Amosando publicacións coa etiqueta 2014. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2014. Amosar todas as publicacións

09/06/16

ciclo «Petit Cinéma»

Voltamos, de novo, a presentar un cinema especial para os máis cativos (e tamén para toda a familia).
O cineclube Padre Feijoo, a Biblioteca Pública de Ourense e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) organizan un miniciclo de cinema, con 2 perlas da mellor animación tradicional feita en Brasil e Irlanda.


26/03/16

programación marzo—abril 2016

ciclo «Viaxes e Procuras II»

Extra: II ciclo de Cine e Medicina · Ociourense 2016


Paradoxalmente, unha vez pasada a chamada «Semana Santa» dun estado laico e aconfesional, un grupo de europeos, homes e mulleres de distintas idades, clases e posicións viaxaron con evidentes incomodidades para preservar a súa «seguridade». A bo seguro que moitos dos que quedaron «in-/voluntariamente» procuran outro significado verdadeiro de «Europa» (ou «España»), porque estamos nun tempo no que o balbordo da situación política, estaticamente empreñada, viaxa cara á deshumanización e á insolidaridade.

A proposta, que lles presentamos percorre distintos estadios, de procuras e viaxes moi actuais; como a inmigración de «», a insolidaridade de «», a loita contra o patriarcado en Turquía, a vellez en Italia, ou a simple historia que nos deixou o nazismo, que nunca deberíamos esquecer.

Acompáñenos tamén coas propostas de , e estén atentos ás proxeccións extras das xornadas de agroecoloxía, igualdade, e .


cartaz ciclo «Viaxes e Procuras II»
Cartaz do ciclo «Viaxes e Procuras II» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

«Vamos acender unha cacharela, cando chegue a noite, e esperar as palabras, nun azul xeado… para construir un novo abrigo de prata» como di Sigur Rós en «Varúô» a música do noso avance visual, sede benvidos/as a nosa proposta, ao cinema en versión orixinal subtítulada (VOS), tanto na de Ourense como no . No canle de «You Tube», teñen a posibilidade de ollar o noso avance visual [.mp4 • 2 MB] deste ciclo e de seguido, os filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa participación e comentarios.

ciclo «Viaxes e Procuras» II

Proxéctase durante o mes de marzo e abril de 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

Sesións de Filmoteca · marzo—abril 2016

Proxéctase durante o mes de marzo e abril de 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

11/02/16

programación febreiro—marzo 2016

ciclo «Tránsito: Europa II»
Extra: II ciclo de Cine e Medicina · Ociourense 2016

Fai 70 anos, despois das consecuencias da segunda guerra mundial, Winston Churchill pronunciou un histórico discurso na Universidade de Zurich, no que alentaba á creación dos Estados unidos de Europa, non cun obxectivo mercantil, do que é tristemente en exclusiva agora, se non para mellorar o nivel de vida dos cidadáns e a cooperación entre os estados da vella Europa.

En pleno baño sanguinario no Kurdistán e Siria, …Europa non ten respostas a este mundo bipolar, non existe solidaridade nen dereitos humanos; a estratexia europea, viaxa polos camiños da desregulación e privatización do público, en sendeiros de desemprego e deflación salarial, e incluso con pontes de restricción economicista, que alcanza cotas de esperpento en España incluso, coa liberdade de expresión ou decisión (tanto individual como colectiva).

Este é o asfalto da situación actual que, cons distintas estacións, visitamos nesta segunda parte do tránsito europeo; unha guerra de independencia, a soidade e despersonalización do individuo, e temas tan universais como o amor, a cobiza e a corrupción, que xunto coas propostas da filmoteca dos luns, agroman historias que cremos necesarias… agardemos que a sátira xudicial actual, se ausente, por adulterio coa liberdade.



ciclo «tránsito: Europa II» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Coma sempre, unha fermosa voz ilustra a nosa banda sonora do avance visual [.mp4 • 30'4 MB] do ciclo, sabendo que podemos ser malos por un día (e heroes), porén sempre saberemos que nos falta algo, tristes á vez polo que xa perdimos.


ciclo «tránsito: Europa» II

Proxéctase durante o mes de febreiro e marzo do 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

Sesións de Filmoteca · febreiro—marzo 2016

Proxéctase durante o mes de febreiro e marzo do 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

11/10/15

programación outubro—novembro 2015

ciclo «Novas realizadoras» e Sesións Especiais

A arte de contar historias nace en todas as civilizacións nun periodo oral-popular-anónimo no que xorden as sagas, mitos e lendas que acaban sendo recolleitos por escrito e conformando a nosa visión do mundo. Nesas primeiras manifestacións espontáneas e aínda non reguladas… cantar, bailar, recitar… é difícil imaxinarse esas actividades sen a participación activa das mulleres.
Coincide, lamentablemente, ca morte de cando xa tiñamos pechado este ciclo, que busca en esencia do mesmo xeito que o universo da citada directora, unha desnudez traballada na posta en escena, que como se sabe, non ten que ver cunha suposta verdade das cousas. Agardamos gosten da mesma actitude fisgona que debe posuír, calquera observador/a no contrato cinematográfico que vos propomos.

Complementamos con dúas proxeccións especiais controvertidas, unha de plena vixencia (política) e a outra con tempos pasados (eclesial). Será o xoves 12 e sábado 28 de novembro (se as lúas, nova e chea, non o impiden).


Novas realizadoras
Cartaz do ciclo «Novas realizadoras» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Os lembramos os dous títulos que xa adiantáramos na programación anterior dos luns de filmoteca, grazas á colaboración co CGAI; de seguido, as fitas que compoñen o ciclo «Novas realizadoras» máis o seu correspondente avance visual [.mp4 • 8'2 MB], porén tan axiña cando o penduramos, o tes dispoñible se estás suscrito ao canle do cineclube en «You Tube».

ciclo «Novas realizadoras»

Proxéctase durante os meses de outubro-novembro do 2015 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. cos seguintes filmes …



06/09/15

programación setembro—outubro 2015

«American Noir»

A mediados dos anos 50, acuñouse o termo «Noir» para definir un estilo cinematográfico de filmes caracterizados non só pola súa escuridade ambiental e a luz expresionista, senón tamén por elementos esenciais como a alienación, a desolación, o pesimismo, a ambigüidade e a corrupción moral.
Os numerosos filmes creadas desde 1940 reflectiron as tensións e inseguridades resultantes dese período, e equilibraban esa negrura co optimismo en filmes musicais e comedias de Hollywood.

Os «heroes» dos filmes negros eran en realidade «anti—heroes» (caracteres corrompidos de policías, ladróns, veteranos de guerra, políticos, banqueiros…) Eran os símbolos metafóricos dos males da sociedade. Actualmente esa negrura estilística non é sinxela de atopar polo predominio da cor en detrimento do branco e negro e a variedade dos focos e ángulos nas filmacións; pero o cinismo, as obsesións, desilusións, sarcasmos e medos sobreviven nestes tempos.

O cineclubePF presenta unha escolma da nova fornada do cinema noir americano, canda á ecléctica proposta da filmoteca dos luns do CGAI.

Non hai luz nas vidas de fronteira que axexan antes deste inverno. Talvez sexa o reflexo dos bens desta vida, que relocen sempre antes de calquera período electoral. Gocen do que voten/boten: todo é marabilloso…


American Noir
Cartaz do ciclo «American Noir» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Aínda quedará un ciclo temático antes do festival de cinema, para descansar esa semana do OUFF e rematar logo o ano fílmico.

Sexan benvidos a unha nova tempada de cinema en versión orixinal subtítulada (VOS), na grande e acolledora de Ourense e coma sempre, no noso canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 11'4 MB] deste ciclo e de seguido, os filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa participación e comentarios.




14 Set. 2015
Lun.

«Jet Lag»

Dirixido por · (2014)
Diego traballa na quenda de noite dunha gasolinera illada, na fronteira entre Galicia e Portugal. O seu labor é solitaria, silenciosa, monótona, insomne. Unha noite, a aparición de dous visitantes inesperados alteran a rutina deste lugar.

«No Novo Céio»

Dirixida por · (2014)
A paisaxe de Estocolmo, visto desde todas as súas caras, vai mutando fronte aos nosos ollos ao redor dun punto de ancoraxe inmutable, a lúa na terra que é o Ericsson Globe.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
 De balde. Consultar cota non asociados/as.



16 Set. 2015
Mérc.

«Nightcrawler»

Dirixida por · (2014)
Tras ser testemuña dun accidente, Lou Bloom (), un apaixonado mozo que non consegue atopar traballo, descobre o mundo do xornalismo criminalista.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4 € (consultar non asociados/as).



21 Set. 2015
Lun.

«L'Atalante»

Dirixida por · (1934)
Jean e Juliette contraen matrimonio e emprenden a súa viaxe de vodas a bordo do «L'Atalante», unha barcaza da cal Jean é capitán. Xunto co mariñiero Père Jules e un mozo cabinero, a parella navega polas canles próximas ao Sena. A longa viaxe resulta aburrida para Juliette, quen ansía coñecer a cidade da luz. Finalmente, Jean cumpre o desexo da súa nova esposa e lévaa a París.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CEST)
  socios/as 2 € (consultar non asociados/as).



23 Set. 2015
Mérc.

«Blue Ruin»

Dirixida por · (2013)
Dwight é un vagabundo de vida tranquila, un trintaneiro sen teito que vive no seu coche, un destartalado Pontiac azul. Deambula pola cidade e sobrevive recollendo botellas na praia, ata que un día a súa rutina se trastorna ao decatarse dunha terrible nova. Isto lévalle a tomar unha decisión descabelada e a voltar á casa da súa infancia para levar a cabo unha estraña vinganza.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4 € (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



28 Set. 2015
Lun.

«Bande à Part» · Banda Aparte

Dirixida por · (1964)
Tres mozos, Odile, Arthur e Franz coñécense en clase de inglés e inmediatamente fanse amigos; os tres comparten o seu interese pola literatura criminal.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2 € (consultar non asociados/as).



30 Set. 2015
Mérc.

«Map to The Stars»

Dirixida por · (2014)
Un conto moderno sobre a obsesión pola popularidade. Stafford Weiss é terapeuta e escribe libros de autoaxuda. Ten unha muller sobreprotectora, un fillo antiga estrela da TV en rehabilitación e unha filla que acaba de saír do psiquiátrico. A principal cliente de Stafford é unha famosa actriz, a piques de interpretar o papel que fixo a súa nai nos anos 60.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4 € (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



  5 Out. 2015
Lun.

«Un Condamné à Mort s'est Échappé ou Le Vent Souffle où il Veut» · Un Condenado á Morte Fuxiu

Dirixida por · (1956)
Abril de 1943, en plena Segunda Guerra Mundial. Fontaine, un mozo de 27 anos membro da Resistencia Francesa, que loita contra a ocupación nazi, é arrestado pola Xestapo para ser interrogado.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2 € (consultar non asociados/as).



  7 Out. 2015
Mérc.

«A Most Violent Year» · O Ano máis Violento

Dirixida por · (2014)
New York, ano 1981 —segundo as estatísticas, o ano con máis crimes e atracos da historia na cidade—. O inmigrante hispano Abel Morais () e a súa muller Anna () acadan sacar adiante con éxito a súa empresa de distribución e venda de gasóleo. Agora están a piques de conseguir a última peza do seu soño americano: mercar un cotizado terreo fronte ao río Hudson, un enclave que lles permitirá expandirse no negocio e superar á súa competencia. Pero a violencia que sofren no transporte dos seus camións e unha investigación policial ameazan con destruír todo o que acadaron até ese momento.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 4 € (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



19 Out. 2015
Lun.

«Van Gogh»

Dirixida por · (1991)
Maio de 1890, Vicent Van Gogh () chega a Auvers-sur-Oise e instálase na modesta pensión Ravoux. Alí faise amigo do doutor Gachet (), admirador da súa obra, e da súa filla Marguerite (). Entregado á pintura e obsesionado por captar o fluír da natureza e o temperamento das xentes que coñece, a súa vida oscilará entre as súas estancias en casa do seu irmán Théo () e os seus encontros cunha prostituta (). Aflixido por ser unha carga para o seu irmán, vendo que a súa obra non é recoñecida polos santóns do mercado da arte e temendo un novo ataque de tolemia, tomará unha dramática decisión.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2 € (consultar non asociados/as).



26 Out. 2015
Lun.

«Tesouro de Corcoesto»

Dirixida por · (2015)
O «» trata do polémico caso dunha mina de ouro a ceo aberto, que colocou á pequena aldea galega de no mapa mundial dos conflitos ambientais.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
 De balde. Consultar cota non asociados/as.



Horarios CUT+2


Esta tempada, poñemos a proba a avaliación do filme segundo a programación vai desenvolvéndose, deste xeito, tedes unha ligazón no comentario de cada evento para encher unha pequena enquisa sobre o filme que vexas.
Axúdanos coa túa participación e tamén a espallar os eventos do cineclube Padre Feijoo.


E por último, lembra que ainda temos aberta a sobre a tempada 2014—2015, para avaliar a programación dos meses de xaneiro-xuño 2015; gostaríanos coñecer que tal o fixemos…

Avaliación - Enquisa

…ou ben, comentándonos as túas impresións sobre os filmes que proxectaremos, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moito os vosos comentarios (e avaliacións); vemonós na Biblioteca Pública!




11/06/15

«Haganenet» · A Mestra de Párvulos

luns 15 de xuño, na de Ourense (rúa Concello 11), en dúas sesións: ás 20:30 e 23 h., cota xeral socios/as de 2 € (non socios/as: 2'5 € + IVE), o filme


cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [.mp4 • 14'8 MB] VOS

Título: «Haganenet» · La profesora de parvulario
(A Mestra de Párvulos)

Ano:
País:
Director:
Guión: Nadav Lapid
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , …
Duración: 120 min.
Produtora: Pie Films | Haut et Court | Arte France Cinéma
Distribuidora: CGAI | Good Films
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: hebreo · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

04/06/15

«Mita Tova» —The Farewell Party— · A Festa de Despedida

mércores 10 de xuño, na de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral socios/as de 4 € (non socios/as: 5 € + IVE), o filme



cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [.mp4 • 18'6 MB] VOS

Título: «Mita Tova» —The Farewell Party— · La fiesta de despedida
(A Festa de Despedida)

Ano:
País:
Director: e
Guión: Tal Granit e Sharon Maymon
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , …
Duración: 95 min.
Produtora: 2-Team Productions | Pie Films | Twenty Twenty Vision Filmproduktion
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: hebreo · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

28/05/15

«Mr. Kaplan» · Kaplan

mércores 3 de xuño, na de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral socios/as de 4 € (non socios/as: 5 € + IVE), o filme


cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 19'7 MB] VO

Título: «Mr. Kaplan» · Kaplan

Ano:
País:
Director:
Guión: Álvaro Brechner
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , …
Duración: 98 min.
Produtora: Baobab Films
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: castelán · VO (versión orixinal)

21/05/15

«Pride» · Orgullo

mércores 27 de maio, na de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral socios/as de 4 € (non socios/as: 5 € + IVE), o filme



cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [.mp4 • 33'4 MB] VOS

Título: «Pride» · Orgullo

Ano:
País:
Director:
Guión:
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , …
Duración: 120 min.
Produtora: Calamity Films
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

14/05/15

«Negociador»

mércores 20 de maio, na de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral socios/as de 4 € (non socios/as: 5 € + IVE), o filme



cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 10'3 MB] VO

Título: «Negociador »

Ano:
País:
Director:
Guión: Borja Cobeaga
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , …
Duración: 80 min.
Produtora: Sayaka Producciones Audiovisuales | Telecinco Cinema
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: castelán · VO (versión orixinal)

Sipnose:

08/05/15

«Turist» · Forza Maior

mércores 13 de maio, na de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral socios/as de 4 € (non socios/as: 5 € + IVE), o filme



cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 15 MB] VOS

Título: «Turist» · Fuerza mayor
(Forza Maior)

Ano:
País:
Director:
Guión: Ruben Östlund
Música:
Fotografía: e
Reparto: , , , …
Duración: 120 min.
Produtora: Plattform Produktion | Swedish Film Institute | Film I Vast | Essential Filmproduktion
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby Dixital HD-DTS
Idioma: danés, noruegués, francés e sueco · VOSE (versión orixinal subtítulada en castelán)

03/05/15

«Timbuktu»

mércores 6 de maio, na de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral socios/as de 4 € (non socios/as: 5 € + IVE), o filme


cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 18'5 MB] VOS

Título: «Timbuktu» · Le chagrin des oiseaux

Ano:
País:
Director:
Guión: Abderrahmane Sissako e
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , …
Duración: 100 min.
Producción: Armada Films | Dune Vision | Les Films du Worso
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: árabe, francés, inglés, bambara, songai e tuarague (tamasheq) · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

01/05/15

Sesións de Filmoteca · maio—xuño 2015

Proxéctase os luns do mes de maio e xuño do 2015, no salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), en dúas sesións: 20:30 e 23 h. Cota xeral de acceso para os socios/as de 2 €, non socios/as de 2'5 € (+ IVE)…