Proxéctase durante o mes de novembro e decembro do 2015 na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. agás o 30 de novembro que só temos unha sesión ás 20:30 h. os seguintes filmes …
30 Nov. 2015 
Lun. 
«Ceramic Tango»
 
 Dirixida por Patricia Chico · (2013)
 Un asasino axexa e atormenta a un mozo de Montreal que tocou fondo emocionalmente.  
Comparte o evento ❯❯
«Trydno byt bogom» · Que Difícil é ser un Deus
 
 Dirixida por Aleksey German · (2013)
 Uns científicos son enviados ao planeta Arkanar, onde a civilización quedouse estancada en plena Idade Media. Nese mundo, un dos investigadores é tomado polo fillo ilexítimo de Deus. Épica adaptación da novela dos irmáns Strugatski, rodada e montada durante máis dun decenio.  
Comparte o evento ❯❯
14 Dec. 2015 
Lun. 
«Galicia al Día»
 
 Dirixida por Amando Hermida Luaces · (1962)
 Documenta a vida de Galicia para a emigración. Versión restaurada e dixitalizada polo CGAI (Filmoteca de Galicia). A parte 1 (Ourense e Pontevedra) na primeira sesión e a parte 2 (A Coruña e Lugo) na segunda sesión.  
Comparte o evento ❯❯
Horarios CUT+1 
Lembrar que esta tempada, temos a proba, a avaliación do filme segundo a programación vai desenvolvéndose, deste xeito, tedes unha ligazón no comentario de cada evento para encher unha pequena enquisa sobre o filme que vexas.
Axúdanos coa túa participación e tamén, a espallar os eventos do cineclube Padre Feijoo.   
 
 

Ningún comentario:
Publicar un comentario