29/12/18

O día do cinema doméstico

«Home Movie Day» · O día dos filmes caseiros


Home Movie Day é unha celebración das películas caseiras e amateurs. Unha oportunidade para recordar porqué nos importan estes filmes de maneira colectiva e ante unha audiencia aberta. As túas películas familiares son máis importantes e interesantes do que crees! Estes filmes son, pola súa propia natureza, incompletos, non teñen nin principio nin final, unha montaxe estritamente cronolóxica, indiferenza total polo espazo e o tempo e aínda por riba os "actores" non paran de ollar a cámara... O cine doméstico existe para ser complementado polos seus protagonistas, os membros desa familia. Non precisan de coherencia nin estrutura narrativa xa que esta habita nos recordos de aqueles que as viviron. O que conta é o traballo realizado en común polas familias para reconstruír o seu pasado. Velaí que a súa coherencia non sexa importante, estas películas son un evento en sociedade, a construción da súa coherencia é a finalidade mesma da sesión de proxección.




«Home movie day» é un evento internacional para recuperación de filmes caseiros


01/11/18

Programación de novembro e decembro de 2018

Filmoteca CGAI

Sesións crepusculares

Miradas etnográficas

Sesións especiais

O día + curto


Nas sesións crepusculares, percorremos unha viaxe por aquelas formas de vida e de heroes que desaparecen... cansos, morriñentos, críticos, desencantados, sucios, resignados, acabados ou atormentados... Todos están abocados a dar paso á "civilización" e a desaparecer como o ano que remata.





«Sesións Crepusculares» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Como sempre o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] da programación é acompañado cunha ambientación musical, neste caso co grupo "Clap your hands and say yeah".

Que a difusión alongada do crepúsculo nos acompañe na procura de utopías, emocións e ilusións. Atención aos horarios e as sesións especiais dos días 12, 17 e 20 de decembro.


Sesións crepusculares


Proxéctanse os mércores de novembro e decembro de 2018, no salón de actos da Biblioteca pública de Ourense #CasaDaCultura (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:


Sesións de filmoteca de novembro e decembro de 2018


Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase durante os meses de novembro e decembro na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …