28/02/15
«Loreak» · Flores
22/02/15
«Love is Strange» · O Amor é Estraño
(O Amor é Estraño)
Ano: 2014
País: Estados Unidos
Director: Ira Sachs
Guión: Ira Sachs e Mauricio Zacharias
Fotografía: Christos Voudouris
Reparto: John Lithgow, Alfred Molina, Marisa Tomei, Darren Burrows…
Duración: 94 min.
Produtora: Parts & Labor Films | Charlie Guidance | Mm…Buttered Panini Productions | Sony Pictures Classics
Distribuidora: Golem
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital
Idioma: inglés e ruso · VOSE (versión orixinal subtítulada en castelán)
21/02/15
programación febreiro—marzo 2015
Estamos nunha época de prevalecencia mediática, de códigos superficiais e ruíns, onde o máis profundo e rebelde, heroicamente pódese ver ás veces, no cinema. Nesta fiestra ao mundo, existen condutas fora do común, amores diferentes, outras adolescencias lonxe dos estereotipos sociais, que enfróntase ao contexto actual, á costume e a un aparente paraíso cívico chamado civilización.
Vivimos mergullados agora mesmo baixo a opresión da produtividade, da débeda, das costumes… dominados pola cobiza que manipula o noso tempo; sen respectar outros espazos, ocultos sempre por falta de tempo ou simplemente agardando de pequenos cambios, que nos revelen… nun abrir e pechar de ollos, sen cambiar de butaca, diferentes espellos do mundo para enfrontar outras realidades.
Non tema, «A contracorrente», non o deixará indiferente e pode ademais, librar batallas nunca antes reflexionadas. Coma sempre no canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 4'5 MB] deste ciclo e de seguido, os filmes que o compoñen. Agradecemos moito a vosa participación e comentarios.
ciclo «A Contracorrente»
Proxéctase os mércores dos meses de febreiro—marzo de 2015 na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: 18, 20:30 e 23 h, agás o 25 de marzo que por mor da longa duración, temos só dúas sesións, ás 18 e 21:30 h.
Cota xeral de acceso para os socios/as de 4 €, non socios/as de 5 € (+ IVE)…



