Amosando publicacións coa etiqueta Carla Simón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Carla Simón. Amosar todas as publicacións

12/10/22

X Miradas etnográficas. A terra que habitamos. Cine de outono en Ribadavia

No lonxano 2286 o señor Spock será o responsable de rescatar planeta das perturbacións que o alteran. A clave para estabilizalo será o canto das baleas, unha especie extinta séculos atrás. Para iso, embarcará na nave intergaláctica Enterprise rumbo ao San Francisco do ano 1986 cunha misión: salvar a terra.

A cuarta entrega Star Trek, dirixida polo propio Leonard Nimoy -o actor tras o entrañable Spock- en 1986, xa alertaba sobre os perigos que axexaban ao planeta. Estes foron en aumento a tal punto que, hoxe en día, os gobernos de medio mundo inclúen entre os seus programas "protocolos", "plans de acción" "alianzas estratéxicas" e outro tipo de analoxías para preservar os recursos da terra perante o irreversible cambio climático.

As voces da ciencia, da filosofía ou da socioloxía moderna urxen un cambio no pacto social. Avanzar cara a sociedades más xustas que garantan un reparto equitativo dos recursos. O cine, porén, só pode falar a través das imaxes en movemento. E iso é o que nos ofrece este ciclo de películas, que se celebra por décimo outono no Museo Etnolóxico de Ribadavia: catro 'miradas' sobre o noso planeta, a nosa relación con el e a que mantemos con nós mesmos.

Como será a vida en 2286? O certo é que en 2022 andamos enleados en guerras, que só fan ilustrar o noso fracaso.


Encomendémonos á misión do señor Spock.

27/09/17

Outubro de 2017

Sesións de outubro

Filmoteca CGAI


A Revolución rusa é un dos acontecementos máis importantes do século XX, non só polo que supuxo para o Imperio ruso, que pasou a ser a URSS, senón pola transformación radical da economía e a sociedade soviética.

Detemos a mirada, en tres filmes sobre a historia rusa, xunto cos últimos filmes cataláns e unha xoia, recuperada do cine checo de ciencia ficción.





«Outubro 1917-2017» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Persuadidos da situación doente e case revolucionaria actual, concordamos con Manu Chao, na letra de "Outro mundo"...soñei outro mundo tan lonxe e tan preto...e serve de ambientación musical, ao avance visual [.mp4 • 20'7 MB] da programación que vos presentamos, que ocupará o mes de outubro ata o OUFF, e que volverá oportunamente, despois do mesmo.


(Atentos, aos horarios do 17 e 19 de outubro)

Agardamos gocen.