Amosando publicacións coa etiqueta François Ozon. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta François Ozon. Amosar todas as publicacións

16/01/25

Sesións de ciclo de xaneiro e febreiro de 2025

Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos entre xaneiro e febreiro de 2025, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


30/10/17

Ciclo incertezas


Proxéctanse durante os meses de novembro e decembro no salón de actos da Casa de Cultura / Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes…



25/01/17

ciclo «Europa era unha Vaca»     (cont.)

Proxéctase durante o mes de febreiro na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

22/07/15

Cinema na praza

Bestiarios do amor

A vida transcorre de batalla en batalla. Algunhas veces, as gañas, a maioría pérdelas. Pero carece de importancia, pois a dignidade está en presentar combate. As feridas da mesma, protexen o corazón. Talvez voltes máis agreste, talvez creas que estás máis insensíbel. Pero paréceche ben, é unha boa defensa, aínda que isto non sexa certo, tal como dicía o (que simpolizaba por medio da raposa, o saber escapar dunha situación difícil como signo de reputación social)

En calquera caso, as cicatrices son leccións que como bestiarios inspiran mutacións máis ou menos dramáticas das nosas vidas. Ese é precisamente o «Leitmotiv» do deste ano; os monstros que serven de espello ao ser humano, protagonistas con viaxes e aventuras, con problemas de adaptación ou amores fugaces; como cada verán, que cada vez é máis breve que o anterior.


Cinema na Praza
«Cinema na Praza: agosto 2015» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

En resumo, cinema imaxinativo, refrescante e estimulante para as noites de verán nunha única sesión, os mércores de agosto ás 22:30 h, de balde na de Ourense.

02/11/14

«Jeune et Jolie» · Noviña e Bonita

no salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), en sesións de 18, 20:30 e 23  h. e cunha cota xeral de entrada para socios/as de 4 € 

mércores 5 de novembro do 2014

cartaz do filme
Ver avance vídeo: You Tube [. mp4 • 6 Mb] VOSE

Título: «Jeune et Jolie» · Joven y Bonita
(Noviña e Bonita)


Ano:
País:
Director:
Guión: François Ozon
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , , …
Duración: 94 min.
Produtora: Mandarin Cinéma | Mars Films | France 2 Cinéma | Foz | Canal+ | Ciné + | France Televisions
Distribuidora: Golem Distribución
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 1.85:1 · HD-DTS
Idioma: francés e alemán · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Isabelle, unha moza fermosa de 17 anos que pertence a unha familia de clase alta de París, semella ter o mundo aos seus pes. Poren tras un verán no que a perda da virxindade lle resulta decepcionante, unha viaxe de autodescubrimento sexual a embarcaraa a partires do outono nunha dobre vida: estudante de día e prostituta de luxo polas tardes. Esta é a súa historia, a través de catro estacións e catro cancións.

Premios e mencións:
2013 · Premios César®: Nominada a mellor actriz revelación e secundaria.

Crítica:
"Ten o mellor de (…) un director ao que, cando lle saen ben as cousas ten un punto moi hipnótico, moi inquietante. Este film o é (…) é moi perturbadora, non é de balde."
Carlos Boyero · (El País)


Folla de sala: Jeune et Jolie [.pdf • 170 kB]



Lembrade tamén que os luns, temos «sesión de Filmoteca» 
ás 20:30 e 23 h. e cunha cota xeral de entrada para socios/as de 2 €.


Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.

(horarios CUT+1)