01/05/24

Primavera musical 2024


Chega a oitava edición da Primavera musical aos bares habituais nos que programan concertos. Aparte da proxección na casa da cultura de Ourense (rúa Concello 11), hai música (e cine) no Café Pop Torgal, El Pueblo café cultural e Café cultural Auriense.


(Aquí, podes ver o avance en vídeo da programación musical)


  20 Mai. 2024
Lun.

«Stop making sense»

·(EUA, 1984) 88 min. Cor. Dolby Atmos. RA 1.85:1 [A] VOSE

Stop Making Sense é considerado o mellor 'concert film' da historia e que a prestixiosa produtora A24 resucitou para reivindicar a incónica banda. Estreada en 1984, o director filmou con sete cámaras e durante catro noites os concertos da banda composta por David Byrne, Tina Weymouth, Chris Frantz e Jerry Harrison no Teatro Pantages de Hollywood Boulevard no Nadal de 1983.


Premios
1984: National Society of Film Critics (NSFC): Mellor documental.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 h. (CEST) no CCPF - Casa da cultura, Ourense
  De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).




  21 Mai. 2024
Mar

«La importancia de llamarse Ernesto y la gilipollez de llamarse Eric»

· (España, 2022) 95 min. Cor. RA 1.85:1 [+12] VOE

As historias en paralelo do granadino Ernesto Jiménez Linares e do seu alter ego musical Eric, batería de Lagartija Nick e Os Planetas. A Falanxe, os pasos de Semana Santa, o punk, unha voda adolescente, atracóns de drogas e Enrique Morente desfilan entre moito humor canalla polo periplo dun tipo que durante 40 anos golpeou a batería como a vida golpeoulle a el, con todas as súas forzas.


SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CEST) no Café Pop«Torgal», Ourense
 De balde




  22 Mai. 2024
Mér.

«Sister with transistors»

· (Reino Unido, 2020) 86 min. B/N - Cor, RA 1.33:1 [ND] VOSE

Unha forma diferente de entender a historia da música ao través das pioneiras da electrónica, compositoras que adoptaron as máquinas para transformar por completo a forma en que producimos e escoitamos música. Entre as súas moitas expoñentes, o documental mostra o pasado de Laurie Anderson ou Wendy Carlos, a artista transxénero compositora dos filmes de Stanley Kubrick.


SESIÓNS:
COTA:
  20:30 h. (CEST) no Café Cultural «El Pueblo», Ourense
 De balde




  23 Mai. 2024
Xov

«The second act of Elliott Murphy»

· (España, 2016) 91 min. Cor, RA 1.85:1 [A] VOSE

F. Scott Fitzgerald dixo que non había segundos actos nas vidas americanas, pero aquí está Elliott Murphy para refutalo: o lendario cantautor, convertido en artista de culto en moitos países europeos, lévanos de xira mentres aproveita para reflexionar sobre o éxito, o fracaso e o relativo de ambos os conceptos.

Elliott Murphy publicou máis dunha trintena de álbums e dá preto de cen concertos ao ano. Ironicamente, a súa música de raíz americana sempre conectou mellor coas audiencias europeas, que lle converteron nun artista de culto. Considerado un “novo Dylan” polos críticos musicais norteamericanos dos 70, Elliott Murphy nunca alcanzou a sona comercial doutros contemporáneos seus como Bruce Springsteen, Tom Petty ou Jackson Browne.

"O seu estilo de escritura seguiu sendo complexo ata estes días; esa é a súa beleza. A súa linguaxe é preciosa e segue sendo poética. Non creo que nunca escribise unha mala canción. Nunca me crucei cunha canción de Elliott Murphy que me fixese pensar “non funciona”, e fixo moita música. E moita música actual que, para min, é tan boa como o seu material antigo. Aínda está na súa mellor forma" (Bruce Springsteen)


SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CEST) no Café Cultural «Auriense», Ourense
 De balde







Pregamos atención aos días e lugares de proxección.

Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.



Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.



ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].


----------
A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1




Ningún comentario: