23/04/15
«Frank»
16/04/15
«Sunshine on Leith» · Amanece en Edimburgo
(Amence en Edimburgo)
Ano: 2012
País: Reino Unido
Director: Dexter Fletcher
Guión: Stephen Greenhorn
Música: Paul Englishby
Fotografía: George Richmond
Reparto: Peter Mullan, Antonia Thomas, Jason Flemyng, Freya Mavor, George MacKay…
Duración: 100 min.
Produtora: Black Camel Pictures | DNA Films
Distribuidora: Filmax
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
09/04/15
«God Help the Girl»
Ano: 2014
País: Reino Unido
Director: Stuart Murdoch
Guión: Stuart Murdoch
Fotografía: Giles Nuttgens
Reparto: Emily Browning, Olly Alexander, Hannah Murray, Cora Bissett …
Duración: 111 min.
Produtora: Barry Mendel Productions | British Film Company | HanWay Films | Amplify
Distribuidora: Avalon
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
04/04/15
«20,000 Days on Earth» · 20.000 Días na Terra
(20.000 Días na Terra)
Ano: 2014
País: Reino Unido
Director: Iain Forsyth e Jane Pollard
Guión: Iain Forsyth e Jane Pollard
Música: Nick Cave
e Warren Ellis Fotografía: Erik Wilson
Reparto: Nick Cave, Susie Cave, Warren Ellis, Darian Leader, Kylie Minogue…
Duración: 95 min.
Produtora: BFI | Film4 | Pulse Films
Distribuidora: Avalon
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby Dixital
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada en castelán)
28/03/15
programación abril 2015
A programación deste abril ven cargada de simbolismos, indefinidos e embriagados (despois de recuperar felizmente o convenio co Centro Galego de Artes da Imaxe «CGAI») deste xeito, vos presentamos nos «luns de filmoteca», filmes relacionados coa bela arte de pintar; Para o resto deste mes, establecendo certa analoxía ca pintura de Botticelli «A primavera» e as regras musicais, vos propoñemos unha inxente harmonía de estilos musicais dispares, un concerto co espírito da natureza, con abundancia de elementos, persoaxes e posturas a retratar.
Existe unha convicción xeral sobre a música, sobre o seu poder para aliviar as melancolías dos deprimidos e deter a furia dos violentos. A piques de estrear esta primavera, que ben puidera vir recortarda (neste caso, non polo goberno, senon polas influenzas estacionais e caprichosas do tempo), tentaremos reconducir a mobilización hormonal que nos asexa, ao ritmo duns sons e imaxes incandescentes, un bulebule entre o noso espazo habitual da Biblioteca Pública, e outros espazos (recoñecidos pola súa programación musical) como son, o Café Pop Torgal, Café cultural «El Pueblo» e no Café cultural Auriense (aos cales agradecésmoslle a súa colaboración).
Poderás ollar nestes locais, os avances dun fin de festa espectacular!, que programamos na última semana de abril (na Biblioteca pública, proxeccións todos os día da semana). Atentos pois, porque algún destes filmes inesquecíbeis, só podéranse ver nun único pase.
Aventura o teu corazón a ritmos efervescentes, libera as túas endorfinas co sentido de humor dalgún dos filmes, e que florezan as túas emocións con inéditas imaxes, para dar a benvida a esta «Primavera de música» como se merece e combater -si así fora- o sentimento de impotencia.
Este programación está libre de hipersensibilidades, mais se tes algunha dúbida, consulta co… farnacéutico; porén, tamén podes seguir as túas propias intuicións, xa deberías saber que, o cineclube, poucas veces defrauda, non si?
Coma sempre no canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 7'2 MB] deste ciclo e de seguido, os filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa participación e comentarios.
ciclo «Primavera de Música»
Proxectaremos neste ciclo, os martes, mércores e xoves do mes de abril de 2015 no salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións os mércores: 18, 20:30 e 23 h. como é habitual, e os demáis días (martes, xoves e venres) só dúas sesións, ás 20:30 e ás 23 h.
A cota xeral de acceso para os socios/as é de 4 €, non socios/as de 5 € (+ IVE) os mércores, tendo a posibilidade de bonificación dun euro, se asistes nesa mesma semana ao «luns de filmoteca»
Os martes, xoves e venres a cota xeral de acceso para socias/os é de 2 €, non socios/as de 2'5 € (+ IVE).
Temos programación especial deste ciclo noutros lugares, no seguinte ligazón tes máis información dos filmes, datas e horarios.





