11/11/16

programación novembro 2016

«Próxima estación: Islandia»

O cinema islandés non amosa os arquetipos que flúen na nosa cabeza cando relacionamos ao cinema realizado no extremo noroeste de Europa, foxen das melopeas eternas e o suicidio dos seus irmáns finlandeses, tampouco teñen preocupacións existenciais como o cinema nórdico; o cinema insular practica un discurso (tanto político como económico) afastado das influencias xerais que se desenvolven no continente.

Analizamos moi sucintamente, o estado de graza da súa recente filmografía, pola que obtiveron loureiros no Festival de San Sebastián ou na Seminci de Valladolid


cartaz programación
«Próxima estación: Islandia» · cartaz deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Completamos a programación de novembro, coa programación do  (CGAI) os luns ás 20:30 e 23 h. agás para o filme de «Homeland (Iraq Year Zero)» no que só teremos unha única sesión (20:30 h) dividida en dúas xornadas (días 21 e 28 de novembro).

Embarca connosco nesta viaxe a historias inauditas, cheas de imaxinación como a banda sonora de «Of Monsters and Men» do noso avance [.mp4 • 20'2 MB] e goza dunhas fermosísimas paraxes, incólumes…


ciclo «próxima estación: Islandia»

Proxéctase durante o mes de novembro na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

Sesións de Filmoteca · novembro 2016

Proxéctase durante o mes de novembro e decembro de 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. agás os días 21 e 28 de novembro no que só temos unha única sesión, ás 20:30 h, os seguintes filmes …

15/09/16

programación setembro—outubro 2016

«Tránsito: Asia»

«Miradas Etnograficas» 4

Neste tempo moderno e individualista, onde as historias de amor, ciumes, morte, sexo e traizóns, ademais dos paradoxos da vida e as súas debilidades conforman unha levidade do ser, insoportábel e pesado.
Nesta lixeireza, de amor e sentimentos, con todo, ten que tratar cun mundo que é duro como unha pedra. O xénero, drasticamente novo, do cinema contemporáneo é basicamente un intento de atopar un xeito de tratar con esa pesada carga no amor e sentimentos individuais, ou simplemente a carga sobre a súa existencia.

Dende fai uns anos, o cinema asiático amosa unha radical renovación no linguaxe visual, diante da supremacía da estética e ideoloxía occidental, Asia ten unha visión e un xeito moi preciso e particular, que ven desde unha inicial fase orientalista na que se interpretaba a dito cinema como de «contraste», pasou a ser unha zona emerxente de cultura cinematográfica incuestionábel xa para todo o mundo.


cartaz programación
«Tránsito: Asia» 2016 · cartaz deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Está é unha pequena mostra, que seguramente ampliaremos no futuro con máis etapas, un primeiro tránsito que agardamos gocedes connosco, coas mesmas premisas que nos derradeiros exercizos, os mesmos horarios e días: luns de filmoteca coa programación do  (CGAI) ás 20:30 e 23 h. e os mércores (ciclo «Tránsito: Asia») ás 18, 20:30 e 23 h, as mesmas cotas (os descontos son exclusivamente para aos socios/as) e as nosas teimas (puntualidade e móbiles apagados).

Sede pois, benvidos/a s a nova tempada do cineclube, ao cinema nun cuarto escuro (como a situación política actual), que precisa acubillar espectadores/as desexosos de recibir emocións coma ti.

O noso primeiro avance ten unha banda sonora, talvez demasiado alfúfaros, despois dunha orxía degustativa de sake, pretende revelar visualmente [.mp4 • 27'89 MB] os filmes que compoñen este ditoso ciclo, que de seguido podedes ollar xunto cos outros filmes da programación…