Despois de semana santa, e incluso despois do dramático suceso nun colexio de Catalunya, onde un mestre foi asasinado por un estudante de apenas 13 anos, albíscase unha sociedade ateigada de relixiosa moral, corruptíbel por normas e ritos sacros, que nos esclavizan e leva a ausencia de toda educación ética e emocional.
O poder trátanos co rigor escuro das normas, endurecendo incluso a válvula da protesta, para deseñar un panorama máis próximo ao medievo.
Entre a picaresca e o esperpento da actualidade, tiñamos enriba da mesa, controvertidos e polémicos relatos, que deberíamos tratar dalgún xeito, ou ao menos procurar como son retratados polo cinema. Desta volta, para culminar a primeira parte deste ano, cremos que é necesario engadir algún elemento disparatado, algo co que aledar o noso espírito diante do amargo panorama citado.
 Cartaz da programación de maio—xuño 2015, deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Cartaz da programación de maio—xuño 2015, deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Comezamos cunha sesión especial, do que chamaremos «sesión de cine urxente», para chamar a vosa atención sobre os condicionamentos negativos que pode chegar a ter, a supremacía da relixión na vida das persoas. Continuaremos logo, coas relacións de familia, as negociacións con ETA, a sexualidade, o nazismo e a eutanasia, sen descuidar un par de ciclos a Claire Simon e Nadav Lapid nos «luns de filmoteca».
No apartado especial, temos que resaltar 2 colaboracións, coa Fundación «Cum Laude», proxectaremos  un filme adicado a Pablo Neruda e con «La Plantación», teremos a ocasión de conversar co director Javier Rebollo, e ver o seu último filme «El Muerto y ser feliz», co gallo do obradoiro que organizan.
 
Coma sempre no canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 8'8 MB] deste ciclo e de seguido, os filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa participación e comentarios. 
    
luns 4 de maio do 2015
Cinema e Pintura
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 17'8 MB] VOS
 
Título: «Mr. Turner» 
Ano: 2014
País: Reino Unido
Director: Mike Leigh  
Guión: Mike Leigh 
Música: Gary Yershon  
Fotografía: Dick Pope 
Reparto: Timothy Spall, Dorothy Atkinson, Marion Bailey, Paul Jesson… 
Duración: 149 min.
Produtora: Focus Features International | Film4 | Thin Man Films | Xofa Productions 
Distribuidora: Wanda Vision 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS 
Idioma: inglés  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
  
Biografía sobre o pintor británico 
Joseph Mallord William Turner, artista recoñecido, ilustre membro da «
Royal Academy of Arts», vive co seu pai e a súa leal ama de chaves. É amigo de aristócratas, visita bordeis e viaxa frecuentemente na procura de inspiración. A pesares da súa fama, tamén é vítima das burlas do público e do sarcasmo da sociedade. Profundamente afectado pola morte do seu pai, decide aillarse. A súa vida muda cando coñece á señora 
Booth, propietaria dunha pensión familiar ás beiras do mar.
Premios e mencións:
2014 · Premios 
Oscar™:: 4 nominacións incluindo mellor fotografía :: Festival de 
Cannes: mejor actor (
Timothy Spall) :: Premios 
BAFTA: 4 nominacións incluíndo mellor fotografía :: Festival de Sevilla: mellor director, mellor actor :: 
NBR: mellores filmes independentes do ano :: Círculo de Críticos de 
New York, Premios do Cinema Europeo: mellor actor :: 
Satellite Awards: mellor fotografía :: 
Critics Choice Awards: 2 nominacións incluíndo mellor fotografía.
Crítica:
 
"…Realizáronse moitos filmes sobre pintores, esquecibles algunhos deles (…) 
Mr. Turner é unha das mellores… " 
Carlos Boyero (
El País) 
 
 
 
 
 
mércores 6 de maio do 2015
Sesión especial e urxente!
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 18'5 MB] VOS
 
Título: «Timbuktu» · Le chagrin des oiseaux 
  
Ano: 2014
País: Mauritania
Director: Abderrahmane Sissako  
Guión: Abderrahmane Sissako e Kessen Tall 
Música: Amin Bouhafa 
Fotografía: Sofian El Fani  
Reparto: Abel Jafri, Hichem Yacoubi, Kettly Noël, Pino Desperado…  
Duración: 100 min.
Producción: Armada Films | Dune Vision | Les Films du Worso 
Distribuidora: Golem 
Exhibición: Dixital (BD) · Cor  · Ratio 2.35:1  · Dolby dixital HD-DTS 
Idioma: árabe, francés, inglés, bambara, songai e tuarague (tamasheq)  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
  
Ano 
2012, a cidade maliense de 
Tombouctou caeu en mans de extremistas relixiosos. 
Kidane vive tranquilamente nas dunas coa súa esposa 
Satima, a súa filla 
Toya e 
Issam, un pícaro pastor de 12 anos. Pero na cidade os habitantes padecen o réxime de terror imposto polos 
yihadistas: prohibido escoitar música, rir, fumar e até xogar ao fútbol. As mulleres convertéronse en sombras que intentan resistir con dignidade. Cada día, uns tribunais islamistas improvisados lanzan sentenzas tan absurdas como tráxicas. O caos que reina en 
Tombouctou non parece afectar a 
Kidane até o día en que accidentalmente mata a 
Amadou, un pescador que acabou coa vida da súa vaca favorita. Agora debe enfrontarse ás leis impostas polos ocupantes estranxeiros.
Premios e mencións:
2014 ·  Premios 
Oscar™: nominación mellor filme de fala non inglesa :: Premios 
César®: 8 nominacións, 7 premios incluíndo mellor filme e director :: Festival de 
Cannes: sección oficial longametraxe a concurso :: Festival de 
Chicago: mellor director :: 
Satellite Awards™: nominación ao mellor filme de fala non inglesa.
Crítica:
 
"É o retrato máis arrepiante e con sensación de veracidade que vin sobre o 
yihadismo (…) É gozoso que este filme o realizou un musulmán tan intelixente como indignado…" 
Carlos Boyero (
El País)
 
 
 
 
luns 11 de maio do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 8'7 MB] VO
 
   
Título: «Costa da Morte» 
  
Ano: 2013
País: España
Director: Lois Patiño  
Guión: Lois Patiño 
Música: Ann Deveria 
Fotografía: Lois Patiño 
Reparto: Manuel Barga, Emilia Demina, José Fabregas… 
Duración: 84 min.
Produtora: Zeitun Films 
Distribuidora: Zeitun Films 
Exhibición: Dixital (BD) · Cor  · Ratio 1.77:1 · Dolby dixital HD-DTS 
Idioma: galego  · VO (versión orixinal)
Sipnose:
  
A Costa da Morte é unha rexión de Galicia que foi considerada o fin do mundo durante o Imperio Romano. O seu dramático nome provén dos numerosos naufraxios que sucederon ao longo da historia nesta área feita de rochas, brétemas e temporais. Atravesamos esta terra observando as persoas que a habitan: pescadores, mariscadores, madeireiros…
Somos testemuñas do traballo que realizan, co cal manteñen á vez unha relación íntima e unha batalla antagónica coa inmensidade do territorio. O vento, a pedra, o mar, o lume, son personaxes neste filme, e a través deles achegámonos ao misterio que supón a paisaxe, entendida como unha unidade xunto ao home, a historia e o mito.
Premios e mencións:
2014 ·  
FICUNAM: mellor filme.
2013 ·  
Festival del Film Locarno «
Cineasti del Presente»: mellor director emerxente :: 
Festival de Cine Europeo de Sevilla: premio mellor filme de non ficción e mención especial do xurado «
Nuevas Olas».
Crítica:
 
"Non pon nunca o piloto automático na súa sucesión de imaxes dunha beleza abrumadora (…) esixe entrega incondicional aos seus espectadores para proporcionarlles unha poderosa visión da natureza como deidade terrible e indiferente…" 
Jordi Costa (
El País)
 
 
 
 
mércores 13 de maio do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 15 MB] VOS
 
Título: «Turist» · Fuerza mayor 
(Forza Maior)  
Ano: 2014
País: Suecia
Director: Ruben Östlund  
Guión: Ruben Östlund 
Música: Ola Fløttum  
Fotografía: Fredrik Wenzel e Fred Arne Wergeland 
Reparto: Johannes Kuhnke, Lisa Loven Kongsli, Vincent Wettergren, Clara Wettergren… 
Duración: 120 min.
Produtora: Plattform Produktion | Swedish Film Institute | Film I Vast | Essential Filmproduktion 
Distribuidora: Golem 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby Dixital  HD-DTS 
Idioma: danés, noruegués, francés  e sueco  · VOSE (versión orixinal subtítulada en castelán)
Sipnose:
  
Unha familia pasa as vacacións de inverno nos Alpes. O sol brilla e as pistas están magníficas, pero mentres comen nun restaurante, prodúcese unha avalancha que asusta aos clientes. A nai chama ao seu marido para que a axude a salvar aos seus fillos, pero el fuxiu para salvar a súa vida. A avalancha detense diante do restaurante, sen ocasionar danos, pero o universo familiar xa rachou. 
Tomas (
Johannes Kuhnke) buscará desesperadamente recuperar o seu lugar de pai de familia.
Premios e mencións:
2014 · Premios Globos de Ouro: nominación ao mellor filme de fala non inglesa :: Premios do cinema Europeo: 2 nominacións, incluíndo mellor filme :: Premios 
Guldbaggen (Estocolmo): 6 premios incluíndo mellor filme e director :: Festival de 
Cannes «
Un Certain Regard»: premio do xurado :: Festival de Sevilla: Xiraldillo de ouro ao mellor filme e mellor guión :: 
Independent Spirit Awards: nominación ao mellor filme estranxeiro.
Crítica:
 
"Esta brilante e brutalmente divertida derriba da compracencia burguesa, os estereotipos e suposicións de xénero e a ilusión golpea na fraxilidade humana de xeito tan implacable como calquera película de 
Michael Haneke."
Stephen Holden (
The New York Times) 
 
 
 
 
xoves 14 de maio do 2015
Fundación Cum Laude
 
Velo avance do film: 
You Tube [.mp4 • 6'7 MB] VO
 
Título: «Il postino» · El cartero (y Pablo Neruda) 
(O Carteiro)  
Ano: 1994
País: Italia
Director: Michael Radford  
Guión: Michael Radford, Massimo Troisi, Anna Pavignano, Furio Scarpelli e Giacomo Scarpelli  
Música: Luis Enríquez Bacalov  
Fotografía: Franco di Giacomo 
Reparto: Philippe Noiret, Massimo Troisi, María Grazia Cucinotta, Linda Moretti… 
Duración: 115 min.
Produtora: Cecchi Gori Group Tiger Cinematografica | Penta Film | Esterno Mediterraneo Film | Blue Dahlia Productions 
Distribuidora: Buena Vista International Spain 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.66:1 · Dolby dixital HD-DTS 
Idiomas: italiano  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
  
Mario (
Massimo Troisi) é un home sinxelo que acepta un emprego de carteiro. O seu traballo consiste en levar o correo a un único destinatario, o poeta chileno 
Pablo Neruda (
Philippe Noiret), que vive exiliado no pequeno poblo italiano. Mario sente fascinación pola figura de 
Neruda, e entre os dous homes crecerá unha grande amistade.
Premios e mencións:
1995 · Premios 
Oscar™: mellor banda sonora orixinal, 5 nominacións :: 
BAFTA: 5 nominacións, 3 premios, mellor director, filme de fala non inglesa e música ::  
Critics' Choice Awards: mellor filme de fala non inglesa.
1994 · Premios 
David di Donatello mellor montaxe, 6 nominacións.
Crítica:
 
"Fermoso e apaixonado filme… " 
Javier Rioyo (
Cinemanía) 
 
 
 
 
 
Folla de sala: 
Il Postino [.pdf • 114 kB]
luns 18 de maio do 2015
 
Velo avance do filme: 
Vimeo [.mp4 • 17'5 MB] VO
 
   
Título: «Coûte que coûte» 
  
Ano: 1995
País: Francia
Director: Claire Simon   
Guión: Claire Simon 
Música: Arthur Higelin 
Fotografía: Claire Simon, Jérôme Peyrebrune 
Xénero: documental  
Duración: 95 min.
Produtora: La Sept-Arte | Les Films d'Ici 
Distribuidora: CGAI 
Exhibición: Dixital (BD) · Cor  · Ratio 1.66:1  
Idioma: francés  · VOSE (versión orixinal subtítulado ao castelán)
Sipnose:
  
Co diñeiro duns parentes 
Jihad abre unha pequena empresa de comidas. A pesar da entrega dos seus empregados e da abundancia de bos produtos, as cousas non acaban de ir ben. Pero 
Jihad non quere rendirse e xunto aos seus cociñeiros e a súa secretaria continúa cara adiante «custe o que custe».
Premios e mencións:
1995 · 
Cinéma du Réel: premio «
Louis Marcorelles» :: Festival de 
Postdam: gran premio.
Crítica:
 
"A gran virtude de 
Claire Simon é a de haber visto que persoas comúns podían volverse personaxes inmensos, e tamén a de facer, dunha historia verdadeira, unha verdadeira historia…" 
Nicolas Philibert (
BAFICI)
 
 
 
 
mércores 20 de maio do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 10'3 MB] VO
 
Título: «Negociador » 
  
Ano: 2014
País: España
Director: Borja Cobeaga  
Guión: Borja Cobeaga 
Música: Aránzazu Calleja 
Fotografía: Jon D. Domínguez 
Reparto: Ramón Barea, Josean Bengoetxea, Carlos Areces, Melina Matthews … 
Duración: 80 min.
Produtora: Sayaka Producciones Audiovisuales | Telecinco Cinema 
Distribuidora: Avalon 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS 
Idioma: castelán  · VO (versión orixinal)
Sipnose:  
Manu Aranguren, un político vasco, exerce de interlocutor do goberno español nas negociacións con 
ETA. En lugar de asistir, tal como esperaba, a un acto solemne e calculado, pronto verá que as casualidades, os erros ou os malentendidos marcan o diálogo entre ambas partes e que a relación persoal entre os negociadores será clave para a resolución do conflito. Comedia baseada nas negociacións entre o presidente do 
PSE—
PSE vasco, 
Jesús Eguiguren e 
ETA en 
2005 e 
2006.
Premios e mencións:
2014 · Festival de San Sebastián: 
Zinemira-Zabaltegui e premio 
Irizar (cinema Vasco). 
Crítica:
 
"Unha obra que non busca a risa sempre e custe o que custe, aínda que atope incluso a gargallada, senón un humor dointe, negrísimo, brilante, tráxico e atroz (…) «Negociador» é un triunfo."
Javier Ocaña (
El País)  
 
 
 
 
luns 25 de maio do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 4'1 MB] VO
 
   
Título: «Mimi» 
  
Ano: 2002
País: Francia
Director: Claire Simon   
Guión: Claire Simon 
Música: Mario Lanza, Diego Origlia e Mohamed Mokhtari 
Fotografía: Michel Dunand  
Xénero: documental  
Reparto: Mimi Chiola, Diego Origlia e Mohamed Mokhtari  
Duración: 105 min.
Produtora: Gémini Films | Maïa Films | Ognon Pictures 
Distribuidora: CGAI 
Exhibición: Dixital (BD) · Cor  · Ratio 1.66:1  
Idioma: francés  · VOSE (versión orixinal subtítulado ao castelán)
Sipnose:
  
Unha filma mentres a outra fala. 
Claire Simon e 
Mimi Chiola. Con todo 
Mimi non é ningunha estrela. Paseando por Niza, con cancións italianas de fondo, convencémonos rapidamente de que toda vida é unha historia e de que toda historia pode ser unha vida. 
Mimi está consternada porque sente que ela é un pouco todo o mundo e ao mesmo tempo ninguén. Ela é unha narradora chea de modestia e tenrura, un auténtico personaxe de ficción cuxo relato imprevisible expresa un inesgotable desexo de liberdade.
Premios e mencións:
2003 · Festival de 
Berlin: 
Youth Film Forum.
 
 
 
 
mércores 27 de maio do 2015
 
Velo avance do film: 
You Tube [.mp4 • 33'4 MB] VOS
 
Título: «Pride» · Orgullo 
  
Ano: 2014
País: Reino Unido
Director: Matthew Warchus  
Guión: Stephen Beresford  
Música: Christopher Nightingale 
Fotografía: Tat Radcliffe 
Reparto: Ben Schnetzer, Monica Dolan, George MacKay, Bill Nighy… 
Duración: 120 min.
Produtora: Calamity Films 
Distribuidora: Golem 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS 
Idiomas: inglés  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
  
A finais de 
1984, sendo primeira ministra 
Margaret Thatcher, o Sindicato Nacional de Mineiros (
NUM) convoca unha folga. Durante a manifestación do orgullo gai en Londres, un grupo de lesbianas e gais dedícase a recadar fondos para axudar ás familias dos traballadores, pero o sindicato non acepta o diñeiro. O grupo decide entón poñerse en contacto directo cos mineiros e van a unha aldea de Gales. Empeza así a curiosa historia de dúas comunidades totalmente diferentes que xúntanse por unha causa común.
Premios e mencións:
2014 · Globos de Ouro: nominación mellor filme comedia ou musical :: Premios 
BAFTA: mellor debut dun escritor, director ou productor británico.
Crítica:
 
"Un filme feito para gustar ao público, no mellor sentido (…) «
Pride» non é sutil cando sinala os seus propósitos, porén por desgraza, son temas que aínda necesitan sinalarse… " 
Peter Travers (
Rolling Stone) 
 
 
 
 
xoves 28 de maio do 2015
«Como facer cinema cos posos do café»
Obradoiro exprés de «
La Plantación» onde contaremos coa presentación do propio director.
 
Velo avance do film: 
You Tube [.mp4 • 25'9 MB] VOS
 
Título: «El muerto y ser feliz» ·  
(O Morto e ser Feliz)  
Ano: 2012
País: España
Director: Javier Rebollo  
Guión: Javier Rebollo, Lola Mayo e Salvador Roselli  
Fotografía: Tat Radcliffe 
Reparto: José Sacristán, Roxana Blanco, Vicky Peña, Valeria Alonso… 
Duración: 92 min.
Produtora: Lolita Films | TV3 | Icónica | TVE | Eddie Saeta | Noodles Production | ICO 
Distribuidora: Splendor Films 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS 
Idiomas: castelán  · VO (versión orixinal)
Sipnose:
  
Cando un asasino a soldo español, ingresado nun hospital de 
Buenos Aires, decatase que está a piques de morrer, escápase e diríxese ao norte atravesando todo o país. Foxe por estradas secundarias nunha especie de tranquila peregrinación que ten algo que ver cunha moderna novela de cabalerías. Unha muller que atopou na estrada será o seu escudeiro nese continuo avanzar fuxindo da morte e correndo, ao mesmo tempo, cara ela.
Premios e mencións:
2013 · Festival de San Sebastián: premio mellor actor (
José Sacristán).
2012 · Premios 
Goya® e 
FIPRESCI: premio mellor actor (
José Sacristán) :: 
Festival Du Film Espagnol de Toulouse «Cinespaña» (Francia): premio mellor filme e mellor actriz (
Roxana Blanco) :: Festivais de 
New York, 
Viennale, 
Mar del Plata, 
KVIFF, 
Praha (Eslovaquia), …: selección oficial.
Crítica:
 
"A acusada vontade de diferenza de «
El Muerto y Ser Feliz» non ten nada que ver con xestos de arrogancia senón coa vontade de compartir un xogo. 
Rebollo convida ao público a participar nel (…) grandioso 
José Sacristán… " 
Jordi Costa (
El País) 
 
 
 
 
luns 1 de xuño do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 22'1 MB] VO
 
   
Título: «Gare du Nord» 
  
Ano: 2013
País: Francia
Director: Claire Simon   
Guión: Claire Simon, Shirel Amitay e Olivier Lorelle  
Música: Marc Ribot 
Fotografía: Laurent Bourgeat, Richard Copans e Richard Copans 
Reparto: Nicole Garcia, Reda Kateb, François Damiens, Monia Chokri… 
Duración: 119 min.
Produtora: Les Films d'Ici | Productions Thalie | Cinémage 7 | France 3 Cinéma | K Films Amerique | CNC  
Distribuidora: CGAI 
Exhibición: Dixital (BD) · Cor  · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital HD-DTS  
Idioma: francés  · VOSE (versión orixinal subtítulado ao castelán)
Sipnose:
  
París, a estación do norte «
Gare du Nord», todo pode pasar, mesmo trens. Un quixese quedar pero hai présa. Como os miles de vidas que alí se cruzan, cruzaranse 
Ismäel e Matilde e namoraranse aos poucos. A estación é un mundo aparte frecuentado por todos: franceses, inmigrantes, emigrantes, viaxeiros e pantasmas. Unha encrucillada de camiños onde cada vida pasa rápido e desaparece.
Premios e mencións:
2013 · 
Festival del Film Locarno: selección oficial de longametraxes a concurso.
Crítica:
 
"…fala de persoas, cunha profunda aproximación humanista. Esta intimidade que establece cos retratados, unida a un control do enfoque e o encadre como camarógrafa, convírtena nunha das grandes referencias…" 
Víctor Paz Morandeira (
A Cuarta Parede)
 
 
 
 
mércores 3 de xuño do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 19'7 MB] VO
 
Título: «Mr. Kaplan» · Kaplan 
  
Ano: 2014
País: Uruguai
Director: Álvaro Brechner  
Guión: Álvaro Brechner 
Música: Mikel Salas 
Fotografía: Álvaro Gutiérrez 
Reparto: Héctor Noguera, Néstor Guzzini, Rolf Becker, Nidia Telles… 
Duración: 98 min.
Produtora: Baobab Films 
Distribuidora: Avalon 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital 
Idiomas: castelán · VO (versión orixinal)
Sipnose:
  
Trala 
II Guerra Mundial (
1939—
1945), o vello xudeu 
Jacobo Kaplan fuxiu a Sudamérica. Descontento co seu novo rabino, a súa comunidade, a súa familia e a súa vida e temendo morrer e non ser recordado, con case 80 anos decide, coa axuda dun policía retirado, dar un envorco á súa vida. Emprende entón unha aventura singular: capturar a un vello alemán, dono dun restaurante, porque está convencido de que é un antigo oficial nazi. O seu obxectivo é levalo a Israel. Así contribuirá a recuperar o orgullo e a dignidade da comunidade xudía.
Premios e mencións:
2014 ·  Premios 
Goya® e Premios Ariel
® (México): nominación ao mellor filme hispanoamericano :: Festival Internacional de Cine de 
Mar del Plata (Arxentina): selección oficial (competencia Latinoamericana) :: Festival de 
La Habana (Cuba): selección oficial longametraxes a concurso.
Crítica:
 
"Non é difícil adiviñar cara a onde se dirixe esta comedia de humor negro, pero toma un camiño divertido.… " 
Leslie Felperin (
The Hollywood Reporter) 
 
 
 
 
luns 8 de xuño do 2015
 
Velo avance do film: 
You Tube [.mp4 • 20'3 MB] VOS
 
Título: «Ha-shoter» —Policeman— · Policía en Israel  
  
Ano: 2011
País: Israel
Director: Nadav Lapid  
Guión: Nadav Lapid 
Fotografía: Shai Goldman 
Reparto: Yiftach Klein, Yaara Pelzig, Michael Mushonov, Menashe Noy… 
Duración: 105 min.
Produtora: Laila Films 
Distribuidora: CGAI | Aquelarre Servicios Cinematográficos 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.66:1 · Dolby dixital HD-DTS 
Idioma: hebreo  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:  
Yaron é un policía que pertence a un grupo de elite da unidade antiterrorista israelí. Os membros desta unidade son o arma coa que o Estado apunta aos seus inimigos. A 
Yaron encántalle o seu traballo. Tamén está emocionado porque a súa muller vai dar a luz; pode ser pai en calquera momento. Pero un encontro cun grupo tan violento como radical enfrontaralle á guerra de clases en Israel e á guerra que se libra no seu interior.
Premios e mencións:
2012 · 
BAFICI: mellor filme e director.
2011 ·  
Festival del Film Locarno: premio especial do xurado.
Crítica:
 
"O filme pregúntase se realmente coñecemos ao noso inimigo e é unha idea que dá no branco con forza no profundo e inquietante plano final… " 
David Jenkins (
Time Out)
 
 
 
 
mércores 10 de xuño do 2015
 
Velo avance do film: 
You Tube [.mp4 • 18'6 MB] VOS
 
Título: «Mita Tova» —The Farewell Party— · La fiesta de despedida  
(A Festa de Despedida) 
Ano: 2014
País: Israel
Director: Tal Granit e  Sharon Maymon  
Guión: Tal Granit e Sharon Maymon 
Música: Avi Belleli  
Fotografía: Tobias Hochstein 
Reparto: Ze'ev Revach, Aliza Rosen, Levana Finkelstein, Raffi Tavor… 
Duración: 95 min.
Produtora: 2-Team Productions | Pie Films | Twenty Twenty Vision Filmproduktion 
Distribuidora: Caramel films 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS 
Idioma: hebreo  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
  
Nunha residencia de anciáns, un grupo de amigos constrúe unha máquina para practicar a eutanasia co fin de axudar a un amigo doente terminal. Pero cando se estenden os rumores sobre a máquina, outros anciáns pediranlles axuda, o que lles suscita un dilema emocional e implícaos nunha aventura disparatada.
Premios e mencións:
2014 · Festival de Venecia: premio do público :: 
Seminci: Espiga de Ouro (mellor filme) e mellor actriz (
Aliza Rosen).
Crítica:
 
"Unha conmovedora e provocativa dramedia (…) Cun ideal elenco de talento septuaxenario, un sentido visual finamente pulido e unha magnífica sincronización de comicidade irónica e diálogo… " 
Alissa Simon (
Variety)
 
 
 
 
luns 15 de xuño do 2015
 
Velo avance do film: 
You Tube [.mp4 • 14'8 MB] VOS
 
Título: «Haganenet» · La profesora de parvulario  
(A Mestra de Párvulos)  
Ano: 2014
País: Israel
Director: Nadav Lapid  
Guión: Nadav Lapid 
Música: Michael Emet  
Fotografía: Shai Goldman 
Reparto: Sarit Larry, Avi Shnaidman, Lior Raz, Gilad ben David… 
Duración: 120 min.
Produtora: Pie Films | Haut et Court | Arte France Cinéma 
Distribuidora: CGAI | Good Films 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital HD-DTS 
Idioma: hebreo  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
  
Unha mestra descobre, nun neno de cinco anos de idade, un prodixioso don para a poesía. Asombrada e inspirada por este mozo, decide protexer o seu talento, a pesar de todo o mundo.
Premios e mencións:
2014 · 
Festival de Sevilla: Giraldillo de prata.
Crítica:
 
"A súa posta en escena é un reflexo do misterio que se executa por medio do filme…" 
Cyril Béghin  (
Cahiers du Cinéma)
 
 
 
 
Resumo da programación: 
maio 2015 [.pdf • 122 kB] 
Engade a nosa programación ao teu 
calendario [.ics · 155 kB] 
 
Sesións na Casa da Cultura:
Os 
luns ás 20:30 e 23 
h.* — Cota de sostenemento de actividade, no acceso para socios/as: 2 
€; non asociados/as: 2'5 
€ (+ 
IVE)
Os 
mércores ás 18, 20:30 e 23 
h — Cota de sostenemento no acceso para socios/as: 4 
€; non asociados/as: 5 
€ (+ 
IVE)
O 
xoves 14 de maio ás 20:30 
h. — Acceso de balde.
O 
xoves 28 de maio ás 20:30 e 23 
h. — Acceso de balde para os inscritos no obradoiro exprés — Cota de sostenemento no acceso para socios/as: 4 
€; non asociados/as: 5 
€ (+ 
IVE)
 
Bonificacións: os 
socios e socias teñen reducción dun euro na cota de sostenemento no acceso dos mércores, se asistiron nesa mesma semana, ao 
luns de filmoteca
Aquelas proxeccións con aviso de cota de balde, para os socios e socias, non exime de solicitarlle aos 
non asociados/as, que liquiden os oportunos custes proporcionais de mantenemento, e da actividade xeral do cineclube, xunto co 
IVE actual do 21
%.
 
Lugar:
Biblioteca pública (casa da Cultura), rúa Concello 11
Proxeccións en 
VOS (agás cando se indique o contrario) ao castelán ou galego; os filmes, polo xeral, non son recomendados para menores de 13 anos. 
Non se permite o acceso ao salón de actos da Biblioteca, unha vez comezada a proxección.
 
Lembrade que, temos propostas e liñas abertas á vosa colaboración e participación:
- Animádevos a presentar algún dos filmes programados (lígase despois, bbfff…unha barbaridade…,hai unha chea de recoñecemento social, fanche descontos, entras gratis á sesión, invitamos a unha caña… etc.)
- Queremos por en marcha o Ambigú do cineclube na biblioteca (un espazo de reflexión e debate sobre as películas programadas ou as que hai en depósito na biblioteca)
- Tes ao seguir estas liñas, todo  o espazo do mundo, para comentar, suxerir ou espallar polas redes sociais, aquelo que consideres xusto e necesario. O apreciamos con sinceridade e propósito de enmenda.
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario