Un ano despois do noso reencontro coa casa da cultura, enchidos de orgullo e satisfación coas mellores instalacións posibles e coa sobresaínte colaboración da 
Biblioteca Pública e da resposta cidadán, é nos grato comunicar ao noso distinguido público, unha nova tempada que tentaremos que vos entusiasme, que sexa 
fantástica.
De seguido presentámosvos esta excelsa programación, non sen antes lembraros que…:
Non permitimos a entrada despois de comenzada a proxección, polo que vos pregamos puntualidade (aparte de apagar os dispositivos móbiles).
 
Os días, horarios de proxección e cotas de entrada serán os habituais; 
luns (filmoteca ás 20:30 e 23 
h.) 2 euros, 
mércores (ciclo ás 18, 20:30 e 23 
h.) 4 euros, (agás nalgunhas datas especiais con sesións que vós anunciaríamos oportunamente); procurade vir co troco xusto de moedas, evitar se vós é posible traer billetes grandes.
Aos non asociados, selle engadiran os oportunos  custes de mantenemento da actividade máis o 
IVE correspondente. 
¹
Sentimos non poder ofreceros ainda a venda anticipada polo que podes acadar a cota de acceso media hora antes de cada sesión como até o momento, e sobre os descontos especiais, temos pensado implementalos nalgunhas sesións para os socios/as en situación de desemprego, estudantes e pensionistas, os avisaremos cando así sexa.
  
 Cartaz do ciclo cinema «Fantástico» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Cartaz do ciclo cinema «Fantástico» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
 
Inauguramos a tempada cun pequeno ciclo de «
cinema Fantástico» onde exploramos as analoxías dunhas historias situadas no abrente do tercer milenio, onde a pesares de ter todo ao noso alcance, non somos amos dos nosos propios destinos. Descríbesen modelos de vida inquientantes, non só pola arquitectura dos seus opresivos escenarios, senón polas clarividentes semellanzas ca sociedade actual, onde batallan os nosos paraísos artificiais, creados para tratar de esquecer os dilemas éticos que planean sobre as nosas xerárquicas vidas. Desexamos crer que hai esperanza, que non temos un límite atormentado e próximo, como declamaba —no anterior milenio— 
David Bowie a 
Ziggy Stardust e que nos servíu de inspiración para ofreceros este 
avance visual [.mp4 • 5'2 MB] do ciclo.
Non te alporices por este futuro post-punk, sempre te podes evadir co fútbol, coas tronistas pretendentes, ou co último combinado etílico xurdido polas ofertas do super; para consumir ao calor dunha noite de botellón, é posible ser así de artificiais?
Agardemos que os filmes non vos deixen indeferentes e que procuredes paraísos máis naturais.         
Abertos a todo tipo propostas (e de xente), fumos quen de compoñer este 
avance visual [.mp4 • 5'8 MB] dos 
luns de filmoteca; agardemos que ao vosa mente non quede perturbada ao escoitar ao 
trekkie William Shatner, (se acertades a comprender a frenética lírica orixinal de 
Jarvis Branson Cocker é grazas ao dueto de 
Joe Jackson).   
 
luns 22 de setembro do 2014
Atención: horario especial, unha única sesión ás 20:30 
h. e proxección de balde para os socios e socias.
 
Ver avance vídeo: 
You Tube [.
 mp4 • 25'1 
Mb] 
VO
 
Título: «Metropolis» · Metrópolis
 
(Metrópole) 
Ano: 1927   versión restaurada de 2010 
País: Alemaña 
Director: Fritz Lang 
Guión: Thea von Harbou 
Música: Bernd Schultheis e Gottfried Huppertz 
Fotografía: Karl Freund e Günther Rittau 
Reparto: Gustav Fröhlich, Brigitte Helm, Alfred Abel, Rudolf Klein-Rogge, Fritz Rasp… 
Duración: 153 min.
Produtora: Universum Film AG (UFA)
Distribuidora: Kino International Corporation
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idiomas: inglés VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
 
No futuro (ano 2000), na megápoles de Metrópole a sociedade divídese en dúas clases, os ricos que teñen o poder e os medios de produción, rodeados de luxos, espazos amplos e xardíns, e os obreiros, condeados a vivir en condicións dramáticas recluídos no soto dun gueto, onde se atopa o corazón industrial da cidade. Un día 
Freder (
Alfred Abel), o fillo do todoperoso 
Joh Fredersen (
Gustav Fröhlich), o home que controla a cidade, descobre as duras condicións laborais dos obreiros tras namorarse de María (
Brigitte Helm), unha rapariga de orixe humilde, venerada polas clases baixas e que predica os bos sentimentos e o amor. O fillo entón advirte ao seu pai que os traballadores podrían rebelarse.
Premios e mencións: 
2002 · Círculo de Críticos de 
New York: premio especial (pola súa restauración)
Crítica: 
"Obra mestra do cinema e filme capital do expresionismo alemán; trátase dunha visión apocalíptica da sociedade do futuro. No seu día foi unha grande superprodución da potente produtora alemá 
UFA, pero foi un fracaso na billetería."
 (
Film Affinity)
 
 
 
mércores 24 de setembro do 2014
 
Ver avance vídeo: 
You Tube [.
 mp4 • 19'8 
Mb] 
VO
 
Título: «Blade Runner»
Ano: 1982 
País: Estados Unidos 
Director: Ridley Scott 
Guión: David Webb Peoples e Hampton Fancher 
Música: Vangelis 
Fotografía: Jordan Cronenweth
Reparto: Harrison Ford, Rutger Hauer, Sean Young, Daryl Hannah, Edward James Olmos… 
Duración: 117 min.
Productora: Shaw Brothers, The Ladd Company, Run Run Shaw 
Distribuidora: Warner Bros Pictures 
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 2.35:1 · HD-DTS 
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
 
A principios do século 
XXI, a poderosa 
Tyrell Corporation creou, grazas aos avances da enxeñería xenética, un robot chamado Nexus 6, un ser virtualmente idéntico ao home pero superior a él en forza e axilidade, ao que selle deu o nome de 
Replicante. Estos robots traballaban como esclavos nas colonias exteriores da Terra. Despois da sanguinolenta rebelión dunha equipa de Nexus-6, os 
Replicantes foron desterrados da Terra. Brigadas especiais de policía chamados 
Blade Runners, tiñan ordes de matar a todos os que non houbesen acatado a condea, non era unha execución, o chamaban 
retiro.
Premios e mencións: 
1982 · 2 nominacións aos Oscar
®: mellor dirección artística e efectos visuais :: Nominada ao Globo de Ouro: mellor banda sonora orixinal :: Asociación de Críticos de Os Ánxeles: mellor fotografía.
1983 · 8 nominacións aos 
BAFTA: acadou 3 premios; fotografía, vestiario, dirección artística.
Críticas:
 
"Lembro a hipnótica e tenebrosa «
Blade Runner» por a súa atafegante atmosfera, por o seu lírico sentido da traxedia, pola súa nunca gratuíta violencia, por 
Harrison Ford, hastiado e antigo cazador de 
replicantes (…) por o seu romántico discurso que 
larga¹ o agónico 
Rutger Hauer…."
Carlos Boyero (
El Mundo)
¹ Vídeo: You Tube [. mp4 • 41'9 Mb] VOSE  
 
 
 
luns 29 de setembro do 2014
 
Ver avance vídeo: 
You Tube [.
 mp4 • 10'3 
Mb] 
VO
 
Título: «The Unknown Known: The Life and Times of Donald Rumsfeld» · Donald Rumsfeld: certezas desconocidas
 
(Donald Rumsfeld: certezas descoñecidas)
Ano: 2013 
País: Estados Unidos 
Director: Errol Morris 
Guión: Errol Morris 
Música: Danny Elfman 
Fotografía: Robert Chappell 
Reparto: Donald Rumsfeld, Errol Morris, Kenn Medeiros… 
Duración: 105 min.
Produtora: History Films | Moxie Pictures | Participant Media 
Distribuidora: La Aventura Audiovisual 
Exhibición: Dixital DV d · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
 
O exsecretario de defensa dos Estados Unidos durante a polémica administración do presidente 
George W. Bush, o «
falcón» 
Donald Rumsfeld, fala sobre a súa carreira política en 
Washington D.C., dende os seus inicios nos anos 60 como congresista até a invasión de Iraq en 
2003 tras o 
11S e a posterior guerra en Afganistán.
Premios e mencións: 
2013 · Festival de Venecia: sección oficial longametraxes a concurso
Crítica: 
"O filme é o retrato dun home inquietante (…) 
Morris decide tomar o linguaxe como ring para o seu fascinante duelo con 
Rumsfeld" 
Jordi Costa (
El País)
 
 
 
mércores 1 de outubro do 2014
 
 
Ver avance vídeo: 
You Tube [.
 mp4 • 24'6 
Mb] 
VOSE
 
Título: «Her» 
Ano: 2013 
País: Estados Unidos 
Director: Spike Jonze 
Guión: Spike Jonze 
Música: Arcade Fire e Owen Pallett 
Fotografía: Hoyte Van Hoytema 
Reparto: Joaquin Phoenix, Scarlett Johansson, Amy Adams, Rooney Mara, Olivia Wilde… 
Duración: 126 min.
Produtora: Annapurna Pictures 
Distribuidora: Vértigo Films España 
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 2.35:1 · HD-DTS 
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
 
Nun vindeiro futuro, 
Theodore, un home solitario a piques de divorciarse, que traballa nunha empresa como escritor de cartas para terceiras persoas, merca un día un novo sistema operativo baseado en intelixencia artificial, deseñado para satisfacer todas as necesidades do usuario. Para a súa sorpresa, crea unha relación romántica entre el e 
Samantha, a voz feminina dese sistema operativo.
Premios e mencións:
2013 · Oscar
®: 5 nominacións (incluíndo o de mellor filme), acadou o premio de mellor guión orixinal :: Globos de Ouro: 3 nominacións, acadou o premio de mellor guión :: 
NBR: mellor filme e director :: 
Critics Choice: 6 nominacións, acadou o premio do mellor guión orixinal ::  
WGA: mellor guión orixinal ::  
LAFCA: 5 nominacións, acadou o premio de deseño de producción e compartíu o de mellor filme :: 
AFI: 
Top 10 mellores filmes do ano :: 
Satellite Awards: 2 nominacións, incluíndo mellor guión orixinal.
2014 · Festival de Rotterdam: filme de inauguración.
Crítica:
 
"Si este filme ten de verdade corazón, é grazas á interpretación de 
Joaquin Phoenix. Acadou o difícil reto de meterse en 
Theodore (…) A pesares da súa enorme interpretación, 
Phoenix non optou aos Oscar
® porén para 
Jonze o actor vai demasiado por libre e iso inflúe…"
Alberto Quintanilla (
elDiario.es)
 
 
 
luns 6 de outubro do 2014
 
Ver avance vídeo: 
You Tube [.
 mp4 • 4'4 
Mb] 
VO
 
Título: «Edificio España»  
 
Ano: 2012 
País: España 
Director: Víctor Moreno 
Guión: Víctor Moreno e Rodrigo Rodríguez 
Fotografía: Víctor Moreno 
Xénero: documental 
Duración: 94 min.
Produtora: Víctor Moreno PC | Zentropa Spain 
Distribuidora: La Aventura Audiovisual 
Exhibición: Dixital DV d · Cor · Ratio 1.33:1 · Dolby dixital
Idiomas: castelán · VO (versión orixinal)
Sipnose:
 
No 
2007 iníciase un proxecto de reforma integral do Edificio España (pertencente ao banco Santander), un inmoble emblemático de Madrid que en tempos do franquismo foi símbolo de prosperidade. Nas obras participan máis de douscentos traballadores de diversas nacionalidades, xerando un insólito anecdotario e incorporando as súas vivencias á propia memoria do lugar. Una inmensa torre de Babel sobre a que quedarán impresas as pegadas da nosa época.
Premios e mencións: 
2012 · Documenta Madrid: sección competitiva longametraxe :: 
LXII Festival de San Sebastian: sección «
Made in Spain»
Crítica: 
"Ainda que a cámara non sae xamais do edificio (agás ao final), a realidade cóase entre as súas paredes. Como cando detrás do concienzudo traballo dos obreiros óuvese a voz do por entón presidente 
Zapatero falando dun positivo cadro macroeconómico e un crecemento da economía do 3
%. " 
Natalia Chientaroli (
elDiario.es)
 
 
 
mércores 8 de outubro do 2014
 
 
Ver avance vídeo: 
You Tube [.
 mp4 • 23'8 
Mb] 
VOSE
 
Título: «Snowpiercer» · Rompenieves
 
(Rompeneves) 
Ano: 2013 
País: Corea do Sur 
Director: Bong Joon-ho 
Guión: Bong Joon-ho e Kelly Masterson 
Música: Marco Beltrami 
Fotografía: Kyung-Pyo Hong 
Reparto: Chris Evans, Song Kang-ho, Tilda Swinton, Jamie Bell, Octavia Spencer… 
Duración: 126 min.
Produtora: Moho Films | Opus Pictures 
Distribuidora: Good Films 
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 1.85:1 · HD-DTS 
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
 
Un errado experimento para solucionar o problema do quecemento global case acabou destruíndo a vida sobre a Terra. Os únicos sobreviventes foron os pasaxeiros do «
Snowpiercer», un tren que percorre o mundo impulsado por un motor de movemento eterno. Adaptación da novela gráfica «
Lle Trasperceneige», escrita por 
Jean-Marc Rochette e 
Jacques Loeb.
Premios e mencións:
2013 · 
Asia-Pacific Film Festival (
APFF): 5 nominacións (incluíndo o de mellor filme), acadou o premio de dirección artística.
2014 · 
Asian Film Awards: 5 nominacións (incluíndo o de mellor filme).
Crítica:
 
"Un filme duro de asimilar, pero tremendamente brillante e que non deixa a ninguén indiferente, sexas da clase social que sexas."
Eduardo Serradilla · 
Film Kino - Canarias Ahora (elDiario.es)
 
 
 
Por último, na 
sala de máquinas do cineclube, tedes un relatorio dos datos de asistencia e resultados da enquisa desta última xeira que pechamos.
Lembrade…
  
Lugar das proxeccións:
Biblioteca Pública Nodal (casa da Cultura), rúa Concello 11
www.ir.gl/mapa-ccPF
Cota de entrada única para socios/as: 
¹
Aquelas proxeccións con aviso de gratuídade para socios e socias, non exime de solicitarlle aos non asociados/as, que liquiden os oportunos custes proporcionais de mantenemento, e da actividade xeral do cineclube, xunto co IVE actual do 21%.
 
Nesta tempada, estímase en 1 € para as actividades de balde; un recargo ao prezo do socio nas sesión normais de 50 céntimos para as sesións de filmoteca (2 + 0,50) e 1 euro para as sesións do ciclo (4 + 1).
 
Días e sesións: 
- luns, ás 20:30 e 23 h.
- mércores, ás 18, 20:30 e 23 h.
ATENCIÓN!:  NON SE PERMITE A ENTRADA unha vez comezada a proxección e por favor, apagade os vosos dispositivos móbiles.
 
Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moitísimo os vosos comentarios e que compartades a programación. Esperemos que gocedes e sexades partícipes do cineclube, sen vós non somos nada.
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario