06/01/17

ciclo «Europa era unha Vaca»

Proxéctase durante o mes de xaneiro na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …








11 Xan. 2017
Mérc.

«I, Daniel Blake» · Eu, Daniel Blake

Dirixido por · (2016)
Por primeira vez na súa vida, vítima de problemas cardíacos, Daniel Blake, carpinteiro inglés de 59 anos, vese obrigado a acudir ás axudas sociais. Con todo, a pesar de que o médico lle prohibiu traballar, a administración obrígalle a buscar un emprego se non desexa recibir unha sanción. No transcurso das súas quendas na oficina de emprego, Daniel crúzase con Rachel, unha nai solteira de dous nenos que tivo que aceptar un aloxamento a 450 km. da súa cidade para evitar que a envíen a un fogar de acollida. Prisioneiros da maraña de aberracións administrativas actuais de Gran Bretaña, Daniel e Rachel tentarán axudarse mutuamente.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



18 Xan. 2017
Mérc.

«Sunset Song»

Dirixido por · (2015)
Un relato épico e intimista sobre a esperanza, a traxedia e o amor ambientado a principios da Gran Guerra (19141918). Trátase dunha adaptación da novela do autor escocés Lewis Grassic Gibbon.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



25 Xan. 2017
Mérc.

«High-Rise»

Dirixido por · (2015)
Adaptación de High-Rise, novela publicada por J.G. Ballard a mediados dos anos 70. A historia narra a chegada do doutor Robert Laing á Torre Elysium, un enorme rañaceos dentro do cal se desenvolve todo un mundo aparte, no cal parece existir a sociedade ideal. Pero secretamente, o recentemente chegado sentirá perturbado ante a posibilidade de que esta orde utópica non sexa tal. Sospeitas que rapidamente serán corroboradas da forma máis sinistra.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).









Tedes ao voso dispor, os comentarios deste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, para expoñer as túas inquedanzas xerais sobre o traballo do cineclube ou ben, as impresións que vos suscitan os filmes programados, apreciamos moitísimo os vosos comentarios.
Lembra que podedes puntuar os filmes progamados na axenda da «Feciga», onde podes atopar o listaxe dos filmes e avalialos, nos axuda a coñecer os teus gustos.

Asemade, precisamos saber o que pensas do traballo que desenvolven os cineclubes, polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a seguinte .




Horarios CUT+1






Publicar un comentario