Amosando publicacións coa etiqueta Ciclo Colexio de médicos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciclo Colexio de médicos. Amosar todas as publicacións

14/04/25

Programación de abril a xuño de 2025

Sesións de filmoteca

Sesións de ciclo dos mércores

Primavera musical

X Ciclo Colexio de médicos

Sesión extraordinaria [+]

Sesión especial



Renace a pesar de todo, a natureza e os corazóns das persoas. Mentres as flores agroman nunha especie de oda á renovación, propoñemos varios filmes para festexar con música e ao mesmo tempo rescatamos outras que, gostaríanos chegaran antes. En calquera caso, benvidos ao caos, positivo, que xera a primavera e que agardemos nos renove a todos un pouco.




«Abril-Xuño 2025»·(cineclupePF)


Se vos presta ollar, ver e bailar, temos este avance visual [.mp4 • 24'3 MB], e xa sabedes que tamén temos á vosa dispoción, aquí as follas de sala de cada filme.

A continuación o detalle da programación que se estenderá ata primeiros de xuño, co prego da atención ás distintas ubicacións da Primavera musical.



12/10/22

Programación de outubro a decembro de 2022

Filmoteca CGAI

Comedias de outono

VII Ciclo Colexio de médicos

Cine de outono en Ribadavia

Sesións extraordinarias + >[Abre outra xanela]


Como mostrar e facer comprensible o sentido tráxico da grotesca realidade? Acaso a realidade en xeral é tan grotesca que nin Valle-Inclán foi quen de imaxinala?

A programación coa que rematamos o ano retrata algunha realidade en clave de comedia, sen que por iso poidamos negar o absurdo, o ridículo ou a traxedia. Mesturamos o esbozo da risada coa escuridade dos curtos días de outono, con filmes luminosos, melodías e alimentos que levar ao abeiradoiro que nos protexa dos tambores de guerra e da escuridade da vella Auria que nos desgoberna.

Enfrontamos a escuridade invernal coa sublime luz da Filmoteca de Galicia, destacando unha retrospectiva de Helke Misselwitz e as sesións fulgorosas de Charles Chaplin, Buster Keaton e Alberto Vázquez.

Por último, non esquezan as dúas ultimas citas co ciclo do Colexio de Médicos e o Ciclo de Outono en Ribadavia, no que incluímos a versión orixinal (subtitulada) de Alcarrás; o último Oso de Ouro da Berlinale.




«out-dec 2022»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Na canle de «You Tube» tedes o avance visual [.mp4 • 20'7 MB], que resume a programación destes dous meses e medio.

Antes do detalle da programación, lembramos que tedes á vosa disposición as follas de sala de cada proxección no seguinte enlace [Abre outra xanela].


27/04/19

Programación para maio e xuño de 2019


Filmoteca CGAI

V Ciclo colexio de médicos

Animación

O documental do mes

Sesión especial


Da apretada axenda que programamos para rematar a primeira parte da tempada, realizamos unha escolma do cine de animación contemporáneo, sen esquecer un clásico para os máis pequenos como peche do ciclo.

Agardamos que a visión dos filmes amplie o horizonte co que se soe tomar a animación e os excite do mesmo xeito a considerar a literatura gráfica, como unha opción máis de entretenemento e aprendizaxe.



«Animación» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Como excitante é a programación prevista, non tivemos moitas máis opcións para ambientar o avance en vídeo, [.mp4 • 20'7 MB] coa canción "Teach me tiger" interpretada por April Stevens.

"Teach me tiger" é unha suxerente canción prohibida nalgúns países, que fala do amor...do primeiro amor e do desexo. Sería agradable agora que vai vir o verán tomar nota e mentres tanto, anímense cos filmes programados.