26/03/16

programación marzo—abril 2016

ciclo «Viaxes e Procuras II»

Extra: II ciclo de Cine e Medicina · Ociourense 2016


Paradoxalmente, unha vez pasada a chamada «Semana Santa» dun estado laico e aconfesional, un grupo de europeos, homes e mulleres de distintas idades, clases e posicións viaxaron con evidentes incomodidades para preservar a súa «seguridade». A bo seguro que moitos dos que quedaron «in-/voluntariamente» procuran outro significado verdadeiro de «Europa» (ou «España»), porque estamos nun tempo no que o balbordo da situación política, estaticamente empreñada, viaxa cara á deshumanización e á insolidaridade.

A proposta, que lles presentamos percorre distintos estadios, de procuras e viaxes moi actuais; como a inmigración de «», a insolidaridade de «», a loita contra o patriarcado en Turquía, a vellez en Italia, ou a simple historia que nos deixou o nazismo, que nunca deberíamos esquecer.

Acompáñenos tamén coas propostas de , e estén atentos ás proxeccións extras das xornadas de agroecoloxía, igualdade, e .


cartaz ciclo «Viaxes e Procuras II»
Cartaz do ciclo «Viaxes e Procuras II» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

«Vamos acender unha cacharela, cando chegue a noite, e esperar as palabras, nun azul xeado… para construir un novo abrigo de prata» como di Sigur Rós en «Varúô» a música do noso avance visual, sede benvidos/as a nosa proposta, ao cinema en versión orixinal subtítulada (VOS), tanto na de Ourense como no . No canle de «You Tube», teñen a posibilidade de ollar o noso avance visual [.mp4 • 2 MB] deste ciclo e de seguido, os filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa participación e comentarios.

ciclo «Viaxes e Procuras» II

Proxéctase durante o mes de marzo e abril de 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

Sesións de Filmoteca · marzo—abril 2016

Proxéctase durante o mes de marzo e abril de 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

11/02/16

programación febreiro—marzo 2016

ciclo «Tránsito: Europa II»
Extra: II ciclo de Cine e Medicina · Ociourense 2016

Fai 70 anos, despois das consecuencias da segunda guerra mundial, Winston Churchill pronunciou un histórico discurso na Universidade de Zurich, no que alentaba á creación dos Estados unidos de Europa, non cun obxectivo mercantil, do que é tristemente en exclusiva agora, se non para mellorar o nivel de vida dos cidadáns e a cooperación entre os estados da vella Europa.

En pleno baño sanguinario no Kurdistán e Siria, …Europa non ten respostas a este mundo bipolar, non existe solidaridade nen dereitos humanos; a estratexia europea, viaxa polos camiños da desregulación e privatización do público, en sendeiros de desemprego e deflación salarial, e incluso con pontes de restricción economicista, que alcanza cotas de esperpento en España incluso, coa liberdade de expresión ou decisión (tanto individual como colectiva).

Este é o asfalto da situación actual que, cons distintas estacións, visitamos nesta segunda parte do tránsito europeo; unha guerra de independencia, a soidade e despersonalización do individuo, e temas tan universais como o amor, a cobiza e a corrupción, que xunto coas propostas da filmoteca dos luns, agroman historias que cremos necesarias… agardemos que a sátira xudicial actual, se ausente, por adulterio coa liberdade.



ciclo «tránsito: Europa II» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Coma sempre, unha fermosa voz ilustra a nosa banda sonora do avance visual [.mp4 • 30'4 MB] do ciclo, sabendo que podemos ser malos por un día (e heroes), porén sempre saberemos que nos falta algo, tristes á vez polo que xa perdimos.