Sipnose:
Un venres noite, tras unha festa en casa cos seus amigos heteros, Russell visita un clube gai onde a última hora coñece a Glen. Ambos comezan entón unha relación de fin de semana, pero o que parecía que ía ser o rolo dunha noite comeza a ter a intensidade dun shock emocional de longo alcance.
Premios e mencións: 2011 · British Independent Film Award: Premio mellor producción e actor novel máis prometedor (Tom Cullen)
Críticas:
"Un traballo perfecto. Unha emotiva, actual e intensa exploración de sexo, intimidade e amor.…"
Anthony Oliver Scott (The New York Times)
"Un filme dunha inmediatez case documental e un logrado realismo sucio (…) a Haigh bástalle a mirada dos seus actores para extraer estalidos de verdade e gran cinema deste romance de fin de semana"
David Bernal (Cinemanía)
Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Pregunta no mostrador de entrada ao salón de actos da Casa da cultura, (onde estaba a Biblioteca) rúa Concello núm. 11 de Ourense, ½ hora antes de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario