Proxectaremos na Biblioteca Pública nos meses de novembro e decembro do 2015, as seguintes fitas…
11/10/15
Proxeccións especiais
01/05/15
programación maio—xuño 2015
Despois de semana santa, e incluso despois do dramático suceso nun colexio de Catalunya, onde un mestre foi asasinado por un estudante de apenas 13 anos, albíscase unha sociedade ateigada de relixiosa moral, corruptíbel por normas e ritos sacros, que nos esclavizan e leva a ausencia de toda educación ética e emocional.
O poder trátanos co rigor escuro das normas, endurecendo incluso a válvula da protesta, para deseñar un panorama máis próximo ao medievo.
Entre a picaresca e o esperpento da actualidade, tiñamos enriba da mesa, controvertidos e polémicos relatos, que deberíamos tratar dalgún xeito, ou ao menos procurar como son retratados polo cinema. Desta volta, para culminar a primeira parte deste ano, cremos que é necesario engadir algún elemento disparatado, algo co que aledar o noso espírito diante do amargo panorama citado.
Comezamos cunha sesión especial, do que chamaremos «sesión de cine urxente», para chamar a vosa atención sobre os condicionamentos negativos que pode chegar a ter, a supremacía da relixión na vida das persoas. Continuaremos logo, coas relacións de familia, as negociacións con ETA, a sexualidade, o nazismo e a eutanasia, sen descuidar un par de ciclos a Claire Simon e Nadav Lapid nos «luns de filmoteca».
No apartado especial, temos que resaltar 2 colaboracións, coa Fundación «Cum Laude», proxectaremos un filme adicado a Pablo Neruda e con «La Plantación», teremos a ocasión de conversar co director Javier Rebollo, e ver o seu último filme «El Muerto y ser feliz», co gallo do obradoiro que organizan.
Coma sempre no canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 8'8 MB] deste ciclo e de seguido, os filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa participación e comentarios.
Proxección especial · obradoiro exprés de «La Plantación»
Proxectaremos na Biblioteca Pública ás 20:30 e 23 h. o xoves 28 de maio do 2015, dentro da actividade que desenvolve «La Plantación» co lema «Como facer cinema cos posos do café», onde teremos a oportunidade de contar ca presencia (nas dúas sesións) do propio director do filme Javier Rebollo, para rematar despois cun debate.
A cota é a mesma que un mércores, sendo de balde para os inscritos no obradoiro.

