06/05/16

Sesións de Filmoteca · maio—xuño 2016

Proxéctase durante o mes de maio e xuño de 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …








  9 Mai. 2016
Lun.

Sesión curtametraxes: Xacio Baño

Dirección:
Proxección, coa presenza do director, das curtas «Estereoscopía», «Anacos», «Eco» e «Ser e Voltar»

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas).



23 Mai. 2016
Lun.

«Killer of Sheep»

Dirixida por · (1978)
Stan é un home común, un traballador de cor dun matadoiro de Los Angeles, cunha vida chea de dificultades e contradicións no seu ámbito social e familiar. O filme foi gravado durante varios fins de semana ao longo de varios anos.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



30 Mai. 2016
Lun.

«My Brother's Wedding»

Dirixida por · (1983)
Comedia tráxica que ocorre en Los Angeles na que un mozo é incapaz de tomar unha decisión sobria, axeitada e moral diante dun momento crucial da súa vida. Finaliza a sesión coa curta «When It Rains» do mesmo director; que conta a historia dun home na procura de cartos para darllos a unha muller, aderezado con música de Jazz.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



  6 Xuñ. 2016
Lun.

«O Futebol»

Dirixida por · (2015)
«O Futebol» leva a cabo un complicado equilibrio entre a realidade e a ficción a partires do verdadeiro encontro entre o director e o seu pai. O guión do mesmo do filme e está escrito como pura ficción: a viaxe (moitas escenas ródanse desde un coche) interior e futbolístico dun pai e un fillo, pautado polo calendario dos partidos. Pero, do mesmo xeito que o fútbol, a realidade é imprevisible.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



13 Xuñ. 2016
Lun.

«Sayat Nova» · A Cor da Granada

Dirixida por · (1968)
Biografía do trobador e poeta armenio do século XVIII . En lugar de facer unha narración lineal, o director encárgase de realizar unha serie de cadros viventes que representan episodios importantes da vida do poeta en clave simbólica: a súa infancia, a súa mocidade, a súa entrada a un mosteiro, ou o seu enfrontamento co anxo da morte. Estes capítulos están desenvolvidos a partir de fragmentos das súas obras, os cales aparecen en intertítulos ou se escoitan mediante unha voz en off.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).






Tedes ao voso dispor, os comentarios deste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, para expoñer as túas inquedanzas xerais sobre o traballo do cineclube ou ben, as impresións que vos suscitan os filmes programados, apreciamos moitísimo os vosos comentarios.
Lembra que podedes opinar sobre as propostas fílmicas presentadas, en cada evento de Google+ tedes unha ligazón cara a enquisa e tamén, na nosa páxina específica para avaliar os vosos gustos¹
Interésanos coñecer tamén, o que pensas do traballo que desenvolve este cineclube (ou calquera dos cineclubes de Galicia ao que podas asistir), polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», de contado, moitísimas grazas por facer o cineclubePF connosco.




Horarios CUT+2







¹  páxina con 910/1 peticións ao servidor · aproximadamente son uns 20 MB
(tempo de carga: de 20" a 4' dependendo da túa velocidade de conexión)



Publicar un comentario