Amosando publicacións coa etiqueta Institut Française. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Institut Française. Amosar todas as publicacións

08/06/23

XII Marxes Fílmicas: Ucraína

A Rus de Kiev, unha federación de tribos eslavas orientais, converteuse no Estado máis grande e poderoso de Europa dos séculos IX a XI. Ese territorio foi pasando a mans de diferentes potencias invasoras: primeiro foron os mongoles, despois austrohúngaros, otománs, os tsares rusos, até que no 1917 se converte nunha das Repúblicas fundadoras da URSS.

Desde 1991 Ucraína é un país independente. Prové de cereal a medio mundo, malia que a xente non goza da prosperidade económica prometida. O ucraíno e o ruso conviven como linguas de uso cotiá. Politicamente, sofre a inestabilidade dos seus gobernos: un dos seus presidentes sufriu un intento de envelenamento, producíronse manifestacións e algaradas de índole europeísta e nacionalista -o Euromaidán-, e o seu actual dirixente, Volodímir Zelenski, saltou á fama a través dunha serie de televisión na que encarnaba o mesmo presidente do país. Pero se hai un rasgo definitorio na condición ucraína, e a súa “condenada” posición xeopolítica estratéxica, entre os cantos de serea das potencias occidentais -a UE, a OTAN- e os da veciña Rusia.

Esta encrucillada é un reflexo da súa produción cinematográfica, que se caracterizou a miúdo por un debate sobre a súa identidade propia e sobre o nivel de influencia rusa e europea. Entre os seus grandes cineastas cómpre salientar os nomes de Kira Murátova -directora, guionista e actriz-, Aleksandr Dovzhenko -pioneiro da teoría da montaxe-, Dziga Vértov -autor, entre outros, de O home da cámara e do primeiro documental ucraíno sonoro: Entusiasmo. Sinfonía do Donbass- ou Serguéi Paradzhánov -cuxo cinema poético se afastou dos dogmas do realismo socialista-.

Coa lembranza das cruentas imaxes de Eisenstein na escalinata de Odesa -O acoirazado Potemkin, 1925-, as Marxes Fílmicas 2023 poñen o foco na Ucraína contemporánea, a que vive o drama da guerra: máis de 60.000 persoas mortas e outras tantas feridas, así como 17 millóns de persoas obrigadas a desprazarse lonxe das súas casas. Catro noites de cine ao abeiro do patio do Museo Etnolóxico para reflexionar, coa colaboración do Instituto Francés, a través de diferentes xéneros fílmicos -documental, drama, comedia, musical- sobre as consecuencias da política internacional e da violencia sobre a poboación civil ucraína.

Enfocamos a vida da Ucrania recente desde varias perpectivas e experiencias para reflexionar sobre as consecuencias da política internacional e da violencia que afecta á poboación causada pola guerra.




«MF:Ucraína-2023»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Co acollemento organizativo e hospitalario do Museo etnoloxóxico, proxectaremos desta vez na cuarta e quinta semana do mes de xuño, luns e martes, os días 19, 21, 26 e 28 de xuño do 2023 nunha única sesión, ás 22:00 h., en VOSE (acceso de balde); no patio do de



26/06/15

ciclo «Petit cinéma»

Chega o cinema para os máis pequenos… e para toda a familia. Procurando no abrente imaxinativo dos máis cativos, propómosvos tres traballos de animación na súa versión orixinal, subtitulados ao castelán, do país galo grazas a colaboración do «» que, a bo seguro, estimularán o seu maxín ainda que non acadasen a ler todos os subtítulos.



Cartaz do ciclo «Petit cinéma» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Os filmes proxectaranse nos tres primeiros mércores do mes de xullo nunha única sesión matinal, ás 11:30 h. e acceso de balde até completar o aforo do salón de actos da (112 butacas); é doado supoñer que dito ciclo, vai dirixido especialmente para os cativos a partires de 7—8 anos, avós e avoas (acompañados ou non), estudantes da lingua francesa (aforran ir de campamento ao país veciño) e público en xeral, tedes unha quenda semanal para a vosa axenda e que de seguido vos reflictimos con máis detalle datas e historias: