05/01/18

Programación xaneiro - febreiro 2018

Filmoteca

Ciclo Imaxinario

Extra: IV Ciclo de cine e medicina

Sesión especial


Durante a ocupación das fábricas e as reivindicacións obreiras de finais da década dos sesenta nas localidades francesas de Sochaux e Besançon, un grupo de cineastas, liderado por Chris Marker, Jean-Luc Godard e Bruno Muel, achegáronse a filmar aos activistas obreiros. O rexeitamento que os filmes produciron nos obreiros levou aos realizadores militantes a propoñerlles que se filmaran eles mesmos. Así xurdiron Os Grupos Medvedkin, ou "Numax presenta" de Joaquin Jordá, e logo un cento de cineastas que construíron un imaxinario social instituínte e autónomo... como diría Edgar Morin o imaxinario explícase de xeito que un homo sapiens é tamén un homo demens. A sociedade críase ao través de imaxinarios sociais que vinculan aos homes e mulleres e dan sentido ao seu accionar.

Así as relixións, ideoloxías ou as utopías políticas proporcionan crenzas comúns que estruturan un vínculo social a través dun imaxinario colectivamente compartido. Esas son precisamente parte das historias que presentamos neste novo ciclo, unha serie de transformacións sobre o real grazas á imaxinación.



«Imaxinario» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Antes de pensar? imaxina! A imaxinación é o proceso de creación e de deformación das imaxes...en silencio e ás escuras nunha sala cinematográfica, como se dunha catedral fose, pode voltarnos inmortais; o noso corazón pode ter esperanzas e expectativas, pode namorarse e viaxar por moito tempo, como as sensacións que transmite a música que acompaña o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] da programación, baseado dunha canción orixinal da compositora brasileira Zélia Duncan, interpretado con apenas 19 anos por Tanita Tikaram no seu primeiro disco. Que vos preste. Ollo aos horarios...


(Sesións diferentes ao habitual; 10, 15 de xaneiro, 2, 5 e 7 de febreiro)

Ciclo imaxinario

Proxéctanse os mércores entre xaneiro e febreiro de 2018, no salón de actos da Biblioteca pública de Ourense #CasaDaCultura (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:


(Pregamos atención aos horarios do 10 de xaneiro e 7 de febreiro)


Sesións de filmoteca de xaneiro e febreiro de 2018


Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, proxectamos os seguintes filmes:


(Atentos ás únicas sesións, e de balde, do 15 de xaneiro e do 5 de febreiro)

02/11/17

Programación de novembro e decembro de 2017

Miradas etnográficas

Semana da ciencia

Filmoteca CGAI

Ciclo Incertezas

Sesión especial: O día + curto...Javier Fesser


Cal será o noso futuro? Vivimos nun mundo cambiante e non só...polos avatares fronteirizos envoltos en bandeiras. Movémosnos ás escuras á deriva dun mercado global que impón as súas normas por enriba da xustiza social; son tempos de axustes, postmodernidade, intelixencia artificial, tempos modernos ou como diría Bauman "Tempos líquidos".

Na selección de películas para rematar este ano, con vidas fragmentadas sen respostas definitivas, guiounos ese tránsito interior, para ver un mundo en evolución permanente.





«Incertezas» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Como sempre o avance da programación é acompañado cunha ambientación musical, neste caso coa cantante portuguesa Márcia. avance visual [.mp4 • 20'7 MB] Non teñan medo deste mundo de incertezas, e como "Mal menor" acompáñenos na escuridade da sala, como si dunha caverna platónica, na procura de utopías, emocións e sabedoría.


(Atentos, aos horarios do 8 de novembro e 11 de decembro)