Amosando publicacións coa etiqueta cinebox. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cinebox. Amosar todas as publicacións

20/10/13

Programación outono 2013

De seguido presentámosvos os filmes que compoñen a programación de outono deste ano, non sen antes advertirvos, do cambio de lugar de proxección, que volta a ser (despois de 9 anos) a , no salón de actos da Biblioteca nodal de Ourense.

ciclo Love
Cartaz do ciclo «Love» deseñado por Iñaki Nóvoa do cineclupePF



A cota xeral por pase, segue a ser a mesma que a do ano pasado (4 euros), e polo momento non podemos aplicar descontos nin venda anticipada.

O día e horario tamén segue inalterable, mércores, as 18, 20:30 e 23 horas e non se permitirá a entrada unha vez comezada a proxección, polo que vos pregamos puntualidade (aparte de apagar os dispositivos móbiles) e xa de paso, para axudarnos, poderíades vir co cambio xusto de moedas, evitar traer billetes grandes.

A principal razón para este troco, ven dada pola situación do , propietario do Cinebox de Ourense, que se quedou cunha parte da taquilla dos ciclos de e .
A débeda reclámouse e, aínda hoxe, non sabemos o que poderemos recuperar do seis mil e pico euros, que nos deben. Alén diso, tamén tivemos que pagar o IVE por anticipado, e como sabedes o imposto non axuda moito ao cine, e menos a unha asociación cultural coma a nosa.

O cineclube, sen axudas públicas directas, fixo un enorme esforzo para readaptar como sala cinematográfica, o vello salón de actos da rúa Concello. Resumindo ao xeito dun teletipo, instalamos un novo equipo de son (Dolby dixital SR, Stereo 5.1), rehabilitamos o proxector OSSA VI C coa adaptación da lámpada (de xenon), adquirimos tamén un proxector dixital e unha nova pantalla, co seu correspondente aforo —para evitar os reflexos— na caixa escénica; na sala de máquinas do cineclube tedes máis información polo miúdo dos traballos inxentes realizados até o momento, e unha sección de fotos do «working progress» no Pinterest.
Esa remodelación está pendente da inversión nunhas butacas (de segunda man), por parte da Xunta de Galicia, a instancia da directora da Biblioteca pública, que agardemos sexa axiña.

Por último, destacarvos os datos de asistencia e resultados da enquisa desta última xeira que pechamos, que pensamos debería facer reflexionar á industria e á administración pública (sobre todo aos insignes munícipes que tanto din que nos apoian).

Lembrade…

Lugar das proxeccións:
(Casa da Cultura), Rúa Concello 11 www.ir.gl/mapa-ccPF
Cota de entrada única: 4 €
Día e sesións: mércores, ás 18, 20:30 e 23 h.
Atención!:
Non se permite a entrada unha vez comezada a proxección.


Eu Vou a Biblioteca!
Vídeo «Eu vou a Biblioteca!» [. mp4 • 1'4 Mb]

E ao son dun tema dos RAMONES «Baby I Love You» velaquí tedes o [. mp4 • 6 Mb] e de seguido, refletimos todos os filmes que compoñen o ciclo «Love» para este outono, e como dín na súa letra "…ainda que estamos realmente cansos… estamos ledos de voltar a veros… "