30/10/09

Cinema de novembro

NOVO CICLO DE ESTREAS EN VERSIÓN ORIXINAL:
CINEMA DE NOVEMBRO


Durante o mes de novembro, o Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense proxectarán tres filmes dentro do seu novo ciclo «Estreas en Versión Orixinal 7: Cinema de novembro». Trátase de tres títulos de temáticas e procedencias moi diferentes, pero que dalgunha forma tratan da relación da vida coa morte e viceversa, unha temática moi propia do mes de novembro e as súas celebracións, como o samaín.
Como o propio nome do ciclo indica, son películas proxectadas en versión orixinal con subtítulos en castelán. Para o ciclo cóntase co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, así como da Federación de Cineclubes de Galicia, da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e da Vicerreitoría do Campus de Ourense.
O primeiro dos filmes será proxectado o próximo mércores, día 4 de novembro; trátase de Antichrist, o novo e polémico filme do danés Lars Von Trier, gañador do Premio á mellor actriz no Festival de Cannes deste ano. O mércores 18, chegará ao ciclo Despedidas (Okuribito), do xaponés Yôjirô Takita, que obtivo o Oscar ao Mellor filme de fala non inglesa na última edición dos premios da Academia norteamericana. Para terminar, o mércores 25 proxectarase Control, un filme británico dirixido polo afamado fotógrafo Anton Corbijn, acerca de Ian Curtis, o mítico líder do grupo musical Joy Division; a película obtivo numerosos premios, entre os que destacan tres no Festival de Cannes de 2007.
Todas as proxeccións serán novamente no Cinebox Ourense, no Centro Comercial Ponte Vella, ao prezo habitual de 4 euros (reducidos a 3 euros con carné universitario).



Ciclo Estreas en Versión Orixinal 7
Cinema de novembro


4/11/09: Antichrist
ATENCIÓN, CAMBIO DE DATA — 19/11/09: Despedidas
25/11/09: Control

Ciclo Estreas en Versión Orixinal 7: Cinema de novembro
Novembro 2009
Cinebox Ourense
Entrada: 4 euros (3 euros con carné universitario)
Versión Orixinal Subtitulada

Co apoio de:
Concellería de Cultura – Concello de Ourense
Federación de Cineclubes de Galicia
Secretaría Xeral de Medios – Xunta de Galicia
Vicerreitoría do Campus de Ourense


• Mércores 4 de novembro de 2009 • Cinebox Ourense, 20.30 e 23 h
Antichrist
Antichrist. Dinamarca/Alemaña/Francia/Italia/Suecia/Polonia, 2009. Cor, Duración: 105 min • Dirección e guión: Lars Von Trier • Produción: Meta Louise Foldager (Zentropa Entertainment, Zentropa International Köln, Slot Machine, Liberator Productions, Arte France Cinéma, Memfis Film International, Trollhättan Film, Lucky Red) • Fotografía: Anthony Dod Mantle • Montaxe: Anders Refn • Intérpretes: Interpretación: Willem Dafoe, Charlotte Gainsbourg • Estrea en Dinamarca: 20/5/2009 • Estrea en España: 21/8/2009. Versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán.

• Festival de Cannes 2009: Mellor actriz (Charlotte Gainsbourg)
• Festival de Toronto 2009: Sección oficial
• Festival de Nova York 2009: Sección oficial
• Festival de Chicago 2009: Sección oficial

Web oficial (español): http://www.golem.es/antichrist
Web oficial (inglés): http://www.antichristthemovie.com

Unha parella sumida na dor retírase a unha cabana perdida no medio do bosque coa esperanza de que o contacto coa natureza cure os seus corazóns rotos e o seu cambaleante matrimonio. Mais a natureza segue o seu curso e as cousas comeza a ir de mal en peor.


ATENCIÓN, CAMBIO DE DATA: Xoves 19 de novembro de 2009 • Cinebox Ourense, 20.30 e 23 h
Despedidas
Okuribito. Xapón, 2008. Cor, 131 min. Dirección: Yôjirô Takita • Produción: Toshiaki Nakazawa, Toshihisa Watai (ContentFilm International, Shochiku Company, Departures Film Partners) • Guión: Kundo Koyama • Fotografía: Takeshi Hamada • Montaxe: Akimasa Kawashima • Música: Joe Hisaishi • Interpretación: Masahiro Motoki (Daigo Kobayashi), Ryoko Hirosue (Mika Kobayashi), Tsutomu Yamazaki (Shouei Sasaki), Tetta Sugimoto, Kimiko Yo (Yuriko), Takashi Sasano (Shokichi), Kazuko Yoshiyuki (Tsuyako) • Estrea no Xapón: 13/9/2008 • Estrea en España: 3/7/2009. Versión orixinal en xaponés con subtítulos en castelán.

• Oscar 2009 ao mellor filme de fala non inglesa
• Premios do Cinema Asiático 2009: Mellor actor (Masahiro Motoki)
• Premios da Academia Xaponesa do Cinema 2009: Mellor actor (Masahiro Motoki), Mellor fotografía (Takeshi Hamada), Mellor director (Yôjirô Takita), Mellor montaxe (Akimasa Kawashima), Mellor filme, Mellor iluminación (Hitoshi Takaya), Mellor guión (Kundo Koyama), Mellor son (Satoshi Ozaki, Osamu Onodera), Mellor actor secundario (Tsutomu Yamazaki), Mellor actriz secundaria (Kimiko Yo)
• Festival Mundial de Montreal 2008: Gran Premio das Américas

Web oficial (español): http://www.golem.es/despedidas
Web oficial (inglés): http://www.departures-themovie.com

Daigo Kobayashi, violonchelista dunha orquestra que se acaba de disolver, acaba vagando polas rúas sen traballo e sen demasiada esperanza. Por iso, decide regresar á súa cidade natal en compañía da súa esposa. Alí consegue un emprego como enterrador: limpa os corpos, colócaos no seu ataúde e envíaos ao outro mundo da mellor forma posíbel. Aínda que a súa esposa e os seus veciños ven con desagrado este posto, Daigo descubrirá neste ritual de morte a chispa vital que lle faltaba á súa propia vida.


• Mércores 25 de novembro de 2009 • Cinebox Ourense, 20.30 e 23 h
Control
Control. Reino Unido, 2007. Branco e negro, 122 min. Dirección: Anton Corbijn • Produción: Orian Williams, Anton Corbijn, Todd Eckert (NorthSee, Becker Films International) • Guión: Matt Greenhalgh, segundo a novela autobiográfica ‘Touching from a distance’, de Deborah Curtis • Fotografía: Martin Ruhe • Montaxe: Andrew Hulme • Música: Joy Division, New Order • Intérpretes: Sam Riley (Ian Curtis), Samantha Morton (Deborah Curtis), Alexandra Maria Lara (Annik Honoré), Joe Anderson (Peter Hook), James Anthony Pearson (Bernard Sumner), Toby Kebbell (Rob Gretton), Craig Parkinson (Tony Wilson), Harry Treadaway (Stephen Morris), Richard Bremmer (Kevin) • Estrea no Reino Unido: 5/10/2007 • Estrea en España: 8 Abril 2009. Versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán.

• Festival de Cannes 2007: Mención Especial Caméra d’Or, Premio Label Europa Cinemas, Premio Regards Jeune
• Premios BAFTA 2008: Premio Carl Foreman (Matt Greenhalgh)
• Festival de Bratislava 2007: Mellor actor (Sam Riley)
• Premios do Cinema Independente Británico 2007: Mellor filme independente, Mellor director, Mellor actor ou actriz secundario (Toby Kebbell), Mellor debutante: Sam Riley, Premio Douglas Hickox (Anton Corbijn)
• Festival de Chicago 2007: Mellor actor (Sam Riley), Mellor guión (Matt Greenhalgh)
• Festival de Edimburgo 2007: Mellor interpretación británica (Sam Riley), Mellor novo filme británico
• Festival de Hamburgo 2007: Premio da Crítica
• Festival de Melbourne 2007: Premio do Público

Web oficial (español): http://www.avalonproductions.es/control
Web oficial (inglés): http://www.controlthemovie.com

Un percorrido polos últimos anos de Ian Curtis, o enigmático cantante líder da banda Joy Division (icono do post-punk inglés), até chegar ao seu tráxico suicidio en 1980: o conflito entre o grande amor que sente pola súa esposa e unha apaixonada relación coa súa amante; os seus ataques de epilepsia, que cada vez o deixan máis deteriorado; o seu incríbel talento e as súas impresionantes actuacións en directo.

Ningún comentario: