25/01/17

programación febreiro 2017

«ciclo Europa era unha Vaca»

Extra: III ciclo de Cinema e Medicina


Máis seguimos aquí (sen dar resposta aos desafíos que asolagan á vella Europa) e tampouco o pretendiamos e, deste xeito, sempre podemos voltar co tema, pois semella que a nosa crise moral e de principios non ten fin, perpetúase a paradigma da exclusión, a xenofobia e o racismo, que están a anular os valores de solidariedade e tolerancia nos que se cimentou a Unión Europea. Debería facernos reflexionar.

Dicía na introdución á , que o home ha de aspirar a ser «case como unha vaca», porque debe dedicarse a pensar coa mesma asiduidade que unha vaca rumia. Ao pensar, reflexionamos, dámoslle voltas ás cousas, en fin, rumiamos (…) e a actividade de rumiar é a que máis precisa o home/muller actual e a máis rara de atopar.

Pensar é pararse a pensar, rumiar as ideas e os acontecementos: non deixarse levar polos convencionalismos, senón enfrontarse a corpo limpo coa realidade pura e dura. Se se marxina o perigoso vicio de discorrer, todas as cousas quedan como están, e aquí paz e alá gloria. Pensamento e liberdade van sempre da man. E resulta imprescindible perder o medo ao pensamento que leva consigo o temor á liberdade.




cartaz programación
«Europa era unha vaca» · cartaz deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Aínda albergamos un raio de esperanza e agardamos non ter que darlle a razón ao nobel ruso A «Non teño ningunha esperanza en Occidente (…) a excesiva comodidade e prosperidade debilitaron a súa vontade e a súa razón»

A intrínseca e xenética postura Naturista que temos, nos esixiu realizar un avance visual [.mp4 • 20'7 MB] que non pararás de ollar e tararear, mentras pensas nestoutro…
«Se houbese un pobo de Deuses, se gobernarían democraticamente. Porén un goberno tan perfecto non é propio de homes»
(Contrato Social, ).

Tes dez minutos!
(Nathalie Chazeaux no filme «O Porvir» de Mia Hansen-Løve)



  1 Feb. 2017
Mérc.

«Frantz»

Dirixido por · (2016)
Unha pequena cidade alemá, pouco tempo despois da I Guerra Mundial. Anna vai todos os días a visitar a tumba do seu prometido Frantz, asasinado en Francia. Un día, Adrien, un misterioso mozo francés, tamén deixa flores na tumba. A súa presenza suscitará reaccións imprevisibles nunha contorna marcada pola derrota de Alemaña…

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



  6 Feb. 2017
Lun.

«Francofonia, Le Louvre Sous l’Occupation » · Francofonia

Dirixido por · (2015)
II Guerra Mundial (1939—1945). Na Francia ocupada (1940), as autoridades nazis deciden protexer a colección de pintura máis valiosa do mundo: o Museo do Louvre. Mentres Jacques Jaujard e o conde Franz Wolff-Metternich se encargaban de cumprir esta misión, grandes exércitos arrasaban Europa causando innumerábeis baixas.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



  8 Feb. 2017
Mérc.

«Elle»

Dirixido por · (2016)
Michèle, exitosa executiva dunha empresa de videoxogos, busca vinganza tras ser asaltada de forma violenta na súa propia casa por un intruso.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



13 Feb. 2017
Lun.

«Les Cowboys» · A Miña Filla, A Miña Irmá

Dirixido por · (2015)
Nunha inmensa pradaría, ao leste de Francia, reúnese un grupo de amantes do estilo de vida country do afastado oeste americano. Alain baila coa súa filla Kelly, de 16 anos, mentres a súa esposa e Kid, o seu fillo pequeno, os miran. Ese mesmo día Kelly desaparece, e Alain a búscaa desesperadamente, percorrendo lugares sinistros e inquietantes. Só conta coa axuda de Kid, dispostos ambos a entregarse en corpo e alma a unha misión que parece interminable.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



Extra: III ciclo de cinema do Colexio de Médicos

14 Feb. 2017
Mar.

«The Broken Circle Breakdown » · Alabama Monroe

Dirixido por · (2012)
Narra a historia de amor entre Elise e Didier. Ela ten unha tenda de tatuaxes, el toca o banjo nunha banda. É amor a primeira vista, a pesar das súas diferenzas. El fala, ela escoita. El é ateo e un inxenuo romántico. Ela ten unha cruz tatuada no pescozo, e os pés no chan. A súa felicidade complétase co nacemento da pequena Maybelle; porén a nena enferma ao seis anos.

SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  4 . Bono 6 filmes ciclo Menciña: 20 .



15 Feb. 2017
Mérc.

«L'avenir» · O Porvir

Dirixido por · (2016)
Nathalie é unha mestra de filosofía que dá clases nun instituto de París. O seu traballo entusiásmaa e reparte o seu tempo entre os seus alumnos e a súa familia, cos seus fillos xa maiores e a súa nai algo senil. Un día o seu marido infórmaa de que vai ir con outra muller. Ese será só o primeiro dunha serie de grandes trocos que obrigarán a Nathalie a reinventar a súa vida dun día para outro.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



20 Feb. 2017
Lun.

«Chevalier»

Dirixido por · (2015)
No medio do mar Exeo, seis homes atópanse en plena viaxe de pesca, nun luxoso iate, para xogar un xogo. Durante este xogo serán comparadas varias cousas, que serán medidas. As cancións serán areladas, e o sangue analizado. Os amigos converteranse en rivais. Pero ao final do día, cando o xogo termine, o home que gañe será «o mellor home». E poderá levar no seu dedo maimiño o anel da vitoria.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



22 Feb. 2017
Mérc.

«Aloys»

Dirixido por · (2016)
Aloys Adorn é un detective privado taciturno, un lobo solitario cuxo traballo consiste en filmar a outras persoas, observándoas en segredo e permanecendo invisible. Un día emborráchase e dorme nun autobús e, ao espertar, descobre que o seu cámara e as súas fitas foron roubadas. A misteriosa muller que o chama pouco despois parece ter algo que ver con iso.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto










Por último, insistir unha vez máis, que podedes opinar sobre as propostas fílmicas presentadas, agradecemos que visites a axenda da «Feciga», onde podes atopar o listaxe dos filmes que botamos e avalialos, nos axuda a coñecer os teus gustos, ademáis de ter ao voso dispor, os comentarios deste blogue ou as redes sociais nas que participamos, onde podes expor as túas inquedanzas xerais sobre o traballo que desenvolve o cineclube e as impresións que vos suscitan os filmes programados, apreciamos moitísimo os vosos comentarios.

Gustaríanos coñecer tamén, o que pensas sobre o traballo que desenvolven, en xeral, os cineclubes, polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», de contado, moitísimas grazas polo teu tempo.

Todas as proxeccións son na Casa da Cultura, no salón de actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense).




Horarios CUT+1




Publicar un comentario