01/05/15

Sesións de Filmoteca · maio—xuño 2015

Proxéctase os luns do mes de maio e xuño do 2015, no salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), en dúas sesións: 20:30 e 23 h. Cota xeral de acceso para os socios/as de 2 , non socios/as de 2'5  (+ IVE)…


luns 4 de maio do 2015

Cinema e Pintura


cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 17'8 MB] VOS

Título: «Mr. Turner»
Ano:
País:
Director:
Guión: Mike Leigh
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 149 min.
Produtora: Focus Features International | Film4 | Thin Man Films | Xofa Productions
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Biografía sobre o pintor británico Joseph Mallord William Turner, artista recoñecido, ilustre membro da «Royal Academy of Arts», vive co seu pai e a súa leal ama de chaves. É amigo de aristócratas, visita bordeis e viaxa frecuentemente na procura de inspiración. A pesares da súa fama, tamén é vítima das burlas do público e do sarcasmo da sociedade. Profundamente afectado pola morte do seu pai, decide aillarse. A súa vida muda cando coñece á señora Booth, propietaria dunha pensión familiar ás beiras do mar.

Premios e mencións:
2014 · Premios Oscar:: 4 nominacións incluindo mellor fotografía :: Festival de Cannes: mejor actor () :: Premios BAFTA: 4 nominacións incluíndo mellor fotografía :: Festival de Sevilla: mellor director, mellor actor :: NBR: mellores filmes independentes do ano :: Círculo de Críticos de New York, Premios do Cinema Europeo: mellor actor :: Satellite Awards: mellor fotografía :: Critics Choice Awards: 2 nominacións incluíndo mellor fotografía.

Crítica:
"…Realizáronse moitos filmes sobre pintores, esquecibles algunhos deles (…) Mr. Turner é unha das mellores… "
Carlos Boyero (El País)





Folla de sala: Mr. Turner [.pdf • 139 kB]


luns 11 de maio do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 8'7 MB] VO

Título: «Costa da Morte»

Ano:
País:
Director:
Guión: Lois Patiño
Música:
Fotografía: Lois Patiño
Reparto: , ,
Duración: 84 min.
Produtora: Zeitun Films
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.77:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: galego · VO (versión orixinal)

Sipnose:
A Costa da Morte é unha rexión de Galicia que foi considerada o fin do mundo durante o Imperio Romano. O seu dramático nome provén dos numerosos naufraxios que sucederon ao longo da historia nesta área feita de rochas, brétemas e temporais. Atravesamos esta terra observando as persoas que a habitan: pescadores, mariscadores, madeireiros…
Somos testemuñas do traballo que realizan, co cal manteñen á vez unha relación íntima e unha batalla antagónica coa inmensidade do territorio. O vento, a pedra, o mar, o lume, son personaxes neste filme, e a través deles achegámonos ao misterio que supón a paisaxe, entendida como unha unidade xunto ao home, a historia e o mito.

Premios e mencións:
2014 · FICUNAM: mellor filme.
2013 · Festival del Film Locarno «Cineasti del Presente»: mellor director emerxente :: Festival de Cine Europeo de Sevilla: premio mellor filme de non ficción e mención especial do xurado «Nuevas Olas».

Crítica:
"Non pon nunca o piloto automático na súa sucesión de imaxes dunha beleza abrumadora (…) esixe entrega incondicional aos seus espectadores para proporcionarlles unha poderosa visión da natureza como deidade terrible e indiferente…"
Jordi Costa (El País)




Folla de sala: Costa da Morte [.pdf • 391 kB]


luns 18 de maio do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: Vimeo [.mp4 • 17'5 MB] VO

Título: «Coûte que coûte»

Ano:
País:
Director:
Guión: Claire Simon
Música:
Fotografía: Claire Simon,
Xénero: documental
Duración: 95 min.
Produtora: La Sept-Arte | Les Films d'Ici
Distribuidora: CGAI
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.66:1
Idioma: francés · VOSE (versión orixinal subtítulado ao castelán)

Sipnose:
Co diñeiro duns parentes Jihad abre unha pequena empresa de comidas. A pesar da entrega dos seus empregados e da abundancia de bos produtos, as cousas non acaban de ir ben. Pero Jihad non quere rendirse e xunto aos seus cociñeiros e a súa secretaria continúa cara adiante «custe o que custe».

Premios e mencións:
1995 · Cinéma du Réel: premio «Louis Marcorelles» :: Festival de Postdam: gran premio.

Crítica:
"A gran virtude de é a de haber visto que persoas comúns podían volverse personaxes inmensos, e tamén a de facer, dunha historia verdadeira, unha verdadeira historia…"
Nicolas Philibert (BAFICI)




Folla de sala: Coûte que coûte [.pdf • 157 kB]


luns 25 de maio do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 4'1 MB] VO

Título: «Mimi»

Ano:
País:
Director:
Guión: Claire Simon
Música: , Diego Origlia e Mohamed Mokhtari
Fotografía:
Xénero: documental
Reparto: , Diego Origlia e Mohamed Mokhtari
Duración: 105 min.
Produtora: Gémini Films | Maïa Films | Ognon Pictures
Distribuidora: CGAI
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.66:1
Idioma: francés · VOSE (versión orixinal subtítulado ao castelán)

Sipnose:
Unha filma mentres a outra fala. e . Con todo Mimi non é ningunha estrela. Paseando por Niza, con cancións italianas de fondo, convencémonos rapidamente de que toda vida é unha historia e de que toda historia pode ser unha vida. Mimi está consternada porque sente que ela é un pouco todo o mundo e ao mesmo tempo ninguén. Ela é unha narradora chea de modestia e tenrura, un auténtico personaxe de ficción cuxo relato imprevisible expresa un inesgotable desexo de liberdade.

Premios e mencións:
2003 · Festival de Berlin: Youth Film Forum.





Folla de sala: Mimi [.pdf • 200 kB]


luns 1 de xuño do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 22'1 MB] VO

Título: «Gare du Nord»

Ano:
País:
Director:
Guión: Claire Simon, e
Música:
Fotografía: e
Reparto: , , ,
Duración: 119 min.
Produtora: Les Films d'Ici | Productions Thalie | Cinémage 7 | France 3 Cinéma | K Films Amerique | CNC
Distribuidora: CGAI
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: francés · VOSE (versión orixinal subtítulado ao castelán)

Sipnose:
París, a estación do norte «Gare du Nord», todo pode pasar, mesmo trens. Un quixese quedar pero hai présa. Como os miles de vidas que alí se cruzan, cruzaranse Ismäel e Matilde e namoraranse aos poucos. A estación é un mundo aparte frecuentado por todos: franceses, inmigrantes, emigrantes, viaxeiros e pantasmas. Unha encrucillada de camiños onde cada vida pasa rápido e desaparece.

Premios e mencións:
2013 · Festival del Film Locarno: selección oficial de longametraxes a concurso.

Crítica:
"…fala de persoas, cunha profunda aproximación humanista. Esta intimidade que establece cos retratados, unida a un control do enfoque e o encadre como camarógrafa, convírtena nunha das grandes referencias…"
Víctor Paz Morandeira ()




Folla de sala: Gare du Nord [.pdf • 138 kB]


luns 8 de xuño do 2015

cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [.mp4 • 20'3 MB] VOS

Título: «Ha-shoter» —Policeman · Policía en Israel

Ano:
País:
Director:
Guión: Nadav Lapid
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 105 min.
Produtora: Laila Films
Distribuidora: CGAI | Aquelarre Servicios Cinematográficos
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.66:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: hebreo · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Yaron é un policía que pertence a un grupo de elite da unidade antiterrorista israelí. Os membros desta unidade son o arma coa que o Estado apunta aos seus inimigos. A Yaron encántalle o seu traballo. Tamén está emocionado porque a súa muller vai dar a luz; pode ser pai en calquera momento. Pero un encontro cun grupo tan violento como radical enfrontaralle á guerra de clases en Israel e á guerra que se libra no seu interior.

Premios e mencións:
2012 · BAFICI: mellor filme e director.
2011 · Festival del Film Locarno: premio especial do xurado.

Crítica:
"O filme pregúntase se realmente coñecemos ao noso inimigo e é unha idea que dá no branco con forza no profundo e inquietante plano final… "
David Jenkins (Time Out)





Folla de sala: Ha-shoter [.pdf • 208 kB]


luns 15 de xuño do 2015

cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [.mp4 • 14'8 MB] VOS

Título: «Haganenet» · La profesora de parvulario
(A Mestra de Párvulos)

Ano:
País:
Director:
Guión: Nadav Lapid
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 120 min.
Produtora: Pie Films | Haut et Court | Arte France Cinéma
Distribuidora: CGAI | Good Films
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: hebreo · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Unha mestra descobre, nun neno de cinco anos de idade, un prodixioso don para a poesía. Asombrada e inspirada por este mozo, decide protexer o seu talento, a pesar de todo o mundo.

Premios e mencións:
2014 · Festival de Sevilla: Giraldillo de prata.

Crítica:
"A súa posta en escena é un reflexo do misterio que se executa por medio do filme…"
Cyril Béghin (Cahiers du Cinéma)




Folla de sala: Haganenet [.pdf • 151 kB]







Lembrade que non se permite a entrada unha vez comezada a proxección e os filmes do ciclo, non son recomendables a menores de dezaseis anos

E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados para este ciclo, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moitísimo os vosos comentarios. Agardamos que gocedes e sexades partícipes do cineclube, sen vós non somos nada.




¹
Aquelas proxeccións con aviso de cota de acceso de balde, para os socios e socias, non exime de solicitarlle aos non asociados/as, que liquiden os oportunos custes proporcionais de mantenemento, e da actividade xeral do cineclube, xunto co IVE actual do 21%.



Horarios CUT+2


Publicar un comentario