«ciclo Europa era unha Vaca»
Extra: III ciclo de Cinema e Medicina
Onde quedan aqueles valores democráticos de solidariedade, dignidade e liberdade sobre os que se construíu a Unión Europea? a triste e vergoñenta constatación da falta dunha estratexia firme, compartida e a longo prazo dos valores europeos fundamentais (como recolle o propio Tratado de Lisboa, respecto da dignidade humana, liberdade, democracia, Estado de Dereito e respecto dos dereitos humanos, incluídos os dereitos das persoas pertencentes a minorías).
O común dos estados membros, que debían caracterizarse por unha sociedade pluralista, de non discriminación, de tolerancia, de xustiza, de igualdade entre mulleres e homes, que precisaban dunha ilusión renovada de apertura e unión, (non só a ampliación e unha moeda única compartida entre todos os estados membros) quedou enmarcada en negro sobre branco, nunha decraración de boas intencións.
Mergullados nesta dura realidade, da nosa crise de identidade e de principios na que estamos inmersos, convén reter na nosa memoria uns versos (case premonitorios) do poeta e mestre Manuel Outeiriño…
«Europa era unha vaca, Europa era unha vaca que se perdeu, porque se puxo brava»
…talvez non tan bravos, o ciclo que vós propoñemos tenta levantar o voso e o noso ánimo, cunha migalla de retranca para historias cotiás desta Europa de principios de século.
Completamos a programación de xaneiro, coa colaboración do Institut Français os luns ás 20:30 e 23 h. con acceso de balde e un novo ciclo co Colexio de Médicos que comeza o martes 24 ás 19:30 h.
Como sempre, no canle do cineclubePF en «You Tube» podes descubrir o noso avance visual dos filmes que de seguido os reflictimos e que compoñen o noso inicio deste ano, agardamos goces connosco!
9
Xan.
2017
Lun.
«Vingt et une Nuits avec Pattie» · 21 Noites con Pattie
Dirixido por Irmáns Larrieu · (2015)
Caroline interrompe as súas vacacións para organizar o funeral da súa nai, Isabelle, que faleceu repentinamente na súa casa dos Pireneos. Traba amizade con Pattie, que coida da casa da súa nai, pero os preparativos do funeral dan un xiro inesperado cando o cadáver desaparece misteriosamente.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
20:30 e 23 h. (CUT+1)
De balde, até completar o aforamento (110 butacas).
11
Xan.
2017
Mérc.
«I, Daniel Blake» · Eu, Daniel Blake
Dirixido por Ken Loach · (2016)
Por primeira vez na súa vida, vítima de problemas cardíacos, Daniel Blake, carpinteiro inglés de 59 anos, vese obrigado a acudir ás axudas sociais. Con todo, a pesar de que o médico lle prohibiu traballar, a administración obrígalle a buscar un emprego se non desexa recibir unha sanción. No transcurso das súas quendas na oficina de emprego, Daniel crúzase con Rachel, unha nai solteira de dous nenos que tivo que aceptar un aloxamento a 450 km. da súa cidade para evitar que a envíen a un fogar de acollida. Prisioneiros da maraña de aberracións administrativas actuais de Gran Bretaña, Daniel e Rachel tentarán axudarse mutuamente.
Comparte o evento ❯❯
16
Xan.
2017
Lun.
«Noor»
Noor quere ser un home. El non pertence máis á Khusras, comunidade transxénero de Paquistán. Agora, el está a facer o traballo dun home nunha decoración dun centro de camións pero tomará unha decisión: atopar a unha moza que lle acepte tal como é.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
20:30 e 23 h. (CUT+1)
De balde, até completar o aforamento (110 butacas).
18
Xan.
2017
Mérc.
«Sunset Song»
Dirixido por Terence Davies · (2015)
Un relato épico e intimista sobre a esperanza, a traxedia e o amor ambientado a principios da Gran Guerra (1914—1918). Trátase dunha adaptación da novela do autor escocés Lewis Grassic Gibbon.
Comparte o evento ❯❯
23
Xan.
2017
Lun.
«Lola»
Dirixido por Jacques Demy · (1961)
En Nantes, Lola, unha bailarina de cabaret, agarda o regreso do seu noivo Michel, que é o pai do seu fillo e fai sete anos que emigrou a América coa promesa de volver cando se fixese rico. Durante a súa ausencia, Roland, un amigo da infancia, e o mariñeiro americano Frankie tentan a Lola
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
20:30 e 23 h. (CUT+1)
De balde, até completar o aforamento (110 butacas).
Extra: III ciclo de cinema do Colexio de Médicos
Comparte o evento ❯❯
24
Xan.
2017
Mar.
«Médecin de Campagne» · Un Doutor na Campiña
Dirixido por Thomas Lilti · (2016)
Jean-Pierre é un abnegado médico dunha zona rural de Francia que dedica a súa vida a atender aos seus pacientes, do día á noite, o sete días da semana. Cúralles, aténdelles e failles compañía. Pero un día Jean-Pierre cae enfermo, así que chega Nathalie, unha moza médica do hospital da cidade, para asistirlle e de paso facer o seu traballo. A pregunta é seNathalie aceptará esta nova vida, e como levará ter que substituír a unha persoa que se consideraba insubstituíbel .
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
19:30 h. (CUT+1)
4 €. Bono 6 filmes ciclo Menciña: 20 €.
25
Xan.
2017
Mérc.
«High-Rise»
Dirixido por Ben Wheatley · (2015)
Adaptación de High-Rise, novela publicada por J.G. Ballard a mediados dos anos 70. A historia narra a chegada do doutor Robert Laing á Torre Elysium, un enorme rañaceos dentro do cal se desenvolve todo un mundo aparte, no cal parece existir a sociedade ideal. Pero secretamente, o recentemente chegado sentirá perturbado ante a posibilidade de que esta orde utópica non sexa tal. Sospeitas que rapidamente serán corroboradas da forma máis sinistra.
Comparte o evento ❯❯
30
Xan.
2017
Lun.
«Un Homme qui Crie» · Un Home que Berra
Dirixido por Mahamat-Saleh Haroun
Chad, na actualidade. Adam, sesenta e tantos anos, antigo campión de natación, é profesor na piscina dun hotel de luxo en N' Djamena. Cando uns empresarios chineses adquiren o hotel, vese obrigado a deixar o seu posto ao seu fillo Abdel. Sofre moito con esta situación, que considera como unha decadencia social. O país é presa da guerra civil e os rebeldes armados ameazan o poder. O goberno, como resposta, recorre á poboación para un «esforzo de guerra» que esixe deles diñeiro ou fillos en idade de combater aos asaltantes. Por este motivo, Adam é acosado constantemente polo seu Xefe de Distrito para que entregue a súa contribución. Pero Adam non ten diñeiro, o único que ten é o seu fillo…
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
20:30 e 23 h. (CUT+1)
De balde, até completar o aforamento (110 butacas).
Gustaríanos coñecer tamén, o que pensas sobre o traballo que desenvolven, en xeral, os cineclubes, polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a enquisa da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», de contado, moitísimas grazas polo teu tempo.
Todas as proxeccións son na Casa da Cultura, no salón de actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense).
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario