Como sempre por estas datas, volta cinema na praza, máis imaxinativo, refrescante e estimulante para as noites de verán nunha única sesión, este ano será os luns de agosto ás 22 h, acceso de balde na praza de San Marcial de Ourense.
27/07/16
24/06/16
Marxes Fílmicas
Ofrecémosvos o necesario antídoto cultural á vaga deportiva que nos asoballa, será no patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia, como aperitivo do elixir da Mostra Internacional de Teatro.
Nesta edición das «Marxes Fílmicas» presentámosvos unha escolma do cinema brasileiro, grazas á colaboración da Embaixada de Brasil (Embaixada do Brasil) en Madrid, onde poderás ollar filmes que doutro xeito serían inaccesibles pola distribución convencional.
As fitas proxéctanse na primeira e segunda semana do mes de xullo, os luns e mércores, os días 4, 6, 11 e 13 de xullo do 2016 nunha única sesión, ás 22:30 h. en VOSE e acceso de balde.
De seguido o detalle da programación:
09/06/16
ciclo «Petit Cinéma»
Voltamos, de novo, a presentar un cinema especial para os máis cativos (e tamén para toda a familia).
O cineclube Padre Feijoo, a Biblioteca Pública de Ourense e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) organizan un miniciclo de cinema, con 2 perlas da mellor animación tradicional feita en Brasil e Irlanda.
06/05/16
programación maio—xuño 2016
«Mosaico»
Extra · II ciclo de Cine e Medicina · Ociourense 2016
A piques de rematar a primeira parte do ano, o facemos cun conxunto de teselas fílmicas no que ademáis inserimos a programación do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e sesións especiais, un mosaico de diversidade que agardamos emocione o espíritu cautivo das musas.
Talvez sexamos esixentes demais, Talvez… como expoñía Prince soñamos si podemos, cun xardín, un océano de floridas violetas… neste mundo máis desabrigado, agora si, é cando choran as pombas; como non podía ser menos, a nosa banda sonora corresponde ao avance visual [.mp4 • 18'1 MB] deste mosaico, rinde tributo ao xenio de Minnesota.
Por último, lembrar que podedes opinar sobre as propostas fílmicas presentadas, en cada evento de Google+ tedes unha ligazón cara a enquisa e tamén, na nosa páxina específica para avaliar os vosos gustos. ¹
Interésanos coñecer tamén, o que pensas do traballo que desenvolve este cineclube (ou calquera dos cineclubes de Galicia ao que podas asistir), polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a enquisa da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», de contado, moitísimas grazas por facer o cineclubePF connosco.



