Amosando publicacións coa etiqueta 1998. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1998. Amosar todas as publicacións

22/07/15

Cinema na praza

Bestiarios do amor

A vida transcorre de batalla en batalla. Algunhas veces, as gañas, a maioría pérdelas. Pero carece de importancia, pois a dignidade está en presentar combate. As feridas da mesma, protexen o corazón. Talvez voltes máis agreste, talvez creas que estás máis insensíbel. Pero paréceche ben, é unha boa defensa, aínda que isto non sexa certo, tal como dicía o (que simpolizaba por medio da raposa, o saber escapar dunha situación difícil como signo de reputación social)

En calquera caso, as cicatrices son leccións que como bestiarios inspiran mutacións máis ou menos dramáticas das nosas vidas. Ese é precisamente o «Leitmotiv» do deste ano; os monstros que serven de espello ao ser humano, protagonistas con viaxes e aventuras, con problemas de adaptación ou amores fugaces; como cada verán, que cada vez é máis breve que o anterior.


Cinema na Praza
«Cinema na Praza: agosto 2015» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

En resumo, cinema imaxinativo, refrescante e estimulante para as noites de verán nunha única sesión, os mércores de agosto ás 22:30 h, de balde na de Ourense.

12/07/15

«Kirikou et la Sorcière» · Kirikú e a Meiga

mércores 15 de xullo, o último filme do ciclo «», na de Ourense (rúa Concello 11), nunha única sesión matinal, ás 11:30 h., e acceso de balde até completar o aforo (112 butacas), o filme


cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 5'8 MB] VO

Título: «Kirikou et la Sorcière» · Kirikú y la bruja
Kirikú e a Meiga

Ano:
País:
Director:
Guión: Michel Ocelot
Música:
Xénero: Animación
Reparto (voces): Doudou Gueye Thiaw, Maimouna N'Diaye, Awa Sene Sarr, Robert Liensol…
Duración: 74 min.
Producción: Les Armateurs | Odec Kid Cartoons | Monipoly Productions | Trans Europe Film | Studio O | France 3 Cinéma | RTBF | Exposure | Canal+
Distribuidora: Alta Films
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: francés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

26/06/15

ciclo «Petit cinéma»

Chega o cinema para os máis pequenos… e para toda a familia. Procurando no abrente imaxinativo dos máis cativos, propómosvos tres traballos de animación na súa versión orixinal, subtitulados ao castelán, do país galo grazas a colaboración do «» que, a bo seguro, estimularán o seu maxín ainda que non acadasen a ler todos os subtítulos.



Cartaz do ciclo «Petit cinéma» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Os filmes proxectaranse nos tres primeiros mércores do mes de xullo nunha única sesión matinal, ás 11:30 h. e acceso de balde até completar o aforo do salón de actos da (112 butacas); é doado supoñer que dito ciclo, vai dirixido especialmente para os cativos a partires de 7—8 anos, avós e avoas (acompañados ou non), estudantes da lingua francesa (aforran ir de campamento ao país veciño) e público en xeral, tedes unha quenda semanal para a vosa axenda e que de seguido vos reflictimos con máis detalle datas e historias:

09/10/14

Sesións especiais: «A Ilustración»

250 anos do pasamento do pai «Feijoo»
Conmemorando o 250 aniversario do pasamento do Pai «Feijoo», este cineclube (do que tomamos dito nome) en colaboura co CGAI, programa tres sesións especiais no fin de semana do 12—13 de outubro e o luns 14 (de filmoteca) representativos do tempo que lle tocou vivir, «A Ilustración» , cos seguintes títulos: