Proxectaremos na Biblioteca Pública ás 20:30 e 23 h. o xoves 28 de maio do 2015, dentro da actividade que desenvolve «La Plantación» co lema «Como facer cinema cos posos do café», onde teremos a oportunidade de contar ca presencia (nas dúas sesións) do propio director do filme Javier Rebollo, para rematar despois cun debate.
A cota é a mesma que un mércores, sendo de balde para os inscritos no obradoiro.
 
 
Velo avance do film: 
You Tube [.mp4 • 25'9 MB] VOS
 
Título: «El muerto y ser feliz» ·  
(O Morto e ser Feliz)  
Ano: 2012
País: España
Director: Javier Rebollo  
Guión: Javier Rebollo, Lola Mayo e Salvador Roselli  
Fotografía: Tat Radcliffe 
Reparto: José Sacristán, Roxana Blanco, Vicky Peña, Valeria Alonso… 
Duración: 92 min.
Produtora: Lolita Films | TV3 | Icónica | TVE | Eddie Saeta | Noodles Production | ICO 
Distribuidora: Splendor Films 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS 
Idiomas: castelán  · VO (versión orixinal)
Sipnose:
  
Cando un asasino a soldo español, ingresado nun hospital de 
Buenos Aires, decatase que está a piques de morrer, escápase e diríxese ao norte atravesando todo o país. Foxe por estradas secundarias nunha especie de tranquila peregrinación que ten algo que ver cunha moderna novela de cabalerías. Unha muller que atopou na estrada será o seu escudeiro nese continuo avanzar fuxindo da morte e correndo, ao mesmo tempo, cara ela.
Premios e mencións:
2013 · Festival de San Sebastián: premio mellor actor (
José Sacristán).
2012 · Premios 
Goya® e 
FIPRESCI: premio mellor actor (
José Sacristán) :: 
Festival Du Film Espagnol de Toulouse «Cinespaña» (Francia): premio mellor filme e mellor actriz (
Roxana Blanco) :: Festivais de 
New York, 
Viennale, 
Mar del Plata, 
KVIFF, 
Praha (Eslovaquia), …: selección oficial.
Crítica:
 
"A acusada vontade de diferenza de «
El Muerto y Ser Feliz» non ten nada que ver con xestos de arrogancia senón coa vontade de compartir un xogo. 
Rebollo convida ao público a participar nel (…) grandioso 
José Sacristán… " 
Jordi Costa (
El País) 
 
 
 
 
 
Folla de sala: 
El muerto y ser feliz [.
pdf • 197 
kB]
Lembrade que non se permite a entrada unha vez comezada a proxección e o filme non é recomendable a menores de dezaseis anos.
E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados para este ciclo, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moitísimo os vosos comentarios. Agardamos que gocedes e sexades partícipes do cineclube, sen vós non somos nada.
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario