecta da clase alta de Romanía, tentará evitalo por todos os medios.

Premios e mencións:
2013 · Festival de Berlin: Oso de ouro (mellor filme) :: Premios do Cinema Europeo: nominación á mellor actriz ()

Crítica:
"É unha melodrama claustrofóbico (…) Hai moitas escenas que dan medida da mestría en xogo (…) Pero o gran final conquista o sobresainte.…"
Jordi Costa, (El País)



Folla de sala: Pozitia copilului [.pdf • 91 kB]


Filme non recomendable para menores de dezaseis anos.



luns 26 de xaneiro, na «sesión de Filmoteca» ás 20:30 e 23 h.  
Luns de Filmoteca

A cota xeral de acceso para socios e socias é de 2 €, co resgardo da «sesión filmoteca» deste luns, tes 1 € de desconto nesta semana, na sesión do mércores, non aplicable no caso de sesións de balde, deste xeito tes dous filmes por 5 €.
Para os non asociados/as, a cota de acceso xeral é de 2'5 € (+ IVE) e non se aplican descontos; xa tardas en facerte socio/a.

Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.

(horarios CUT+1)

18/12/14

«Vidaextra»

no salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), en sesións de 20:30 e 23  h. e cunha cota xeral de entrada para socios/as de 2 € 

Cartaz do filme
Velo avance do filme: Vimeo [. mp4 • 9 Mb] VO

Título: «Vidaextra»

Ano:
País:
Director:
Guión: Ramiro Ledo Cordeiro
Música:
Fotografía: Ramiro Ledo Cordeiro
Xénero: documental
Duración: 96 min.
Productora: Ramiro Ledo Cordeiro
Distribuidora: CGAI
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.87:1 · Estéreo
Idioma: galego · VO (versión orixinal)

15/12/14

«Le Passé» · O Pasado

no salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), en sesións de 18, 20:30 e 23  h. e cunha cota xeral de entrada para socios/as de 4 € 


Cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 18'1 Mb] VOS

Título: «Le Passé» · El Pasado
(O Pasado)

Ano:
País:
Director:
Guión: Asghar Farhadi
Música: e
Fotografía:
Reparto: , , , …
Duración: 130 min.
Productora: Memento Films Production
Distribuidora:
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital
Idioma: francés e persa · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

07/12/14

«The Congress» · O Congreso

no salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), en sesións de 18, 20:30 e 23  h. e cunha cota xeral de entrada para socios/as de 4 € 




Cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 23'7 Mb] VOS

Título: «The Congress» · El Congreso
(O Congreso)

Ano:
País:
Director:
Guión: Ari Folman
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , , …
Duración: 118 min.
Productora: Liverpool | Paul Thiltges Distributions
Distribuidora:
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital Atmos
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

30/11/14

«Only Lovers Left Alive» · Só os Amantes Sobreviven

no salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), en sesións de 18, 20:30 e 23  h. e cunha cota xeral de entrada para socios/as de 4 € 

Cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 20'2 Mb] VOS

Título: «Only Lovers Left Alive» · Sólo los Amantes Sobreviven
(Só os Amantes Sobreviven)

Ano:
País:
Director:
Guión: Jim Jarmusch
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , …
Duración: 123 min.
Productora: Recorded Picture Company | Pandora Films | Faliro House Productions
Distribuidora:
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital DTS-SDDS
Idiomas: inglés, francés, árabe e turco · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

27/11/14

Os mércores de nadal

Proxéctase no mes de decembro de 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11) os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. Cota xeral de socios/as de 4 € …



Sesións de Filmoteca · decembro 2014

Proxéctase durante o mes de decembro de 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. agás o día 1 de decembro, que por mor da longa duración do filme, só temos unha única sesión ás 20:30 h; a cota xeral para os socios/as é de 2 € e os seguintes filmes…


12/11/14

«Nymphomaniac» · (2)

no salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), en dúas únicas sesións: 18:00 e 21 h. e cunha cota xeral de entrada para socios/as de 4 € 

xoves 13 de novembro do 2014

cartaz do filme
Ver avance vídeo: You Tube [. mp4 • 16'1 Mb] VOSE

Título: «Nymphomaniac. Volume II» · Nymphomaniac (2)


Ano:
País:
Director:
Guión: Lars von Trier
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , , …
Duración: 124 min.
Produtora: Zentropa Entertainments
Distribuidora: Golem Distribución
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 2.35:1 · HD-DTS
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Historia dunha ninfómana contada por ela mesma. Unha fría noite invernal, un vello solteirón () atopa nun calexón a unha moza () ferida e case inconsciente. Despois de recollela e coidala, sinte curiosidade por saber cómo puido chegar esa muller a semellante situación; escoita atentamente o relato que ela fai da súa vida, unha vida chea de conflitos e turbias relacións.

Premios e mencións:
2014 · Festival de Berlín: sección oficial fora de concurso (a versión estendida).

Crítica:
"Do mesmo xeito que nos seus últimos filmes, combina aquí a estética preciosista co desaliño formal, o referente pictórico cos vestixios do Dogma 95. O autor conformou un estilo moi reconocible que non é só unha ferramenta de expresión, senón o catalizador das súas obsesións."
David Parages · (ElDiario.es)



Folla de sala: Nymphomaniac [.pdf • 719 kB]



(horarios CUT+1)

Filme non recomendado para menores de 16 anos