Proxéctanse durante os meses de novembro e decembro no salón de actos da Casa de Cultura / Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes…
30/10/17
Ciclo incertezas
Sesións de filmoteca de novembro-decembro de 2017
Dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase durante os seguintes luns de novembro e decembro; ás 20:30 e 23 h. (agás a única sesión do 11 de decembro) os seguintes filmes…
«Nostalgia de la luz» Nostalxia da luz
A sesión, comezara previamente coa proxección da curtametraxe:
«Einstein-Rosen»
Rodada no Barrio das Flores da Coruña.
Comparte o evento ❯❯
«La idea de un lago» A idea dun lago
Premios
2016: Festival de Locarno: Competición Internacional
Comparte o evento ❯❯
«Fuocoammare» Lume no mar
Premios
2016: Premios Oscar: Nomeado a mellor documental
2016: Premios César: Nomeada a Mellor documental
2016: Festival de Berlín: Oso de Ouro - mellor película
2016: Premios do Cine Europeo: Mellor documental
2015: Premios David dei Donatello: 4 nom. incluíndo Mellor película e director
Comparte o evento ❯❯
«Berberian Sound Studio»
Premios
2012: Festival de Locarno: Sección oficial
2012: Festival de Sitges: Sección oficial
2012: British Independent Filme Awards: Mellor director e mellor actor (Toby Jones)
2013: BAFICI: Mellor película
Comparte o evento ❯❯
«Voyage à travers le cinéma français» As películas da miña vida
Premios
2016: Premios César: Nomeada a Mellor documental
Comparte o evento ❯❯
27/09/17
Outubro de 2017
Sesións de outubro
Filmoteca CGAI
A Revolución rusa é un dos acontecementos máis importantes do século XX, non só polo que supuxo para o Imperio ruso, que pasou a ser a URSS, senón pola transformación radical da economía e a sociedade soviética.
Detemos a mirada, en tres filmes sobre a historia rusa, xunto cos últimos filmes cataláns e unha xoia, recuperada do cine checo de ciencia ficción.
Persuadidos da situación doente e case revolucionaria actual, concordamos con Manu Chao, na letra de "Outro mundo"...soñei outro mundo tan lonxe e tan preto...e serve de ambientación musical, ao avance visual [.mp4 • 20'7 MB] da programación que vos presentamos, que ocupará o mes de outubro ata o OUFF, e que volverá oportunamente, despois do mesmo.
(Atentos, aos horarios do 17 e 19 de outubro)
Agardamos gocen.
Sesións de filmoteca de outubro de 2017
Dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase durante os seguintes luns de outubro ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

