A inconstancia nos propósitos, a deserción nos compromisos, o afundimento dos ideais, o culto ás ambicións, a cobiza sen control da autonomía, a obsesión polas cousas mundanas carente de utopías ou de soños, ben pode compor unha radiografía moi actual e que vos trasladamos en 24 imaxes por segundo, con diferentes filmes e estilos para este ano que comeza; agardamos que éstas propostas non vos conduzan á insatisfacción, á ansiedade, á soidade ou ao baleiro.
Oxalá che sirvan para reflexionar neste tempo cruel e descarnado, pois quizais xa nada será igual.
 Cartaz da programación de xaneiro-febreiro 2015, deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Cartaz da programación de xaneiro-febreiro 2015, deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Podes ollar o avance visual [.mp4 • 11'9 MB] deste ciclo «Radiografías»
(ou calquera doutros avances realizados), no canle de «You Tube»
Mércores 7 de xaneiro do 2015
Sesión especial
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 • 7'9 Mb] VOS
 
Título: «Sen to Chihiro no kamikakushi» · El viaje de Chihiro 
(A Viaxe de Chihiro) 
Ano: 2001 
País: Xapón 
Director: Hayao Miyazaki 
Guionista: Hayao Miyazaki 
Música: Joe Hisaishi 
Fotografía: Atsushi Okui 
Xénero: Animación 
Duración: 124 min.
Produtora: Studio Ghibli | Tokuma Shoten | Dentsu | Walt Disney Pictures 
Distribuidora: Vértigo Films 
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.87:1 
Idiomas: inglés e castelán · VD e VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Chihiro é unha nena de dez anos que viaxa en coche cos seus pais. Despois de atravesar un túnel, chegan a un mundo fantástico, no que non hai lugar para os seres humanos, só para os deuses de primeira e segunda clase. Cando descobre que os seus pais foron convertidos en cochos, Chihiro síntese moi soa e asustada.
Premios e mencións:
2003 · BAFTA: nominada ao mellor filme de fala non inglesa
2002 · Oscar™: mellor longametraxe de animación :: Festival de Berlin: Oso de Ouro (ex aequo con «Bloody Sunday») :: Cesar®: mellor filme estranxeiro :: NBR: mellor longametraxe animado :: Asociación de Críticos de Los Angeles: mellor longametraxe de animación
Crítica:
"Brilante, tenra e terrible, Chihiro é un monumento á animación dos nosos días, unha desos filmes que cheiran a algo que só obteñen un puñado de títulos senlleiros: a clásico indiscutible, a lección perenne…"
Mirito Torreiro (El País)
 
 
 
Luns 12 de xaneiro do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 • 7 Mb] VOS
 
Título: «Ciutat Morta» · Ciudad Muerta 
(Cidade Morta) 
Ano: 2014 
País: España 
Director: Xavier Artigas e Xapo Ortega 
Guionista: Xavier Artigas e Xapo Ortega 
Música: Las CasiCasiotone 
Fotografía: Xavier Artigas e Xapo Ortega 
Xénero: Documental 
Duración: 120 min.
Produtora: Metromuster 
Distribuidora: 3BoxMedia 
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.87:1 
Idiomas: castelán e catalán · VOS (versión orixinal subtitulada)
Sipnose:
Xuño do 2013, un grupo de 800 persoas entran nun cinema abandonado do centro de Barcelona para proxectar un documental. Unha vez dentro, mudan o nome do edificio: o antigo Palacio do Cinema chámase a partires de agora Cinema Patricia Heras. Quen foi Patricia? Por que decidiu quitarse a vida? E o máis importante Que ten que ver Barcelona coa súa morte? Unha acción de desobediencia, con forte contido simbólico e un gran impacto mediático, que busca -por medio da historia de Patricia- dar a coñecer a outra cara de Barcelona, a Cidade Morta.
Premios e mencións:
2014 · Festival de Málaga: mellor documental.
Crítica:
"«Ciutat Morta» é unha bomba que xa empezou a estalar o corazón dunha Barcelona que si quere vivir debe mirar a realidade á cara…"
Albano Dante Fachin Pozzi (cafeambllet.com)
 
 
 
Mércores 14 de xaneiro do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 • 17'6 Mb] VOS
 
Título: «Magical Girl» 
Ano: 2014 
País: España
Director: Carlos Vermut 
Guión: Carlos Vermut 
Música: Alessio Nanni e Daniel de Zayas 
Fotografía: Santiago Racaj 
Reparto: Luis Bermejo, José Sacristán, Bárbara Lennie, Lucía Pollán…
Duración: 127 min.
Produtora: Aquí y Allí Films | Canal+ España 
Distribuidora: Avalon 
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital DTS-SDDS 
Idiomas: castelán  · VO (versión orixinal)
Sipnose:
Luis (Luis Bermejo), un mestre de literatura en paro, trata de facer realidade o último desexo da súa filla Alicia (Lucía Pollán), unha nena de 12 anos, que padece un cancro terminal: ter o vestido oficial da serie xaponesa de debuxos animados «Magical Girl Yukiko». O elevado prezo do vestido levará a Luis a pór en marcha unha insólita e escura cadea de chantaxes. Nestas circunstancias, coñece a Bárbara (Bárbara Lennie), unha fermosa xove que sofre trastornos mentais, e a Damián (José Sacristán), un mestre retirado cun tormentoso pasado. Os tres quedarán atrapados nunha escura rede, na que instinto e razón entran en conflito.
Premios e mencións:
2014 · Festival de San Sebastián: Concha de ouro (mellor filme) e mellor director.
Crítica:
"Unha fábula moral escuramente intrigante, dunha hábil composición e elegantemente austera…" 
Jonathan Holland (The Hollywood Reporter)
 
 
 
Luns 19 xaneiro 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 • 17'1 Mb] VOS
 
Título: «Der Banker: Master of the Universe» · Confesiones de un Banquero
(Confesións dun Banqueiro)
Ano: 2013
País: Alemaña
Director: Marc Bauder 
Guión: Marc Bauder
Música: Bernhard Fleischmann 
Fotografía: Boerres Weifenbach 
Reparto: Rainer Voss, Angela Merkel… 
Duración: 88 min.
Produtora: Bauderfilm | NGF Geyrhalterfilm 
Distribuidora: Parallel40 
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital Atmos 
Idiomas: alemán e inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Os verdadeiros amos do universo non son nin os políticos, nin os exércitos, nin os gobernos. Os verdadeiros amos do universo son os bancos de investimentos. Un poderoso banqueiro alemán nos amosa unha inquietante visión das súas emocións, motivacións e predicións, namentras nos desvela un universo paralelo de ingresos desorbitados e presión despiadada. Descubrimos un sistema que ailla aos banqueiros do resto do mundo e convérteos en incapaces de reflexionar sobre o seu propio traballo.
Premios e mencións:
2014 · Premios do cinema Europeo: mellor documental.
Crítica:
"Así, o ton de «Confesións dun Banqueiro», máis íntimo que divulgativo, achegase moito máis ao que xa acadaba a interesante «Margin Call» (J.C. Chandor, 2011) á hora de perfilar o carácter de veteranos e recén chegados á profesión. …"
Arantxa Acosta (cinedivergente.com)
 
 
 
Mércores 21 de xaneiro do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 • 4'5 Mb] VOS
 
Título: «Deux jours, une nuit» · Dos días, una noche 
(Dous Días, Unha Noite)
Ano: 2014
País: Bélxica
Director: Jean-Pierre Dardenne e Luc Dardenne 
Guión: Jean-Pierre Dardenne e Luc Dardenne 
Fotografía: Alain Marcoen e Radomir Vasilevsky 
Reparto: Marion Cotillard, Fabrizio Rongione, Pili Groyne, Simon Caudry…
Duración: 95 min.
Produtora: Les Films du Fleuve | Archipel 35 | Eyeworks Film & TV Drama NV | France 2 Cinéma 
Distribuidora:  Wanda Visión  
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital 
Idioma: fancés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Sandra dispón só dun fin de semana para ir ver aos seus colegas e convencelos de que renuncien á súa paga extraordinaria para que ela poida conservar o seu traballo. O seu marido acompáñaa para apoiala.
Premios e mencións:
2014 · Festival de Cannes®, Seminci de Valladolid: sección oficial longametraxe a concurso :: NBR: mellores filmes estranxeiros do ano :: Círculo de Críticos de New York, Premios do Cinema Europeo: mellor actriz (Marion Cotillard) :: Satellite Awards, Critics Choice Awards, Críticos de Chicago: 2 nominacións mellor filme estranxeiro e mellor actriz (Cotillard).
Crítica:
"Un suspenso social digno do seu modelo lumetiano, tan honesto como contundente, tan lúcido como delicado, que nunca perde o seu nervio narrativo…"
Philipp Engel (Fotogramas)
 
 
 
Luns 26 de xaneiro do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 • 15'6 Mb] VOS
 
Título: «Saibi» · The Fake
Ano: 2013
País: Corea do Sur
Director: Yeon Sang-ho 
Guión: Yeon Sang-ho 
Música: Jang Youngkyu e Youli Galperine 
Xénero: Animación 
Duración: 101 min.
Produtora: Studio Dadashow 
Distribuidora: Mediatres Estudio 
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital 
Idioma: coreano · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Nun pequeno pobo de Corea do Sur que está a piques de ser alagado pola construción dunha presa, os habitantes caeron baixo o feitizo dun carismático pastor evanxelista, quen lles prometeu un novo fogar e un lugar no ceo a cambio dos seus aforros. No medio de toda esta corrupción irrompe Min-chul, o violento e agresivo borracho do pobo que acaba de saír do cárcere, e o único que non parece caer nas mentiras e enganos do pastor como o resto de veciños. Unha falsidade en que todo o pobo parece acomodarse, e algo que Min-chul non está disposto a permitir.
Premios e mencións:
2014 · Festival de Annecy: sección oficial longametraxes a concurso.
2013 · Festival de Gijón: mellor filme de animación (ex aequo) :: Festival de Sitges: mellor filme de animación.
Crítica:
"Unha acusación feroz e pouco sutil sobre a relixión organizada (…) Deseñada de maneira agresivamente desagradable, o filme mantén, no entanto, unha certa imprevisibilidade.…"
Justin Chang, (Variety)
 
 
 
Mércores 28 de xaneiro do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 • 19'6 Mb] VOS
 
Título: «Pozitia copilului» · Madre e hijo
(Nai e Fillo) 
Ano: 2013
País: Romanía
Director: Calin Peter Netzer 
Guión: Razvan Radulescu e Calin Peter Netzer 
Fotografía: Andrei Butica 
Reparto: Luminita Gheorghiu, Bogdan Dumitrache, Florin Zamfirescu, Natasa Raab… 
Duración: 112 min.
Produtora: Parada Film | Hai-Hui Entertainment 
Distribuidora: Golem Distribución 
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 2.35:1 · Estéreo
Idioma: Romanés · VOSE (Versión Orixinal Subtítulada ao Castelán)
Sipnose:
Unha noite, un home de trinta e dous anos, que conduce o seu coche a unha velocidade moi superior á establecida, atropela a un neno que morre pouco despois. Ao temerario condutor agárdalle unha pena de prisión de entre tres e quince anos, pero a súa nai, unha arquitecta da clase alta de Romanía, tentará evitalo por todos os medios.
Premios e mencións:
2013 · Festival de Berlin: Oso de ouro (mellor filme) :: Premios do Cinema Europeo: nominación á mellor actriz (Luminita Gheorghiu)
Crítica:
"É unha melodrama claustrofóbico (…) Hai moitas escenas que dan medida da mestría en xogo (…) Pero o gran final conquista o sobresaliente.…"
Jordi Costa, (El País)
 
 
 
Luns 2 de febreiro do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 • 18'8 Mb] VOS
 
Título: «Tian zhu ding» —A Touch of Sin—  
(Un Toque de Violencia) 
Ano: 2013
País: China
Director: Jia Zhang Ke 
Guión: Jia Zhang Ke 
Música: Giong Lim 
Fotografía: Yu Likwai 
Reparto: Jiang Wu, Meng Li, Lanshan Luo, Baoqiang Wang…
Duración: 130 min.
Produtora: Xstream Pictures 
Distribuidora: Golem Distribución 
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital 
Idioma: mandarín, cantonés, dialectos de Shanxi e de Sichuan, inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Dahai, un mineiro exasperado pola corrupción dos dirixentes do seu pobo, decide pasar á acción. San'er, un emigrante, descobre as infinitas posibilidades que lle ofrece a súa arma. Xiaoyu, recepcionista nunha sauna, non soporta máis o acoso dun cliente rico. Xiaohui pasa dun traballo a outro en condicións cada vez máis degradantes. Catro personaxes, catro provincias, unha reflexión sobre a China contemporánea: unha sociedade cun desenvolvemento económico colosal que convive cunha enorme violencia.
Premios e mencións:
2013 · Festival de Cannes®: mellor guión (Jia Zhang Ke) :: Independent Spirit Awards: nominación ao mellor filme estranxeiro.
Crítica:
"«Un toque de violencia» é densa, poderosa e terrible.…"
Carlos Boyero, (El País)
 
 
 
Mércores 4 de febreiro do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 • 29 Mb] VOS
 
Título: «Mommy»  
Ano: 2014
País: Canadá
Director: Xavier Dolan 
Guión: Xavier Dolan 
Música: Eduardo Noya 
Fotografía: André Turpin 
Reparto: Anne Dorval, Antoine-Olivier Pilon, Suzanne Clément, Alexandre Goyette… 
Duración: 139 min.
Produtora: Metafilms | SODEC | Super Écran | Téléfilm Canada 
Distribuidora: Avalon Distribución Audiovisual 
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.25:1 · Estéreo
Idioma: inglés e francés · VOSE (Versión Orixinal Subtítulada ao Castelán)
Sipnose:
Unha viúva debe facerse cargo do seu problemático fillo de 15 anos que sofre un trastorno por déficit de atención con hiperactividade. Nai e fillo esfórzanse para encaixar e levar a súa obrigada convivencia o mellor posible. A chegada de Kyla, unha nova veciña, marcaralles. Xuntos atoparán un novo equilibrio e recobrarán a esperanza.
Premios e mencións:
2014 · Festival de Cannes®: premio do xurado :: Independent Spirit Awards, Críticos de Chicago: nominada ao mellor filme estranxeiro :: Satellite Awards: 2 nominacións incluindo mellor filme de fala non inglesa.
Crítica:
"«Mommy» é cinema do todo falto de mesura e disciplina, pero o seu poder é incuestionable." 
.…"
Manuel Piñón, (Cinemanía)
 
 
 
Luns 9 de febreiro do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 • 7'4 Mb] VOS
 
Título: «Yut doi jung si» —The Grandmaster—  
  
Ano: 2013
País: Hong Kong
Director: Wong Kar-Wai 
Guión: Wong Kar-Wai, Xu Haofeng e Zou Jinzhi 
Música: Shigeru Umebayashi 
Fotografía: Philippe Le Sourd 
Reparto: Tony Leung Chiu Wai, Zhang Ziyi, Zhao Benshan, Chang Chen… 
Duración: 130 min.
Produtora: Block 2 Pictures | Jet Tone Production | Sil-Metropole Organisation | Annapurna Pictures 
Distribuidora: Golem Distribución 
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital 
Idioma: mandarín · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Un relato sobre as artes marciais e a alma da civilización chinesa. Dous mestres de Kung fu, Ip Man (Tony Leung), o home que adestrou ao mítico Bruce Lee, e a bela Gong Er (Zhang Ziyi) reúnense na cidade natal de Ip Man en vésperas da invasión xaponesa de 1936. O pai de Gong Er, un gran mestre de renome, tamén viaxa a esa cidade para a cerimonia da súa xubilación, que terá lugar no lendario bordel O pavillón de ouro. Historia de traizón, honra e amor que se desenvolve na tumultuosa época que seguiu á caída da última dinastía chinesa, un tempo de caos e guerra, pero tamén unha época de ouro das artes marciais en China.
Premios e mencións:
2013 · Oscars™: 2 nominacións, mellor fotografía e mellor vestiario :: NBR: Top filmes estranxeiros do ano :: Festival de Berlin: sección oficial longametraxes (fora de concurso).
Crítica:
"Unha obra inmensa, inconmensurable…"
Luis Martínez (El Mundo)
"Wong Kar-Wai recupera o mellor de se mesmo, que é, ao mesmo tempo, o de sempre e o nunca visto (…)"
Jordi Costa (El País)
 
 
 
 
Mércores 11 de febreiro do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 • 17'1 Mb] VOS
 
Título: «Kis uykusu» —Winter Sleep— · Sueño de invierno 
(Soño de Inverno)  
Ano: 2014
País: Turquía
Director: Nuri Bilge Ceylan 
Guión: Ebru Ceylan e Nuri Bilge Ceylan 
Fotografía: Gökhan Tiryaki 
Reparto: Haluk Bilginer, Melisa Sözen, Demet Akbag, Nadir Saribacak… 
Duración: 195 min.
Produtora: Zeynofilm | Memento Films Production | Bredok Filmproduction 
Distribuidora: Golem Distribución 
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 2.35:1 · Estéreo
Idioma: turco · VOSE (Versión Orixinal Subtítulada ao Castelán)
Sipnose:
Aydin, un actor xubilado, dirixe un hotelito en Anatolia central coa axuda da súa nova esposa, da que está moi distanciado, e da súa irmá, unha muller triste porque se acaba de divorciar. No inverno, a medida que a neve vai cubrindo a estepa, o hotel convértese no seu refuxio e no escenario da súa aflición.
Premios e mencións:
2014 · Festival de Cannes®: palma de ouro e premio FIPRESCI :: premios do cinema Europeo: 3 nominacións, incluíndo mellor filme.
Crítica:
"Con problemas, é unha película impresionante (…) «Soño de Inverno» amósanos a un Ceylan tan minucioso psicoloxicamente —ao seu xeito— como o fose Ingmar Bergman (…)"
Xan Brooks, (The Guardian)
 
 
 
Lembrade que non se permite a entrada unha vez comezada a proxección e algunhos dos filmes do ciclo, non son recomendables a menores de dezaseis anos
E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados para este ciclo, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moitísimo os vosos comentarios. Agardamos que gocedes e sexades partícipes do cineclube, sen vós non somos nada.
¹
Aquelas proxeccións con aviso de gratuídade para socios e socias, non exime de solicitarlle aos non asociados/as, que liquiden os oportunos custes proporcionais de mantenemento, e da actividade xeral do cineclube, xunto co 
IVE actual do 21
%.
 
Nesta tempada, estímase en 1 
€ para as actividades de balde; un recargo ao prezo do socio nas sesión normais de 50 céntimos para as sesións de filmoteca (2 + 0,50) e 1 euro para as sesións do ciclo (4 + 1).
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario