Por iso, despois desa semana, na que fartarás de ver procesións pola televisión, choros pola chuvia, reposicións de Espartaco, e resacas varias... "resucitamos" os últimos filmes premiados, (e distribuídos en España) do Festival de Sundance.
Como sempre, as sesións serán no Cinebox (Centro C. Pontevella); os mércores, en sesións ás 18:00, 20:30 e 23 horas, e en V.O.S. (Versión orixinal subtítulada)
Este é o detalle da programación:
- Mércores 11 de abril de 2012
HAPPYTHANKYOUMOREPLEASE (2010, EE.UU) 100 min.
Dirección: Josh Radnor – Guión: Josh Radnor – Música: JayMay – Fotografía: Seamus Tierney – Intérpretes: Kate Mara, Malin Akerman, Josh Radnor, Dana Barron, Richard Jenkins, Zoe Kazan, Tony Hale, Pablo Schreiber, Fay Wolf, Michael Algieri, Peter Scanavino, Maria Elena Ramirez, Sawyer Novak – Producción: Myriad Pictures / Paper Street Films / Tom Sawyer Entertainment – web: http://www.happythankyoumoreplease.com/
Premios:
2010: Sundance: Premio do público ao mellor filme
Sipnose: Sam Wexler, un mozo aspirante a escritor, ten un día pésimo: debe acudir a unha importante cita co director dunha prestixiosa editorial de Nova Iorque e desperta tarde e cunha importante resaca; polo camiño atopa un meniño que perdeu á súa nai no metro; Sam debátese entre continuar o seu camiño ou facerse cargo dél ata que apareza a súa nai. Como ésta non aparece, decide levalo consigo á editorial. A cita constitúe un estrepitoso fracaso. A súa vida sentimental non vai moito mellor ca súa carreira, pasa dunha relación a outra, evitando calquera tipo de compromiso, ata que coñece a unha fermosa camareia, que mudará os plantexamentos da súa vida...
- Mércores 18 de abril de 2012
WINTER'S BONE (2010, EE.UU) 100 min.
Dirección: Debra Granik – Guión: Debra Granik, Anne Rosellini (Novela: Daniel Woodrell) – Música: Dickon Hinchliffe – Fotografía: Michael McDonough – Intérpretes: Jennifer Lawrence, John Hawkes, Lauren Sweetser, Sheryl Lee, Kevin Breznahan, Isaiah Stone, Ashlee Thompson, Shelley Waggener, Garret Dillahunt – Producción: Roadside Attractions / Anonymous Content / Winter's Bone Productions – Web: www.wintersbonemovie.com
Premios:
2010: Oscars: 4 nominacións, incluíndo mellor filme e actriz (Jennifer Lawrence)
2010: Sundance: Gran Premio do Xurado, Mellor guión
2010: NBR - Asociación de Críticos Norteamericanos: 2 Premios
2010: Gotham Awards: Mellor película, mellor reparto. 3 nominacións
2010: 2 Independent Spirit Awards: Mellor actor sec e actriz sec.
Sipnose: Ree Dolly (Lawrence) vive nunha zona rural dos montes de Missouri. É unha rapaza de 17 anos que ten que facerse cargo da súa familia nunha situación de extrema precariedade. O seu pai Jessup, tras saír da cárcere en liberdade condicional, desaparece misteriosamente e, senón aparece, en poucos días perderán a casa onde Ree vive coa súa nai enferma e dous irmáns pequenos. Encontrar ao seu pai convírtese nunha cuestión vital
- Mércores 25 de abril de 2012
OUTRA TERRA (ANOTHER EARTH) (2011,EE.UU) 92 min
Dirección: Mike Cahill – Guión: Mike Cahill, Brit Marling – Música: Fall On Your Sword – Fotegrafía: Mike Cahill – Intérpretes: Brit Marling, William Mapother, Jordan Baker, Flint Beverage, Robin Taylor – producción: Fox Searchlight Pictures / Artists Public Domain – Web: http://www.anotherearth.com/
Premios:
2011: Festival de Sundance: Premio Especial do Xurado - Drama
2011: Festival de Sitges: Mellor actriz (Brit Marling)
2011: Premios Gotham: Nominado ao mellor director
2011: Independent Spirit Awards: Nominada á mellor ópera prima e mellor guión novel
Sipnose: Rhoda Williams, unha brilante moza é aceptada nun programa de astrofísica do MIT; aspira a explorar o universo.
John Burroughs, un compositor que acaba de alcanzar o cumio da súa carreira, está a piques de ser pai por segunda vez.
Rhoda e John non se coñecen, pero a véspera do descubrimento dun Planeta Terra duplicado, ten lugar unha horrible traxedia que entrelaza e altera de modo irreversible as súas vidas.
Aqui, podes ver/descargar; Cartaz | Pasquín | tráiler | web do Ouff
A programación conta co apoio da Federación de cineclubes de Galicia, da concellaría de cultura do Concello de Ourense, e da Axencia galega de industrias culturais da Xunta de Galicia (AGADIC).
Ningún comentario:
Publicar un comentario