26/04/11

Semana dos Mestre Mateo 2010

16 OUFF e Cineclube presentan: O cine dos Premios Mestre Mateo 2010

Despois da entrega dos Premios Mestre Mateo 2010, na que tanto 18 Comidas (exhibida como película inaugural do 15OUFF e dentro da súa sección oficial) coma Os Crebinsky (actualmente en carteleira) resultaron as grandes vencedoras, 16OUFF e Cineclube Padre Feijoo queren ofrecer unha escolla dos traballos nominados nas diferentes categorías.
MARTES 26 Cinebox 20:30 + 23:00 horas 4€ PMM'10 Longametraxe> THE WAY, de Emilio Estévez. 88'. V.O. subtitulada en galego.Tom Avery é un reputado oftalmólogo de California que viaxa a Francia trala morte do seu fillo Daniel. O Camiño de Santiago era o último proxecto do finado, polo que decide retomar a idea: o camiño será o seu reencontro.MÉRCORES 27 Cinebox 4€ PMM'10 DocumentaisSesión 1, 20:30 horas
> El Mono Paco (Piño Prego, 52')
Un mono verde africano, famoso ao alterar a paz de Redondela e Vigo masturbándose en público. Icono sociopolítico da movida viguesa.> Radiografía dun autor de tebeos (Marcos Nine, 20') Gañador PMM'10.
Unha viaxe a través do imaxinario do ourensán David Rubín, un dos debuxantes de cómics máis importantes do momento.Sesión 2, 23:00 horas
> Koruño, el legado de Hércules (Erika Esmorís... 38')
Falso documental de investigación en clave de humor sobre a verdadeira orixe do «idioma» koruño.> Lira: Reserva de Vida na Costa da Morte (Marcos Gallego, 52')
Mariñeiros e mariscadoras de Lira debuxan a creación da primeira reserva mariña de interese nunha zona arrasada polo verquido do ‘Prestige’.XOVES 28 Cinebox 20:30 + 23:00 horas 4€ PMM'10 Curtametraxes> El Grifo, de Denís Rovira. 16'
> Leo y Mario (se dejan), de Sonia Méndez. 20'
> A Residencia, de Álex Sampayo. 11'
> Xoel y los X-Men, de Eusebio Pastrana. 20' (Gañador PMM'10 á mellor curta de ficción)
> Checkout, de Iker García e Salvador Rubio. 8'
> Cribba o Vampiro, de Daniel Montero. 8'
> Gato Encerrado, de Peque Varela. 13' (Gañador PMM'10 á mellor curta de animación)

Ningún comentario: