Proxéctase os mércores dos meses de febreiro—marzo de 2015 na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: 18, 20:30 e 23 h, agás o 25 de marzo que por mor da longa duración, temos só dúas sesións, ás 18 e 21:30 h.
Cota xeral de acceso para os socios/as de 4 €, non socios/as de 5 € (+ IVE)…
mércores 25 de febreiro do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 21'8 MB] VOS
 
Título: «Love is Stranger» · El amor es extraño 
(O Amor é Estrano)  
Ano: 2014
País: Estados Unidos
Director: Ira Sachs  
Guión: Ira Sachs e Mauricio Zacharias 
Fotografía: Christos Voudouris 
Reparto: John Lithgow, Alfred Molina, Marisa Tomei, Darren Burrows… 
Duración: 94 min.
Produtora: Parts & Labor Films | Charlie Guidance | Mm…Buttered Panini Productions | Sony Pictures Classics 
Distribuidora: Golem 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital  
Idioma: inglés e ruso  · VOSE (versión orixinal subtítulada en castelán)
Sipnose:
  
Cando en 
2011 se legaliza en 
New York o matrimonio homosexual, 
Ben e 
George, que levan 39 anos xuntos, deciden casar. Pouco despois, despiden a 
George sen explicación ningunha da escola católica onde ensinaba música e perden o seu piso en 
Chelsea. Unha parella gai de policías acolle a 
George, e 
Ben vaise vivir á casa do seu sobriño en 
Brooklyn. Verse obrigados a vivir na casa allea, o esforzo por ser amables máis a preocupación por un futuro incerto son motivos de estrés para todos.
Premios e mencións:
2014 · Premios Gotham: nominada ao mellor filme :: 
Independent Spirit Awards: 4 nominacións incluíndo mellor filme :: 
Satellite Awards: 2 nominacións incluíndo mellor filme.  
Crítica:
 
"Moitos, sospeito, emocionaranse até chorar con «O amor é estraño» (…) Non porque esaxere as situacións dramáticas, senón polas súas notas de graza e os silenciosos feitizos emitidos por un grupo de actores en estado de graza"
Michael Phillips (
Chicago Tribune) 
 
 
 
 
mércores 4 de marzo do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 12'2 MB] VOS
 
Título: «Loreak» · Flores 
 
Ano: 2014
País: España
Director: José María Goenaga e Jon Garaño  
Guión: José Mari Goenaga, Jon Garaño e  Aitor Arregi
Música: Pascal Gaigne 
Fotografía: Javier Agirre 
Reparto: Josean Bengoetxea, Nagore Aranburu, Ane Gabarain, Gotzon Sanchez … 
Duración: 99 min.
Produtora: Irusoin | Moriarti Produkzioak 
Distribuidora: A contracorriente films 
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital 
Idioma: eúscaro  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
  
A vida de 
Ane dá un xiro cando semanalmente comeza a recibir de forma anónima un ramo de flores na súa casa. Pola súa banda as vidas de Lourdes e Tere tamén se ven afectadas por unhas misteriosas flores. Un descoñecido deposita cada semana un ramo en memoria de alguén que foi importante nas súas vidas. Esta é a historia de tres mulleres, tres vidas alteradas pola mera presenza dunhas flores. Flores que farán xermolar nelas sentimentos que parecían esquecidos… Pero á fin e ao cabo, non son  máis que flores.
Premios e mencións:
2014 · Premios 
Goya®: 2 nominacións incluíndo mellor filme.
Crítica:
 
"Tan encantadora e belamente construída como as frores do seu título (…) unha dos mellores filmes en éuscaro que xamais se fixesen nunca"
Jonathan Holland (
The Hollywood Reporter)  
 
 
 
 
mércores 11 de marzo do 2015
 
Velo avance do film: 
You Tube [.mp4 • 23'5 MB] VOS
 
Título: «Short Term 12» · Las Vidas de Grace 
(As Vidas de Grace) 
Ano: 2013
País: Estados Unidos
Director: Destin Cretton  
Guión: Destin Cretton 
Música: Joel P. West 
Fotografía: Brett Pawlak 
Reparto: Brie Larson, John Gallagher Jr., Kaitlyn Dever, Stephanie Beatriz… 
Duración: 96 min.
Produtora:  Cinedigm | Animal Kingdom | Traction Media 
Distribuidora: La Aventura Audiovisual 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital 
Idiomas: inglés  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:  
Grace (Brie Larson)  é unha moza de vinte e tantos anos que traballa como supervisora en 
Short Term 12, un centro de acollida para adolescentes en situación de vulnerabilidade. Encántalle o seu emprego e vive entregada ao coidado dos rapaces. Pero ao mesmo tempo, pesa sobre ela un pasado conflitivo que a chea de angustia. A raíz do ingreso no centro dunha rapaza intelixente e inqueda, decátase de que non pode seguir eludindo os problemas que arrastra dende a infancia.
Premios e mencións:
2013 · Festival de Locarno: selección oficial de longametraxes a concurso :: 
Seminci de Valladolid: sección oficial a concurso :: Premios 
Gotham: mellor actriz (
Brie Larson)
Crítica:
 
"Temas sensibles abordados coa sutileza do que quere emocionar e cativar pola vía da naturalidade (…) un filme marabilloso… " 
David Broc (
Fotogramas) 
 
 
 
 
mércores 18 de marzo do 2015
 
Velo avance do filme: 
You Tube [.mp4 • 13'2 MB] VO
 
Título: «Hermosa juventud» · (Fermosa Xuventude) 
Ano: 2014
País: España
Director: Jaime Rosales  
Guión: Jaime Rosales 
Música: Juan Gómez-Acebo 
Fotografía: Pau Esteve Birba 
Reparto: Ingrid García Jonsson, Carlos Rodríguez, Juanma Calderón, Inma Nieto… 
Duración: 100 min.
Produtora: Fresdeval Films 
Distribuidora: Wanda vision 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital 
Idiomas: castelán · VO (versión orixinal)
Sipnose:
  
Natalia e Carlos son dous mozos namorados que loitan por sobrevivir na España actual. Os seus limitados recursos impídenlles satisfacer os seus desexos. Non teñen grandes ambicións porque non albergan grandes esperanzas.
Premios e mencións:
2014 · Festival de 
Cannes®: sección oficial «
Un Certain Regard» :: Premios 
Goya®: nominada á mellor actriz revelación (
Ingrid García Jonsson) 
Crítica:
 
"Os actores novos rebordan naturalidade, os diálogos e as situacións son cribles, nada resulta de balde ou soa a impostura. É unha boa e necesaria película.… " 
Carlos Boyero (
El País) 
 
 
 
 
mércores 25 de marzo do 2015
 
Velo avance do film: 
You Tube [.mp4 • 15 MB] VO
 
Título: «Leviafan» · (Leviatán)
Ano: 2014
País: Rusia
Director: Andrei Zvyagintsev  
Guión: Andrei Zvyagintsev e Oleg Negin. 
Música: Philip Glass 
Fotografía: Mikhail Krichman 
Reparto: Vladimir Vdovichenkov, Elena Lyadova, Aleksey Serebryakov, Anna Ukolova… 
Duración: 141 min.
Produtora: Sergey Melkumov | Alexander Rodnyansky | Marianna Sardarova 
Distribuidora: Golem distribución 
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS 
Idioma: ruso  · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:  
Kolia vive nunha vila ás beiras do mar de Barents, ao norte de Rusia. Ten un taller de mecánica ao carón da súa casa, onde vive coa súa nova esposa e o seu fillo, froito dunha relación anterior. O  alcalde do pobo está decidido a apropiarse da casa e do taller de 
Kolia custe o que custe. Primeiro intenta mercar o terreo, pero 
Kolia non está disposto a vender.
Premios e mencións:
2014 · Premios 
Oscar®: nominada ao mellor filme de fala non inglesa :: Globos de Ouro: mellor filme de fala non inglesa
Crítica:
 
"Un drama tráxico, sobrio e convincente (…) Interpretada e dirixida cunha ambición inquebrantable, movéndose cunha deliberada lentitude, acelerando periodicamente nos momentos de gran dramatismo e suspense… " 
Peter Bradshaw (
The Guardian)
 
 
 
 
Lembrade que non se permite a entrada unha vez comezada a proxección e os filmes do ciclo, agás o da sessión especial (recomendable a partires de sete anos), non son recomendables a menores de dezaseis anos.
E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados para este ciclo, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moitísimo os vosos comentarios. Agardamos que gocedes e sexades partícipes do cineclube, sen vós non somos nada.
¹
Aquelas proxeccións con aviso de cota de acceso de balde, para os socios e socias, non exime de solicitarlle aos non asociados/as, que liquiden os oportunos custes proporcionais de mantenemento, e da actividade xeral do cineclube, xunto co 
IVE actual do 21
%.
 
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario