27/04/13

Cinema de Autor (e II)


Co mes de maio, rematamos ciclo e tempada no Cinebox.

As cotas de entrada (4 euros xeral, e 3 euros reducida para estudantes universitarios con carné vixente, xubilados e parados) permancen invariables polo momento, do mesmo xeito que as sesións (18, 20:30 e 23 h.)

Este é o detalle do programado:





  • Mércores, 8 de maio de 2013

Tabú (Tabu)
(2012, Portugal) 118 min.

Director: Miguel Gomes | Guión: Miguel Gomes, Mariana Ricardo | Fotografía: Rui Poças (B&W) | Reparto: Teresa Madruga, Laura Soveral, Ana Moreira, Carloto Cotta, Henrique Espírito Santo, Isabel Muñoz Cardoso, Ivo Müller, Manuel Mesquita | Productora: O Som e a Fúria / Radiotelevisão Portuguesa (RTP) | Web oficial: http://www.the-match-factory.com/films/items/tabu.html | Distribuídora: Casa de Películas S.l. | Formato de exhibición: BluRay HD, Blanco e negro, Ratio; 1.37:1, Dolby dixital, VOSc (Versión orixinal en portugués, inglés e polaco, con subtítulos en castelán)

Premios
2012: Festival de Berlín: Premio FIPRESCI e Alfred Bauer

Xénero
Drama. Romance | África

Sinopse
As protagonistas son unha vella e temperamental dona, a súa criada de Cabo Verde e unha veciña entregada ás causas sociais. Trala morte da primeira, as outras dúas decátanse dun episodio do seu pasado: unha historia de amor, crime e aventuras ambientada en África.

Crítica
"O espectador acerta ver non só a película que Murnau rodou en 1931, senón a si mesmo escoitando a ferida de calquera amor posible. (...) Sinxelamente, e para non seguir liándoa, maxistral. Tan grande como a película orixinal" 
(Luis Martínez, El Mundo)



  • Mércores, 15 de maio de 2013

Bestas do sur salvaxe ( Beasts of the Southern Wild )
(2012, EE.UU) 91 min.

Director: Benh Zeitlin | Guión: Benh Zeitlin, Lucy Alibar (Obra: Lucy Alibar) | Música: Dan Romer, Benh Zeitlin | Fotografía: Ben Richardson | Reparto: Quvenzhané Wallis, Dwight Henry, Levy Easterly, Lowell Landes, Pamela Harper, Gina Montana, Nicholas Clark, Jovan Hathaway | Productora: Cinereach / Court 13 production / Journeyman Pictures | Web oficial: http://beastsofthesouthernwild.com/ | Distribuídora: Golem | Formato de exhibición: 35 mm, Cor, Ratio; 1.85:1, Dolby dixital, VOSc (Versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán)

Premios
2012: Festival de Sundance: Mellor película e mellor fotografía
2012: Festival de Cannes: Cámara de Ouro e Premio FIPRESCI (sección; Un Certain Regard)

Xénero
Drama | Fantasia . Infancia. Natureza. Cine independente USA

Sinopse
No Sur do planeta, o nivel das augas está a subir vertixinosamente e todos os diques se afunden. Ao mesmo tempo, os animais salvaxes volven das súas tumbas. Esta é a historia dunha nena de seis anos que vive co seu pai nun lugar illado do mundo.

Crítica
"Un filme independente excepcional (...) Unha das películas máis sorprendentes que se estreasen xamais en Sundance (...) unha evocación poética dunha forma de vida en perigo" 
(Todd McCarthy, The Hollywood Reporter)




  • Mércores, 22 de maio de 2013

Amor (Amour)
(2012, Austria) 127 min.

Director: Michael Haneke | Guión: Michael Haneke | Música: Franz Schubert, Ludwig Van Beethoven, Johann Sebastian Bach | Fotografía: Darius Khondji: Reparto: Jean-Louis Trintignant, Emmanuelle Riva, Isabelle Huppert, William Shimell, Ramón Agirre, Rita Blanco, Alexandre Tharaud, Laurent Capelluto, Carole Franck, Dinara Drukarova | Productora: Coproducción Francia-Alemania-Austria; Les Films du Losange / X-Filme Creative Pool / Wega Film / France 3 cinéma / ARD degeto / Bayerischer Rundfunk / Westdeutscher Rundfunk / Canal + / France télévisions | Web oficial: http://www.golem.es/distribucion/pelicula.php?id=277  | Distribuídora: Golem | Formato de exhibición: 35 mm, Cor, Ratio; 1.85:1, Dolby dixital, VOSc (Versión orixinal en inglés e francés, con subtítulos en castelán)

Premios
2012: Oscar: Mellor película de fala non inglesa.
2012: Festival de Cannes: Palma de Oro (Mellor película)
2012: 5 Premios César, incluíndo mellor película e director.
2012: Globos de Ouro: Mellor película de fala non inglesa
2012: Premios do Cine Europeo: Mellor película, director, actor e actriz.
2012: 2 Premios BAFTA: Mellor película estranxeira e actriz (Riva).
2012: Independent Spirit Awards: Mellor película estranxeira

Xénero
Drama romántico | Vellez. Enfermidade. Discapacidade

Sinopse
Georges e Anne, cos oitenta cumprimentos, son dous profesores de música clásica xubilados que viven en París. A súa filla tamén adícase á música, e vive en Londres co seu marido británico. Un día, Anne sofre un infarto. Ao volver do hospital, un lado do seu corpo está paralizado. O amor que uniu á parella durante tantos anos verase posto a proba

Crítica
"Obra mestra (...) Unha tenra, desgarradora e impecablemente dirixida historia sobre o amor e a morte" 
(Manohla Dargis, The New York Times)




  • Mércores, 29 de maio de 2013

Holy Motors
(2012, Francia) 115 min.

Director: Leos Carax | Guión: Leos Carax | Música: Neil Hannon | Fotografía: Yves Cape, Caroline Champetier | Reparto: Denis Lavant, Edith Scob, Kylie Minogue, Michel Piccoli, Eva Mendes, Jean-François Balmer, Big John, François Rimbau, Karl Hoffmeister | Productora: CNC / Les Films du Losange / Pierre Grise Productions | Distribuídora: Avalon | Formato de exhibición: 35 mm, Cor / Blanco e  negro, Ratio; 1.85:1, Dolby dixital, VOSc (Versión orixinal en francés, inglés e chinés, con subtítulos en castelán)



Premios
2012: Festival de Sitges: Mellor película, director e Méliès d’Argent (mellor filme europeo)

Xénero
Drama | Cine experimental. Surrealismo. 

Sinopse
Un día na vida dun ser con múltiples caras: asasino, mendigo, executivo, monstro, pai de familia... O protagonista ten unha identidade completamente distinta en cada unha destas vidas. Encarna personaxes coma se se tratase dunha película dentro dunha película. Pero onde están as cámaras, o equipo de cine, o escenógrafo? E onde está a súa casa, o seu refuxio?

Crítica
"Holy Motors ' é estraña e marabillosa, rica e rara... totalmente demencial (...) Isto é polo que viñemos todos a Cannes" 
(Peter Bradshaw, The Guardian)

......................................................................................

Recursos asociados:

O folleto completo da programación, podes descargalo, aqui

O tráiler de toda a programación, podes velo aqui.

As follas de sala, aqui.

Tamén podes ver información sobre os autores, filmografía,etc, na Sala de máquinas

1 comentario:

Ramón Couto R. dixo...

Moi boa a programación que facedes e aproveito para comentar, para xeral coñecemento de que queira leer esto... que o mellor filme visto nesta tempada, para min, foi "Bestas do sur salvaxe", por si alguén se a perdeu, que non deixe de alúgala no videoclube ou vela por streaming; a cativa que fai de Huspuppy ¿!? o borda, impresionante!

Moitas grazas polo voso traballo e parabéns polo cinema que nos achegades, seguíde así!