Proxéctase durante o mes de novembro e decembro do 2015 na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. agás o 30 de novembro que só temos unha sesión ás 20:30 h. os seguintes filmes …
29/11/15
22/10/14
ciclo «Cinema e Memoria»
Cada venres, do 24 de outubro ao 7 de novembro, na Biblioteca Pública (rúa Concello 11, Ourense), nunha única sesión: ás 18 h. e con entrada de balde, para celebrar o día das Bibliotecas e o mes da ciencia, programamos un ciclo de sesións especiais «Cinema e Memoria», grazas a colaboración da Biblioteca Pública, Goethe-Institut e DocsBarcelona
Velaquí tedes, de seguido, os filmes seleccionados e un avance visual do ciclo [. mp4 • 4'6 Mb], que como sempre o podedes ollar no canle de You Tube do cineclubePF.
09/10/14
Sesións especiais: ciclo «cinema e memoria»
Cada venres, do 24 de outubro ao 7 de novembro, na Biblioteca Pública (rúa Concello 11, Ourense), nunha única sesión: ás 18 h. e con entrada de balde, para celebrar o día das Bibliotecas e o mes da ciencia, programamos un ciclo de sesións especiais «Cinema e Memoria», grazas a colaboración da Biblioteca Pública, Goethe-Institut e DocsBarcelona, os seguintes filmes:
venres 24 de outubro do 2014
Día Internacional das Bibliotecas
(Na procura da Memoria)
Ano: 2008
País: Alemaña
Director: Petra Seeger
Guión: Petra Seeger e Eric Kandel
Música: Walter W. Cikan, Marnix Veenenbos, Petr Spatina e Bernhard Fleischmann
Fotografía: Robert Winkler e Mario Masini
Reparto: Eric Kandel, Markus Giefing, Angelika Kropej…
Duración: 95 min.
Produtora: FilmForm Köln GmbH | WDR | ORF | ARTE | Institute for Science and Technology Austria
Distribuidora: Goethe-Institut
Exhibición: Dixital DV d · Cor · Ratio 1.78:1 · Dolby dixital
Idiomas: alemán e inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Un retrato de Eric Kandel, premio Nobel e probablemente o neurocientífico máis importante da actualidade. Un home maior fascinante, a quen Petra Seeger observa en New York, Viena e Cahors. Kandel fala das súas investigacións científicas e da relación destas coa súa vida: cando era un neno e vivíu o Holocausto.
Premios e mencións:
2009 · Imagine Science Film Festival, New York.
2010 · WPA Film Festival: premio do público :: Atlanta Jewish Film Festival :: Rio de Janeiro International Jewish Film Festival.
Crítica:
"Un retrato apaisoante (…) unha xenerosa introducción a alguen do que paga a pena coñecer e que sabe unha chea"
A.O. Scott · (The New York Times)
venres 31 de outubro do 2014
(Conecta e prega)
Ano: 2010
País: Alemaña
Director: Jens Schanze
Guión: Jens Schanze
Música: Rainer Bartesch
Reparto: Joseph Weizenbaum, Raymond Kurzweil, Hiroshi Ishiguro, Minoru Asada, Giorgio Metta…
Duración: 95 min.
Produtora: MaschaFilm | Bayrische Rundfunk
Distribuidora: Goethe-Institut
Exhibición: Dixital DV d · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital 5.1
Idiomas: alemán, italiano, inglés e xaponés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
«Plug & Pray» é un filme documental tan crítico como informativo e cheo de humor, que trata sobre a construcción de máquinas intelixentes e sobre o pioneiro neste eido da investigación: Joseph Weizenbaum (1923—2008). Centrase principalmente non tanto nos detalles técnicos, senón máis ben nas implicacións éticas, inclusive relixiosas, que conleva o desenvolvemento de intelixencias artificiais.
Premios e mencións:
2010 · Bavarian Film Award: premio mellor documental :: Paris International Science Film Festival: gran premio do xurado :: Mostra de Ciencia e Cinema da Coruña: primeiro premio ao mellor filme.
Crítica:
"O filme de Schanze establece un equilibrio entre forma e contido, cunha pulida técnica…."
Robert Koehler · (Variety)
venres 7 de novembro do 2014
(Tolos polas partículas)
Ano: 2013
País: Estados Unidos
Director: Mark Levinson
Guión: Mark Levinson
Música: Robert Miller
Fotografía: Wolfgang Held e Claudia Raschke
Reparto: Martin Aleksa, Nima Arkani-Hamed, Savas Dimopoulos, Monica Dunford, Fabiola Gianotti…
Duración: 99 min.
Produtora: Anthos Media
Distribuidora: Parallel 40
Exhibición: Dixital DV d · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital 5.1
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
«Particle Fever» segue a historia de seis brillantes científicos que tratan de desentrañar os misterios do universo, documentando os éxitos e os fracasos no avance científico máis significativo e inspirador do planeta.
Premios e mencións:
2013 · Sheffield Doc/Fest., Yorkshire (Reino Unido): premio mellor documental.
Crítica:
"«Particle Fever» é un filme fascinante sobre a ciencia, e unha emocionante, reveladora e as veces conmovedor filme sobre os científicos."
A.O. Scott · (The New York Times)




