22/03/18

Programación de abril de 2018

«Primavera musical»

«Filmoteca CGAI»


Despois da auga, chega por fin a primavera...e de novo un ano máis, coa música medrarán todas as pequenas cousas da vida.
O avance visual [.mp4 • 20'3 MB] que adianta este ciclo coa canción «Those little things» é de Ramón Mirabet.



Cartel «Primavera Musical» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)



Atentos aos días e distintos lugares!


Primavera musical 2018


A música soa no mes de abril con cinco filmes en catro escenarios distintos e en VOS (Versión orixinal subtítulada).

Aparte do habitual, dos mércores na Casa de Cultura; salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), hai música (e cine) no Café cultural El Pueblo, Café Pop Torgal e Café cultural Auriense. Agardamos bailedes cos seguintes filmes …

Sesións de filmoteca de abril 2018

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase durante o mes de abril na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

15/02/18

Programación febreiro - marzo 2018

Filmoteca

Ciclo Retratos e derivas

Extra: IV Ciclo de cine e medicina

Sesión especial


Retratos e derivas, presenta unha secuencia de emocións, loitas femeninas, desencontros da vida, derivas do amor, retratos de familia, a política e outras cousas debuxadas extraordinariamente.



«Retratos e derivas» · Deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


O avance visual [.mp4 • 20'7 MB] completo, da programación ata a semana santa, saudámolo coa versión que o grupo galego "Oh Ayatollah" (Volve a canción protesta), que fixeron sobre a orixinal de "Los planetas"...quero repetir axiña, non podo esperar!
...e case non podemos esperar, porque temos novidade, (en probas) que debe esperar até o próximo 21 de marzo para espectadores/as con algunha discapacidade audiovisual.

Gocen, si ninguén o impide.