Amosando publicacións coa etiqueta A íncrible historia de Macareno e a puta miragrosa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A íncrible historia de Macareno e a puta miragrosa. Amosar todas as publicacións

27/03/14

programación abril 2014 (I)

Morrerse, non deixa de ser un cruel proceso da vida. Ese proceso inevitable, transita pola maduración con descubrimentos sexuais, namoramentos, frustracións… e un longo engadido de perdas, tan longas e duras, como a distancia que percorremos ata chegar ao noso destino.


cartaz programación abril 2014 · cineclubePF
Deseño do cartaz: Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

A vida, testemuña cíclica dos nosos estímulos, volta alborotada este ano con varias propostas cinematográficas, que como podedes ollar, alteraranvos o suficiente para combater os tópicos, abrir prexuízos, e descubrir as perdas da vida, ás escuras e… en silencio. Non permitades perder as oportunidades desta primavera



Sesións:
Os luns as 20:30 e 23 h. — Cota de entrada xeral: 2 €*
Os mércores as 18, 20:30 e 23 h* — Cota de entrada xeral: 4 €
Sábado 29/03/2014: sesión especial de curtas «Grito curto» as 17 h. — Entrada de balde.

* agás o mércores 2 de abril, que será as 18 e 21:30 h.
Os socios e socias que asistan á sesión do luns, na mesma semana, teñen desconto dun euro na sesión dos mércores.

Lugar:
(casa da Cultura), rúa Concello 11

Proxeccións en VO e VOS; filmes non recomendados para menores de 16 anos. Lembrade por favor, que Non se permite a entrada unha vez comezada a proxección.

Este é o noso programa de oportunidades primaverais: