Amosando publicacións coa etiqueta Europa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Europa. Amosar todas as publicacións

31/01/19

Europa (e 2)


Proxéctanse os mércores de febreiro de 2019, no salón de actos da Biblioteca pública de Ourense #CasaDaCultura (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:


25/01/17

programación febreiro 2017

«ciclo Europa era unha Vaca»

Extra: III ciclo de Cinema e Medicina


Máis seguimos aquí (sen dar resposta aos desafíos que asolagan á vella Europa) e tampouco o pretendiamos e, deste xeito, sempre podemos voltar co tema, pois semella que a nosa crise moral e de principios non ten fin, perpetúase a paradigma da exclusión, a xenofobia e o racismo, que están a anular os valores de solidariedade e tolerancia nos que se cimentou a Unión Europea. Debería facernos reflexionar.

Dicía na introdución á , que o home ha de aspirar a ser «case como unha vaca», porque debe dedicarse a pensar coa mesma asiduidade que unha vaca rumia. Ao pensar, reflexionamos, dámoslle voltas ás cousas, en fin, rumiamos (…) e a actividade de rumiar é a que máis precisa o home/muller actual e a máis rara de atopar.

Pensar é pararse a pensar, rumiar as ideas e os acontecementos: non deixarse levar polos convencionalismos, senón enfrontarse a corpo limpo coa realidade pura e dura. Se se marxina o perigoso vicio de discorrer, todas as cousas quedan como están, e aquí paz e alá gloria. Pensamento e liberdade van sempre da man. E resulta imprescindible perder o medo ao pensamento que leva consigo o temor á liberdade.




cartaz programación
«Europa era unha vaca» · cartaz deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Aínda albergamos un raio de esperanza e agardamos non ter que darlle a razón ao nobel ruso A.  «Non teño ningunha esperanza en Occidente (…) a excesiva comodidade e prosperidade debilitaron a súa vontade e a súa razón»

A intrínseca e xenética postura Naturista que temos, nos esixiu realizar un avance visual [.mp4 • 20'7 MB] que non pararás de ollar e tararear, mentras pensas nestoutro…
«Se houbese un pobo de Deuses, se gobernarían democraticamente. Porén un goberno tan perfecto non é propio de homes»
(Contrato Social, ).

Tes dez minutos!
(Nathalie Chazeaux no filme «O Porvir» de Mia Hansen-Løve)



  1 Feb. 2017
Mérc.

«Frantz»

Dirixido por · (2016)
Unha pequena cidade alemá, pouco tempo despois da I Guerra Mundial. Anna vai todos os días a visitar a tumba do seu prometido Frantz, asasinado en Francia. Un día, Adrien, un misterioso mozo francés, tamén deixa flores na tumba. A súa presenza suscitará reaccións imprevisibles nunha contorna marcada pola derrota de Alemaña…

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4 € (consultar non asociados/as).



  6 Feb. 2017
Lun.

«Francofonia, Le Louvre Sous l’Occupation » · Francofonia

Dirixido por · (2015)
II Guerra Mundial (1939—1945). Na Francia ocupada (1940), as autoridades nazis deciden protexer a colección de pintura máis valiosa do mundo: o Museo do Louvre. Mentres Jacques Jaujard e o conde Franz Wolff-Metternich se encargaban de cumprir esta misión, grandes exércitos arrasaban Europa causando innumerábeis baixas.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2 € (consultar non asociados/as).



  8 Feb. 2017
Mérc.

«Elle»

Dirixido por · (2016)
Michèle, exitosa executiva dunha empresa de videoxogos, busca vinganza tras ser asaltada de forma violenta na súa propia casa por un intruso.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4 € (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



13 Feb. 2017
Lun.

«Les Cowboys» · A Miña Filla, A Miña Irmá

Dirixido por · (2015)
Nunha inmensa pradaría, ao leste de Francia, reúnese un grupo de amantes do estilo de vida country do afastado oeste americano. Alain baila coa súa filla Kelly, de 16 anos, mentres a súa esposa e Kid, o seu fillo pequeno, os miran. Ese mesmo día Kelly desaparece, e Alain a búscaa desesperadamente, percorrendo lugares sinistros e inquietantes. Só conta coa axuda de Kid, dispostos ambos a entregarse en corpo e alma a unha misión que parece interminable.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2 € (consultar non asociados/as).



Extra: III ciclo de cinema do Colexio de Médicos

14 Feb. 2017
Mar.

«The Broken Circle Breakdown » · Alabama Monroe

Dirixido por · (2012)
Narra a historia de amor entre Elise e Didier. Ela ten unha tenda de tatuaxes, el toca o banjo nunha banda. É amor a primeira vista, a pesar das súas diferenzas. El fala, ela escoita. El é ateo e un inxenuo romántico. Ela ten unha cruz tatuada no pescozo, e os pés no chan. A súa felicidade complétase co nacemento da pequena Maybelle; porén a nena enferma ao seis anos.

SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  4 €. Bono 6 filmes ciclo Menciña: 20 €.



15 Feb. 2017
Mérc.

«L'avenir» · O Porvir

Dirixido por · (2016)
Nathalie é unha mestra de filosofía que dá clases nun instituto de París. O seu traballo entusiásmaa e reparte o seu tempo entre os seus alumnos e a súa familia, cos seus fillos xa maiores e a súa nai algo senil. Un día o seu marido infórmaa de que vai ir con outra muller. Ese será só o primeiro dunha serie de grandes trocos que obrigarán a Nathalie a reinventar a súa vida dun día para outro.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4 € (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



20 Feb. 2017
Lun.

«Chevalier»

Dirixido por · (2015)
No medio do mar Exeo, seis homes atópanse en plena viaxe de pesca, nun luxoso iate, para xogar un xogo. Durante este xogo serán comparadas varias cousas, que serán medidas. As cancións serán areladas, e o sangue analizado. Os amigos converteranse en rivais. Pero ao final do día, cando o xogo termine, o home que gañe será «o mellor home». E poderá levar no seu dedo maimiño o anel da vitoria.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2 € (consultar non asociados/as).



22 Feb. 2017
Mérc.

«Aloys»

Dirixido por · (2016)
Aloys Adorn é un detective privado taciturno, un lobo solitario cuxo traballo consiste en filmar a outras persoas, observándoas en segredo e permanecendo invisible. Un día emborráchase e dorme nun autobús e, ao espertar, descobre que o seu cámara e as súas fitas foron roubadas. A misteriosa muller que o chama pouco despois parece ter algo que ver con iso.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4 € (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto










Por último, insistir unha vez máis, que podedes opinar sobre as propostas fílmicas presentadas, agradecemos que visites a axenda da «Feciga», onde podes atopar o listaxe dos filmes que botamos e avalialos, nos axuda a coñecer os teus gustos, ademáis de ter ao voso dispor, os comentarios deste blogue ou as redes sociais nas que participamos, onde podes expor as túas inquedanzas xerais sobre o traballo que desenvolve o cineclube e as impresións que vos suscitan os filmes programados, apreciamos moitísimo os vosos comentarios.

Gustaríanos coñecer tamén, o que pensas sobre o traballo que desenvolven, en xeral, os cineclubes, polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», de contado, moitísimas grazas polo teu tempo.

Todas as proxeccións son na Casa da Cultura, no salón de actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense).




Horarios CUT+1




ciclo «Europa era unha Vaca»     (cont.)

Proxéctase durante o mes de febreiro na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

06/01/17

programación xaneiro 2017

«ciclo Europa era unha Vaca»

Extra: III ciclo de Cinema e Medicina


Onde quedan aqueles valores democráticos de solidariedade, dignidade e liberdade sobre os que se construíu a Unión Europea? a triste e vergoñenta constatación da falta dunha estratexia firme, compartida e a longo prazo dos valores europeos fundamentais (como recolle o propio Tratado de Lisboa, respecto da dignidade humana, liberdade, democracia, Estado de Dereito e respecto dos dereitos humanos, incluídos os dereitos das persoas pertencentes a minorías).

O común dos estados membros, que debían caracterizarse por unha sociedade pluralista, de non discriminación, de tolerancia, de xustiza, de igualdade entre mulleres e homes, que precisaban dunha ilusión renovada de apertura e unión, (non só a ampliación e unha moeda única compartida entre todos os estados membros) quedou enmarcada en negro sobre branco, nunha decraración de boas intencións.
Mergullados nesta dura realidade, da nosa crise de identidade e de principios na que estamos inmersos, convén reter na nosa memoria uns versos (case premonitorios) do poeta e mestre Manuel Outeiriño…

«Europa era unha vaca, Europa era unha vaca que se perdeu, porque se puxo brava»

…talvez non tan bravos, o ciclo que vós propoñemos tenta levantar o voso e o noso ánimo, cunha migalla de retranca para historias cotiás desta Europa de principios de século.


cartaz programación
«Europa era unha vaca» · cartaz deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Completamos a programación de xaneiro, coa colaboración do Institut Français os luns ás 20:30 e 23 h. con acceso de balde e un novo ciclo co Colexio de Médicos que comeza o martes 24 ás 19:30 h.
Como sempre, no canle do cineclubePF en «You Tube» podes descubrir o noso avance visual dos filmes que de seguido os reflictimos e que compoñen o noso inicio deste ano, agardamos goces connosco!



ciclo «Europa era unha Vaca»

Proxéctase durante o mes de xaneiro na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

09/10/14

programación outubro—novembro 2014

Precisamente, que se celebra o aniversario do pasamento do pai «Feijoo», un dos célebres ilustrados do século XVIII, coinciden agora signos de sistemas políticos diferentes, porén eternamente iguais; antes era «baixo a lei de deus», e agora «baixo o poder da constitución». Posteriormente no porvir do depotismo ilustrado debuxouse, unha Europa na que todo …era polo pobo, pero sen o pobo.
Casualidades ou non á situación actual, creíamos conveniente retratar —non só a ilustración, na honra de quen temos o nome ao noso cineclube- se non tamén dunha eclética mini-viaxe dos filmes actuais de Europa, traballos con características organolépticas como o noso avance visual [.mp4 • 5'9 MB] para o ciclo «tránsito Europa».


Cartaz do ciclo «tránsito Europa» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Agardamos que os principios básicos da ilustración sigan vixentes en vós, e animen á crítica en xeral contra o establecido, e en particular, cos filmes programados, sabede que os vosos comentarios e suxestións son moi celebrados pola equipa do cineclube.

ciclo «tránsito: Europa»

Proxéctase durante o meses de outubro—novembro de 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11) nos seguintes días:
os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. agás o mércores 12 e xoves 13 de novembro, no que só hai dúas sesións, ás 20:30 e 23 h.
Cota xeral de socios/as de 4 € …