As proxeccións, serán no Cinebox (Centro c. Pontevella), todos os mércores -en sesións ás 18:00, 20:30 e 23 h.-
ATENTOS,
non descansamos entre os festivos deste mes!
Este é o detalle da programación:
- 2 de maio de 2012
(EE.UU,
2010)

Premios:
2010:
Festival de Venecia: León de Ouro - mellor película
2010:
NBR - National Board of Review: Premio logro especial (Sofia Coppola)
Sipnose:
Johnny Marco (Stephen Dorff) é un actor de grande sona, cuxa vida de
excesos e luxo muda por completo cando, sen previo aviso, se presenta
a súa filla de once anos (Elle Fanning), froito dun matrimonio
fracasado.
- 9 de maio de 2012
SHAME
(Reino
Unido, 2011)

Premios
2011:
Festival de Venecia: Copa Volpi ao Mellor actor (Fassbender), Premio
FIPRESCI
2011:
Festival de Sevilla: Mellor director, mellor actor (Michael
Fassbender) (ex-aequo)
Sipnose:
Brandon (Michael Fassbender) é un trintañeiro neoiorquino con
serios problemas para controlar e gozar da súa vida sexual. Pasa o
día mirando páxinas pornográficas e mantendo contactos con
solteiras de Manhattan...
- 16 de maio de 2012
KYNODONTAS
(CANINO)
(Grecia,
2009)

Premios
2009:
Cannes: Premio "Unha certa mirada" (Un certain regard)
Sipnose:
Un matrimonio con tres fillos vive nunha mansión nos arredores da
cidade. Os rapaces nunca saíron da casa, son educados consonte os
métodos que os seus pais xulgan máis apropiados e sen recibir
ningunha influencia do exterior.
- 23 de maio de 2012
LA
GUERRE EST DÉCLARÉE
(DECLARACIÓN DE GUERRA)
(2011,
Francia)

Premios:
2011:
Festival de Xixón: Mellor película (ex-aequo), actriz (Donzelli) e
actor (Jérémie Elkaïm)
Sipnose:
Unha parella, Roméo e Juliette. Un neno, Adam. Un combate, a
enfermidade. E, sobre todo, unha grande historia de amor...
- 30 de maio de 2012
CIRKUS
COLUMBIA
(2010,
Bosnia / Herzegovina)

Premios
2010:
Laranxa de ouro, mellor filme de lingua extranxeira; Antalya Golden
Orange Film Festival (Turquía)
Sipnose:
Bosnia-Herzegovina, 1991. Os comunistas perderon o poder e Divko
Buntic volta ao seu pobo a reclamar a casa familiar. Tras vinte anos
de exilio en Alemaña, regresa, nun ostentoso “Mercedes” cunha
moza moi nova, con Bonny, o gato negro da sorte, e cos petos cheos de
marcos alemáns. Utiliza o seu diñeiro e as súas relacións para
desafiuzar á forza, á súa ex-esposa Lucija. Ocupados nas
actividades cotiás, os habitantes do pobo, non fan caso dos rumores
de guerra...
.................................
Como sempre, vos pedimos PUNTUALIDADE, agradecemos que veñades merendados e que APAGUEDES os teléfonos móbiles.
Tamén nos gostaría moito, que vos atrevérades a presentar algún dos filmes programados, polo que podedes poñervos en contacto, polo correo,facebook, twiter... (tanto ao noso, como o do OUFF)
Por último, e non menos importante, a programación conta co apoio, da Federación de Cineclubes de Galicia, da Axencia galega de industrias culturais da Xunta de Galicia (AGADIC), e da Concellaría de cultura do Concello de Ourense
(As follas de sala, podes descargalas na Sala de máquinas)