29/11/15

Miradas Etnográficas

En catro xornadas do mes de decembro 2015, proxectaremos nunha única sesión, martes, xoves e sábado ás 20:30 h, no de , de balde grazas a colaboración¹ do Museo, ademais do CGAI, Xunta de Galicia e a «Feciga», nas datas que de seguido vos reflectimos, as seguintes fitas…



«Cine de Outono · Miradas Etnográficas ³» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)



10 Dec. 2015
xoves

«Festa, Trabalho e Pão em Grijó da Parada»

Dirixida por · (1974)
As festas do Nadal de Grijó de Parada, aldea do nordeste transmontano, preto de Bragança, insérense nas celebracións do ciclo de Inverno, que á súa vez constitúen parte de rituais arcaicos que invocan o mito do eterno retorno, especificamente o ciclo fundador, típico de certas sociedades agrarias, con raíces milenares. En Grijó, tradicións como esas están asociadas ao solsticio e ao equinocio e envolven a participación de personaxes enmascarados, os caretos. Estas antiquísimas tradicións mestúranse, no cotián de varias aldeas de Tras-os-Montes, con aspectos da vida rural moderna, como a organización do traballo e do modo de produción, en boa parte aínda marcada por unha economía de subsistencia, colectivista, ameazada polo individualismo das iniciativas modernas.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CET)
  De balde até completar aforo (50 persoas aprox.)



15 Dec. 2015
martes

«Orense al Día» · Ourense al Día

Dirixida por · (1959)
Estrea dunha das restauracións rematadas nos últimos meses polo equipo do CGAI (). Filmada polo galego Amando Hermida, de Lebosende (Ourense) emigrado a Arxentina, ao longo da segunda metade dos anos cincuenta. «Ourense ao día» é unha das catro partes nas que se divide a longametraxe «», cada unha delas dedicado a unha provincia galega.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CET)
  De balde até completar aforo (50 persoas aprox.)



17 Dec. 2015
xoves

«Os Oleiros»

Dirixida por · (1975)
Documental sobre artesáns fabricantes de cerámica popular galega.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CET)
  De balde até completar aforo (50 persoas aprox.)



19 Dec. 2015
sábado

«Sur le Chemin de l'école.» · Camiño á Escola

Dirixida por · (2013)
Documental que narra a historia real e extraordinaria de catro nenos, Jackson, Carlitos, Zahira e Samuel, que deben enfrontarse diariamente a numerosas dificultades e perigos para chegar á escola. Os nenos viven en catro zonas moi afastadas entre si, pero comparten as mesmas ganas de aprender e saben perfectamente que só a educación lles abrirá as portas dun futuro mellor.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CET)
  De balde até completar aforo (50 persoas aprox.)






Horarios CUT+1

Lembrar que esta tempada, temos a proba, a avaliación do filme segundo a programación vai desenvolvéndose, deste xeito, tedes unha ligazón no comentario de cada evento para encher unha pequena enquisa sobre o filme que vexas.
Axúdanos coa túa participación e tamén, a espallar os eventos do cineclube Padre Feijoo.




Ningún comentario: