Amosando publicacións coa etiqueta Orgullo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Orgullo. Amosar todas as publicacións

25/05/22

Programación maio - xuño de 2022

Filmoteca CGAI

Primavera Musical

VII Ciclo do colexio de médicos

Sesións extraordinarias + >[Abre outra xanela]


Tras dous anos complicados (e pandémicos) de ausencia do cine musical nos lugares habituais da música ao vivo da cidade, recuperamos a Primavera musical con cinco filmes en catro escenarios distintos.

Neste tempo de perdas e dificultades lembramos a un amigo da música (e dos músicos) no café Pop Torgal, xunto coa estrea de filmes inéditos, como a evolución da música da escena musical de Berlín, o punk galego e mesmo filmes de culto que dilapidan e profetizan un vendaval de recordos e sensacións.




«PM-2022»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


"Se ti tes pánico escénico, un ollo clínico
médico, un teste cínico-técnico
Que podes esperar?
Aínda que fose científico
máxico, esotérico, de México
o que quixera é facerche bailar"... (1)
como o adianto en vídeo [.mp4 • 20'7 MB] que anuncia a programación.

Non esquezan o último filme da tempada da filmoteca e as outras interesantes e extraordinarias propostas que se programan na sala do cineclube; aparte desta Primavera musical.
Por último, lembrar que tedes á vosa disposición as follas de sala de cada proxección no seguinte enlace [Abre outra xanela].



15/06/21

Sesións extraordinarias de xuño

A petición da comisión organizadora do Orgulho 2021 e do Colexio de médicos de Ourense, proxectaremos extraordinariamente dous filmes para tratar sobre a Lei de liberdade sexual e sobre a eutanasia (está última, vaise debatir en poucos días no Congreso). Atención aos días e horarios únicos, e diferentes, do acostumado.



01/05/15

ciclo «comedia Amarga»

Proxéctase os mércores dos meses de maio—xuño de 2015, na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: 18, 20:30 e 23 h; a cota xeral de acceso para os socios/as é de 4 €, non socios/as de 5 € (+ IVE) os mércores, tendo a posibilidade de bonificación dun euro, se asistes nesa mesma semana ao «luns de filmoteca»