03/04/23

Programación abril 2023

Sesión especial

VIII Ciclo do colexio de médicos

Primavera Musical

Filmoteca CGAI


Días incertos e noites frescas anúncianse para unha nova primavera. Abrigamos no solpor dos días cinco propostas coa música de fondo, onde recuperamos a programación da Filmoteca de Galicia - CGAI con Márta Mészáros a ritmo Beat, os ritmos urbanos de Lisboa, o punk; coas variantes electrónicas e rebeldes dos Sleaford Mods ou das influenzas Queer, mesturando todo ademais cunha viaxe sensorial e humorística de Matthew Herbert. Cremos provocar así o suficiente contraste como do calor do mediodía ás noites de chaqueta. Este é o tempo da primavera...e da música, do que agardamos gocedes co adianto en vídeo [.mp4 • 15'3 MB] que preparamos.





«PM-2023»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Pregamos unha atención particular á Sesión especial coa que colaboramos nos actos dos Amigos da república e como sempre coa programación do Colexio de médicos.



Primavera musical 2023


Chega a sétima edición da Primavera musical aos bares habituais nos que programan concertos. Aparte da proxección na casa da cultura de Ourense (rúa Concello 11), hai música (e cine) no Café cultural Auriense, Café Pop Torgal e El Pueblo café cultural.

23/02/23

Programación marzo 2023

Ciclo Discordancias

Sesións maxistrais

Filmoteca CCPF

VIII Ciclo Colexio de médicos

Sesións extraordinarias [Abre outra xanela]


Antes que a luz asedie á primavera e se proclamen novas fantasías de promesas quiméricas a incumprir, temos que convidar á emoción da escuridade na sala de cine. Baixaremos aos sotos da historia, nunha sesión maxistral que inauguramos exclusivamente para socios/as.

Prometemos non clausurar a xanela de angurias cun filme premonitorio dunha pandemia na nova colaboración co Colexio de médicos. Podemos e debemos prometer un subidón de contos... ou unha tranquila viaxe desde a filmoteca dos luns (na Casa da cultura).

Nos filmes seleccionados do ciclo (no Teatro principal) tomamos como punto de partida a razón humana, a cal inevitablemente cae en discordancia.

O mundo ten un principio (un límite) no tempo e no espazo, aínda que tamén é infinito no tempo e no espazo.
Ese mundo componse do simple (indivisible), mais sabemos que non hai nada simple, todo é complexo.
Existen causas libres ou non existe ningunha liberdade, pois todo é natureza (ou sexa, necesidade).
Na serie das causas universais hai algún ser necesario ou pola contra non hai nada necesario, todo é casual.




«marzo 2023»· cartel realizado por Gael Carballo (CCPF)


Conclúese así que unha tese é tan demostrable loxicamente como a antítese. Kant afirmaba que a razón é contraditoria. Dos 4 filmes que presentamos nos albores desta primavera conformamos evidentes discordancias que fan sospeitar que talvez o inverno nunca nos abandonará ... Pode a verdade ser contraditoria? Pode un actor cómico asustarnos tanto ou un retrato agónico darnos tanta vida repleta de emocións? Pode unha sinple resonancia magnética nuclear (RMN) facer unha radiografía da complexa deriva da Europa actual?
Podemos ver neste ciclo virtudes e miserias? ...como na vida mesma.

Á vosa disposición temos un avance en vídeo na canle de «You Tube» [.mp4 • 20'7 MB] e as oportunas follas de sala [Abre outra xanela].

Pregamos atención á singularidade dalgunhas sesións programadas (en martes e xoves).


Ciclo Discordancias

Durante o mes de marzo de 2023 proxectaremos no Teatro principal de Ourense (Rúa da Paz, 9) o ciclo Discordancias que a continuación detallamos; pregando atención ao 16 de marzo (xoves) distinto día dos habituais e lembrando, que podedes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]