11/06/15
«Haganenet» · A Mestra de Párvulos
04/06/15
«Mita Tova» —The Farewell Party— · A Festa de Despedida
(A Festa de Despedida)
Ano: 2014
País: Israel
Director: Tal Granit e Sharon Maymon
Guión: Tal Granit e Sharon Maymon
Música: Avi Belleli
Fotografía: Tobias Hochstein
Reparto: Ze'ev Revach, Aliza Rosen, Levana Finkelstein, Raffi Tavor…
Duración: 95 min.
Produtora: 2-Team Productions | Pie Films | Twenty Twenty Vision Filmproduktion
Distribuidora: Caramel films
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: hebreo · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
01/05/15
programación maio—xuño 2015
Despois de semana santa, e incluso despois do dramático suceso nun colexio de Catalunya, onde un mestre foi asasinado por un estudante de apenas 13 anos, albíscase unha sociedade ateigada de relixiosa moral, corruptíbel por normas e ritos sacros, que nos esclavizan e leva a ausencia de toda educación ética e emocional.
O poder trátanos co rigor escuro das normas, endurecendo incluso a válvula da protesta, para deseñar un panorama máis próximo ao medievo.
Entre a picaresca e o esperpento da actualidade, tiñamos enriba da mesa, controvertidos e polémicos relatos, que deberíamos tratar dalgún xeito, ou ao menos procurar como son retratados polo cinema. Desta volta, para culminar a primeira parte deste ano, cremos que é necesario engadir algún elemento disparatado, algo co que aledar o noso espírito diante do amargo panorama citado.
Comezamos cunha sesión especial, do que chamaremos «sesión de cine urxente», para chamar a vosa atención sobre os condicionamentos negativos que pode chegar a ter, a supremacía da relixión na vida das persoas. Continuaremos logo, coas relacións de familia, as negociacións con ETA, a sexualidade, o nazismo e a eutanasia, sen descuidar un par de ciclos a Claire Simon e Nadav Lapid nos «luns de filmoteca».
No apartado especial, temos que resaltar 2 colaboracións, coa Fundación «Cum Laude», proxectaremos un filme adicado a Pablo Neruda e con «La Plantación», teremos a ocasión de conversar co director Javier Rebollo, e ver o seu último filme «El Muerto y ser feliz», co gallo do obradoiro que organizan.
Coma sempre no canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 8'8 MB] deste ciclo e de seguido, os filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa participación e comentarios.
Sesións de Filmoteca · maio—xuño 2015
Proxéctase os luns do mes de maio e xuño do 2015, no salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), en dúas sesións: 20:30 e 23 h.
Cota xeral de acceso para os socios/as de 2 €, non socios/as de 2'5 € (+ IVE)…
07/12/14
«The Congress» · O Congreso
(O Congreso)
Ano: 2013
País: Israel
Director: Ari Folman
Guión: Ari Folman
Música: Max Richter
Fotografía: Michal Englert
Reparto: Robin Wright Penn, Harvey Keitel, Danny Huston, Paul Giamatti, Frances Fisher…
Duración: 118 min.
Productora: Liverpool | Paul Thiltges Distributions
Distribuidora: Golem Distribución
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital Atmos
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
27/11/14
Os mércores de nadal
Proxéctase no mes de decembro de 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11) os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. Cota xeral de socios/as de 4 € …
11/05/14
Sesións de Filmoteca · maio—xuño 2014
Proxéctase durante o mes de maio/xuño do 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da biblioteca nodal de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h; cota xeral de 2 € os seguintes filmes …




