01/07/15

Marxes Fílmicas

Na xa habitual retirada dos «» de Ourense, voltamos de novo á imprescindible frescura nocturna do patio do de , durante uns días previos á .

Na edición destas «» presentámosvos un florilexio cinematográfico de Checoslovaquia e/ou República Checa, onde grazas á imprescindible colaboración do Centro Checo (České Centrum) de Madrid, poderás ollar filmes que doutro xeito serían imposibles pola dinámica da distribución convencional.


As vangardas do cinema Checo
«Marxes Fílmicas: as vangardas do cine checo» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

As fitas proxéctanse na segunda e terceira semana deste mes, os martes e xoves, os días 7, 9, 14 e 16 de xullo do 2015 nunha única sesión, ás 22:30 h. en VOSE e acceso de balde.

De seguido o detalle da programación:




7 Xullo 2015
martes

«Sedmikrásky» · As Margaridas

Dirixida por · (1966)
Dúas rapazas novas conclúen, mentres toman o sol en bikini, que se «neste mundo todo está corrompido, estaremos corrompidas nos tamén». Así actívase o mecanismo que pon en marcha o filme: unha tras outra, iranse producindo escenas inconexas nas cales as dúas protagonistas xogan a ser malas co seu ámbito.

SESIÓN:
COTA:
  22:30 h. (CEST)
  De balde até completar aforo (60 persoas aprox.)



9 Xullo 2015
xoves

«Vesničko Má Středisková» · A Miña Doce Aldeíña

Dirixida por · (1986)
Nunha vila de Krekovice, preto de Praga, os habitantes viven organizados nunha cooperativa, herdanza do réxime soviético instalado en Checoslovaquia dende o fin da Segunda Guerra Mundial. Por este motivo, todos son responsables de Otik, un rapaz atrasado que vive só, o que se lle vai complicando a vida por varios motivos, mentres ao seu arredor vanse sucedendo os accidentes de coche dun médico hedonista, namoramentos xuvenís, e adulterios.

SESIÓN:
COTA:
  22:30 h. (CEST)
  De balde até completar aforo (60 persoas aprox.)



14 Xullo 2015
martes

«Štěstí» · Algo parecido á felicidade

Dirixida por · (2005)
Presenta a un grupo de colegas: Monika, Tonik e Daa; eles viven nun conxunto de bloques nos arredores dunha pequena cidade industrial, preto da maior planta química do país. As súas historias de vida póñenos de frente ás súas responsabilidades da vida adulta na sociedade checa de principios do século XXI.

SESIÓN:
COTA:
  22:30 h. (CEST)
  De balde até completar aforo (60 persoas aprox.)



16 Xullo 2015
xoves

«Kolja» · Kolya

Dirixida por · (1996)
Louka é un chelista de mediana idade que, por conveniencia, decide aceptar en matrimonio a unha muller rusa. Pouco despois da voda, a súa esposa abandoao deixándolle ao seu fillo Kolya de cinco anos. A través das relacións deste dous personaxes retrata a crudeza dos últimos anos do réxime totalitario checoslovaco.

SESIÓN:
COTA:
  22:30 h. (CEST)
  De balde até completar aforo (60 persoas aprox.)



E no mes de agosto voltamos co «Cinema na praza», dentro do programa de actividades «VeránêArte» onde diversos colectivos culturais da cidade de Ourense, nos autorganizamos nun espazo común alternativo chamado .



Avaliación - Enquisa
Lembrar que temos aberta sobre a tempada 2014—2015, para avaliar a programación dos meses de xaneiro-xuño 2015; gostaríanos coñecer que tal o fixemos, participa e de antemán, moitas grazas polo teu tempo.




E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.

(horarios CUT+2)

Publicar un comentario