Amosando publicacións coa etiqueta O amor é estrano. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O amor é estrano. Amosar todas as publicacións

21/02/15

programación febreiro—marzo 2015


Estamos nunha época de prevalecencia mediática, de códigos superficiais e ruíns, onde o máis profundo e rebelde, heroicamente pódese ver ás veces, no cinema. Nesta fiestra ao mundo, existen condutas fora do común, amores diferentes, outras adolescencias lonxe dos estereotipos sociais, que enfróntase ao contexto actual, á costume e a un aparente paraíso cívico chamado civilización.

Vivimos mergullados agora mesmo baixo a opresión da produtividade, da débeda, das costumes… dominados pola cobiza que manipula o noso tempo; sen respectar outros espazos, ocultos sempre por falta de tempo ou simplemente agardando de pequenos cambios, que nos revelen… nun abrir e pechar de ollos, sen cambiar de butaca, diferentes espellos do mundo para enfrontar outras realidades.


programación febreiro-marzo 2015
Cartaz da programación de febreiro—marzo 2015, deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Non tema, «A contracorrente», non o deixará indiferente e pode ademais, librar batallas nunca antes reflexionadas. Coma sempre no canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 4'5 MB] deste ciclo e de seguido, os filmes que o compoñen. Agradecemos moito a vosa participación e comentarios.


ciclo «A Contracorrente»

Proxéctase os mércores dos meses de febreiro—marzo de 2015 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: 18, 20:30 e 23 h, agás o 25 de marzo que por mor da longa duración, temos só dúas sesións, ás 18 e 21:30 h.
Cota xeral de acceso para os socios/as de 4 €, non socios/as de 5 € (+ IVE)…