26/05/14
«Much Ado About Nothing» · Moito ruído e poucas noces
19/05/14
«Oh Boy»
Ano: 2012
País: Alemaña
Director: Jan Ole Gerster
Guión: Jan Ole Gerster
Música: The Major Minors e Cherilyn MacNeil
Fotografía: Philipp Kirsamer
Reparto: Tom Schilling, Marc Hosemann, Friederike Kempter, Justus von Dohnányi, Michael Gwisdek…
Duración: 83 min.
Productora: Schiwago Film | Chromosom Filmproduktion | Hessischer Rundfunk | ARTE
Distribuidora: Surtsey Films
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · B/N · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: alemán · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
12/05/14
«Frances ha»
Ano: 2012
País: Estados Unidos
Director: Noah Baumbach
Guionistas: Noah Baumbach e Greta Gerwig
Música: George Drakoulias, Britta Phillips e Dean Wareham
Fotografía: Sam Levy
Reparto: Greta Gerwig, Mickey Sumner, Adam Driver, Michael Esper, Grace Gummer…
Duración: 86 min.
Productora: Scott Rudin Productions | RT Features | Pine District Pictures
Distribuidora: Avalon Distribución Audiovisual
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · B/N · Ratio 2.35:1 (16:9) · Dolby dixital
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
11/05/14
programación maio—xuño 2014
Corremos para non perder o futuro, pero… que pasa co noso presente, non estaremos a perdernos algo con tanta velocidade?
Invitamosche a desfrutar sen presas deste ciclo, que dimos por chamar «Branco e Negro» (ou «Black & White»), unha posición auténtica de forza ou manifesto polos novos cineastas e que pretende ser tamén unha postura implícita de reflexión perante as nosas aceradas vidas.
Os filmes propostos amosan emocións pola textura cromática das imaxes, van a contracorrente nos movementos de cámara, no uso dos efectos especiais, recuperando as esencias da nouvelle vague, ou free cinema británico, cun ton de negrura semellante ao cinema indie americano dos anos 70 e no que encaixaría bastante ben, calquera tema do californiano Tom Waits para ambientar esta descarnada negrura, ainda que inocentemente apostamos polo vigués Leo de Ondas Martenot, para presentarche o avance visual [.mp4 • 8'2 MB] do «ciclo B&W» para estas semanas de maio—xuño.
Sesións: *
Os luns ás 20:30 e 23 h. — Cota de entrada xeral: 2 €
Os mércores ás 18, 20:30 e 23 h — Cota de entrada xeral: 4 €
Os socios e socias que asistan á sesión do luns de filmoteca na mesma semana, teñen desconto dun euro na sesión dos mércores.
Lugar:
Biblioteca pública (casa da Cultura), rúa Concello 11
Lembrade por favor, que NON se permite a entrada unha vez comezada a proxección e a utilización de móbiles.
Así pois, do 14 de maio ao 11 de xuño, os mércores en duas cores (branco e negro) e os luns de filmoteca, a todo cor. Agardamos que gocedes connosco tanto, como o pracer que tivemos ao escoller obras tan excelsas da cinematografía actual, sede felices! e grazas pola vosa asistencia e comentarios neste blogue e nas redes sociais nas que participamos.




