01/05/24

Filmoteca de maio 2024

Dentro das habituais sesións de filmoteca, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos durante maio de 2024, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


(Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí) [Abre outra xanela]




Filmoteca


6 Mai. 2024
Lun.

«Der Himmel über Berlin» O ceo sobre Berlín

· (Alemaña-Francia, 1987) 128 min. Cor/B&N. Dolby dixital. AR 1,66:1 [A] VOSE

Dous anxos vadían polo Berlín da Guerra Fría. Só son visibles para os nenos e as persoas de corazón puro e non poden cambiar o curso dos acontecementos; mais reconfortan a todas as almas solitarias e deprimidas que coñecen. Despois de moitos séculos, un deles, infeliz coa súa inmortalidade, desexa converterse en humano. O seu feitizo por unha moza trapecista faille cobizar unha vida onde poida sentir a felicidade e o amor.

Premios
1987: Festival de Cannes: Mellor director
1987: 2 Premios do cine Alemán: Mellor película e fotografía
1988: Premios del Cine Europeo: Mellor director

"Wenders (...) crea este precioso retrato dun Berlín dividido xusto uns poucos anos antes da caída do Muro e segue sendo unha obra cinematográfica bela, literaria e culta"
(Ian Nathan, Empire)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).



13 Mai. 2024
Lun.

«In weiter Ferne, so nah!» Tan lonxe, tan cerca!

· (Alemaña-Francia, 1993) 146 min. Cor/B&N. Dolby dixital. AR 1,66:1 [+16] VOSE

Dous anxos da garda voan sobre Berlín. Son invisibles e actúan con benevolencia, mais non poden intervir na vida da xente. Fartos desta situación, deciden que Cassiel, o anxo das lágrimas, se converta en humano para observar como as persoas senten e perciben o mundo. Secuela de Cielo sobre Berlín.

Premios
1993: Festival de Cannes: Gran premio do xurado
1993: Premios do cinema Alemán: Mellor fotografía

"As mensaxes poéticas finais da película sobre os anxos, as persoas e o amor, son innegablemente atractivos; é o centro sincero da película."
(Desson Howe, The Washington Post)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).


Sesión vermú




  17 Mai. 2024
Ven.

«Materiais para unha historia do cine en Galicia»

e · (España, 1930-1958)

No día das letras galegas inauguramos unha nova sesión vermú, coa sección de materiais para unha historia do cine en Galicia, dixitalizado e restaurado pola Filmoteca de Galicia.

La tragedia de Xirobio
José Signo (España, 1930) 44 min. Silente. [SD]

Adaptación libre dunha das narracións do libro Cousas, de Alfonso R. Castelao, a que comeza “Xa van alá moitos anos…”, La tragedia de Xirobio é a primeira longametraxe de ficción de produción galega. Foi dirixida polo periodista José Signo Garcés e rodada integramente en Vigo en 1930. Promovida por Vicus Films, a súa estrea estaba prevista para 1931, pero esta non se levou finalmente a cabo.

Dividida en cinco partes, a película está ambientada en Vigo no Entroido de 1930, cando o boticario Xirobio recibe a visita do seu amigo Moreno, compañeiro de andanzas nocturnas do protagonista coa proposta dunha “bacanal carnavalesca”.


Un viaje por Galicia
Manuel Aris (España, 1958) 55 min. [SD] VO

O emigrado a Montevideo Manuel Arís filmou esta película entre 1953 e 1958 nas súas continuas viaxes a Galicia. Supón un percorrido polas catro provincias, de fondo valor patrimonial, moi apreciado polos emigrados de ultramar, que podían ver o que acontecía no seu fogar e como estaba a mudar grazas ás filmacións en 16mm de Arís. Proba do seu éxito foi a explotación durante dezaoito semanas seguidas no Gran Cine Mitre de Bos Aires.




SESIÓN:
COTA:
  12:00 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde.



27 Mai. 2024
Lun.

«Taht alshajra» Entre as figueiras

· (Tunisia, 2021) 92 min. Cor. AR 2,35:1 [+7] VOSE

No noroeste de Tunisia, Sana, Fidé, Melek e Abdou traballan recollendo figos. Baixo o testemuño das árbores, desenvolven novos sentimentos, discuten, encóntranse e evítanse, coquetean e intentan entenderse. Ao longo do día, a horta convértese nun teatro de emocións, onde se representan os soños e as esperanzas de cada un deles.

Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero.

"Un solvente debut que demostra unha sensibilidade moi persoal para captar o detalle emocional que non por iso deixa de lado unha mirada política marcada pola perspectiva de xénero"
(Jara Yañez, Caimán)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).





Todas as proxeccións son na Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). A capacidade da sala está limitada a 110 persoas por sesión.

Pregamos puntualidade.


Lembramos usar a máscara de protección dentro da sala, en caso de síntomas catarrais, de gripe ou con sospeitas de COVID...que aínda sigue!.


Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / Pt portugués.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.



Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.



ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].


----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1



Ningún comentario: