Na xa habitual retirada dos «calorets» de Ourense, voltamos de novo á imprescindible frescura nocturna do patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia, durante uns días previos á Mostra Internacional de Teatro.
Na edición destas «Marxes Fílmicas» presentámosvos un florilexio cinematográfico de Checoslovaquia e/ou República Checa, onde grazas á imprescindible colaboración do Centro Checo (České Centrum) de Madrid, poderás ollar filmes que doutro xeito serían imposibles pola dinámica da distribución convencional.
As fitas proxéctanse na segunda e terceira semana deste mes, os martes e xoves, os días 7, 9, 14 e 16 de xullo do 2015 nunha única sesión, ás 22:30 h. en VOSE e acceso de balde.
De seguido o detalle da programación: