A música soa no mes de abril con cinco filmes en catro escenarios distintos e en VOS (Versión orixinal subtítulada).
 
Aparte do habitual, dos mércores na Casa de Cultura; salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11),  hai música (e cine) no Café cultural El Pueblo,  Café Pop  Torgal e  Café cultural Auriense. Agardamos bailedes cos seguintes filmes …
Atentos aos días e distintos lugares!
  4
Abr.
2017
Mer.
«Marley»
Dirixido por Kevin Macdonald ·(2012)
Documental sobre a vida, música e legado de Bob Marley. É a primeira película autorizada pola familia do cantante, o que permitiu o uso de material privado sobre a súa vida.
Premios
2012: Premios BAFTA: Nomeada a mellor documental
2012: British Independent Film Awards (BIFA): Nomeada a Mellor documental
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
  18 e 21 h. (CEST) na Biblioteca Pública de Ourense
  socios/as 4 € (consultar non asociados/as). 
  5 Abr. 2017  
Xov  
«La mazorka mecánica» A mazorga mecánica
Dirixida por Nikone Cons · (2012) 
Documental sobre o grupo de Hip-Hop Los Chikos do Maíz. Nel cóntannos a evolución do grupo desde os seus inicios á actualidade, a súa denuncia ante a Audiencia Nacional ao ser tratados de terroristas e a súa experiencia ao pasar por Venezuela.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN: 
COTA: 
  20:30 h. (CEST) no Café Cultural «El Pueblo», Ourense
 De balde     
  
  10
Abr.
2017
Mar.
«One More Time with Feeling»
Dirixida por Andrew Dominik · (2016)
Un documental que ía ser sobre un novo disco de "Nick Cave and the Bad Seeds" quedou marcado polo lamentable falecemento do fillo de Nick, Arthur, que con só 15 anos caeu por un cantil en novembro do 2015 en Brighton. A traxedia transformou o que ía ser un documental musical sobre as sesións de gravación, nun estudo sobre a dor, a perda e a forma na que esta afecta á creación artística.
Premios
2016: Festival de Venecia: Sección oficial (Fóra de concurso)
Premios
2016: Festival de Venecia: Sección oficial (Fóra de concurso)
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
  20:30 h. (CEST) no Café Pop «Torgal», Ourense
 De balde     
  
  11
Abr.
2017
Mer.
«Chavela»
A cantante Chavela Vargas gañou un nome por si mesma primeiro en México e máis tarde en todo o mundo principalmente pola súa interpretación de rancheiras tradicionais. Estas cancións eran compostas principalmente por homes e na súa maioría falaban de amor non correspondido polas mulleres, o cansazo do mundo e a soidade. Chavela interpretábaas co seu propio ritmo e a súa voz áspera e vulnerable. O material inédito desta película, así como as entrevistas coa propia Chavela e os seus contemporáneos, colegas e parellas, deron como resultado un cariñoso retrato dunha artista carismática e excepcional, que foi abertamente lesbiana ao longo da súa vida.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
  18, 20:30 e 23 h. (CEST) na Biblioteca Pública de Ourense
  socios/as 4 € (consultar non asociados/as). 
  12 Abr. 2017  
Xov  
«De un tiempo libre a esta parte» Dun tempo libre a esta parte
Dirixida por Beatriz Alonso Aranzábal · (2015) 
Unha visión excitante e reflexiva dun tempo que deu orixe á Movida madrileña, e aporta as voces de persoas que participaron como creadores e espectadores, formando parte de grupos musicais de principios dos anos 80.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN: 
COTA: 
  20:30 h. (CEST) no Café cultural«Auriense», Ourense
 De balde     
  
 
 

Ningún comentario:
Publicar un comentario